Ir o contido principal
Campus de Emprendemento para que o estudantado que teñan unha idea de negocio baseada no seu traballo de fin de grao (TFG), traballo de fin de máster (TFM), tese doutoral ou unha idea innovadora poidan desenvolver un proxecto empresarial de éxito.
Campus Emprende Verán 2023

A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da Universidade de Santiago de Compostela lanza un Campus de Emprendemento para que o estudantado que teñan unha idea de negocio baseada no seu traballo de fin de grao (TFG), traballo de fin de máster (TFM), tese doutoral ou unha idea innovadora poidan desenvolver un proxecto empresarial de éxito.

O Campus Emprende Verán 2023 celebrase de forma presencial nas seguintes sedes:

  • En Santiago, do luns 3 ao venres 7 de xullo de 2023.
    Lugar de celebración: Centro de Estudos Avanzados. Finca de Vista Alegre. Santiago de Compostela.

 

  • En Lugo, do luns 10 ao venres 14 de xullo de 2023.
    Lugar de celebración: Edificio CACTUS. Lugo

A participación pode ser individual ou en equipo e a formación apostará por un modelo participativo en horario de 10:00 a 14:00 que combinará a exposición de expertos, charlas con persoas emprendedoras e titorías persoalizadas telemáticas en horario de 16:30 a 18:30.

Como resultado da formación, o último día de cada campus as iniciativas participantes exporán o seu modelo de negocio diante do claustro formativo.

Formulario de inscrición

Prazo de inscrición: do 9 ao 25 ​​de xuño de 2023.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2023.