
Programa orientado a asesorar e a acompañar estudantes e investigadores da USC no proceso de elaboración dun plan de negocio e a promover a creación de empresas na comunidade universitaria.
O obxectivo é acompañar no proceso de definición dunha idea de negocio, mediante un enfoque de traballo en equipo. Para incentivar a participación, hai establecidos premios en dúas categorías:
- Argos Spin, para proxectos empresariais xurdidos a partir dalgún dos resultados de investigación xerados na USC
- Argos Enxeño, para proxectos empresariais xurdidos de ideas de negocio achegadas polos participantes no programa
Está dirixido ao alumnado dos dous últimos anos de grao, posgrao, máster ou doutoramento; a persoas egresadas das últimas catro promocións e a persoas colaboradoras ou integradas en grupos de investigación.
-
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 6, 15782Santiago de Compostela
- avte@usc.es
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- AVTE. Edificio CACTUS Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- avte@usc.es