Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Actuación para a promoción da saúde nos centros de traballo.
Imaxe: Mohamed Hassan [Pixabay]

Enténdese por Promoción da Saúde no Traballo “xuntar esforzos (empresarios, traballadores/ras e sociedade) para mellorar a saúde e o benestar das persoas no lugar de traballo”. Pode conseguirse mellorando a organización e as condicións de traballo, promovendo a participación activa e fomentando o desenvolvemento individual.

  • O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) ten posto en marcha o proxecto de Empresas Saudables para recoñecer o traballo das empresas no ámbito da mellora da saúde e benestar do seu persoal e promover a cultura da saúde e o intercambio de experiencias empresariais. Ser una empresa saudable significa: o cumprimento legal en prevención de riscos laborais, xestión da saúde do persoal dende un enfoque integral e integrado, e considerar a saúde como un elemento transversal de todas as políticas da empresa.

    Os estudos realizados en diferentes países demostran que os programas de Promoción da Saúde no Traballo (PST) reducen os custos directos asociados á asistencia sanitaria, pero tamén o absentismo por enfermidade e a sinistralidade laboral.

    A PST mellora a saúde e o benestar dos traballadores/ras e consegue unhas condicións de traballo máis seguras e saudables.

    Aínda que a USC non está a día de hoxe formalmente rexistrada no proxecto do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de Empresas Saudables, ten posto a disposición do seu persoal, por medio do Servizo de Vixilancia da Saúde, accións voluntarias de promoción da saúde no traballo que van máis alá do mero cumprimento da legalidade vixente e que poden encadrarse dentro das boas prácticas na promoción da saúde no traballo recoñecidas polo INSHT.

  • Servizo de Vixilancia da Saúde

    Casa de Vivendas de Funcionarios

    Servizo de Vixilancia da Saúde

    Edificio Administrativo Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.08.2023.