A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XV Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada aos recursos educativos que toman como punto de partida ou eixe temático o Camiño de Santiago.
Esta iniciativa nace co obxectivo xeral de crear un espazo en que difundir e analizar os recursos educativos dispoñibles en lingua. Nesta edición de 2022, iso concrétase en
- Coñecer os recursos existentes en galego que abordan o fenómeno xacobeo.
- Definir estratexias e criterios que permitan descubrilos, analizalos e clasificalos en función das súas potencialidades.
- Promover a creación de novos recursos adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas da comunidade educativa galega.
- Difundir experiencias educativas centradas na elaboración e o uso de recursos que cumpran as condicións anteriores.
A Xornada diríxese nomeadamente ao alumnado e o PDI da Facultade de Ciencias da Educación da USC, pero tamén a calquera profesional interesado/da en coñecer mellor os recursos educativos dispoñibles en galego relacionados co Camiño de Santiago.
Programa
11:50h
Acto inaugural
12:15h
O «Cramiño» de Santiago
M.ª Elena García Iglesias
Directora do CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas
13:00h
O podcast do Camiño. Educación patrimonial a través da radio
Sergio Pascual
Xornalista e formador de Laboratorio de Radio
13:50h
Guía de Materiais e Recursos Educativos sobre o Camiño de Santiago
Raquel Mariño Fernández
Profesora do Dpto. de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela
Programa
Xoves 18 de novembro, a través de video-conferencia (plataforma Lifesize)
18:00h Acto inaugural
Gumersindo Feijó Costa, vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade
Manuel C. Nuñez Singala, director do SNL
Martín Leránoz Iglesias, vicedecano de Estudantes, Mobilidade e Cultura
18:20h Táboa 1: Recursos educativos da COVID-19 desde a Facultade de Ciencias da Educación (USC)
Nós xogamos na casa, Sheila Otero Alonso e Lorena Figueroa Cabaco (alumnas da facultade responsables do proxecto)
Arteducación e contorna, Cristina Trigo Martínez (prof. do Dpto. de Didácticas Aplicadas)
Banco de recursos da COVID, Tania Caamaño Liñares (Grupo de Investigación Stellae-USC)
19:10 Pausa
19:20h Táboa 2: Experiencias en rede e dixitais desde os concellos
A experiencia do Concello de Vedra, Iván García García (técnico de Animación Sociocultural)
A experiencia do Concello de Ames, David Santomil (concelleiro de Educación e Patrimonio Histórico)
19:50 Táboa 3: Publicacións sobre recursos educativos derivados da pandemia
A RGE e a educación no curso da pandemia, Ana Parada Gañete (co-directora da RGE)
Aulas Galegas, Pilar Ponte Patiño (coordinadora de Aulas Galegas)
20:30 Conclusións e clausura
Programa
Mércores 25 de novembro
16:00 Acto inaugural
- Gumersindo Feijó Costa, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica
- Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Ciencias da Educación
- Manuel C. Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística
- Martín Leránoz Iglesias, vicedecano de Estudantes, Mobilidade e Cultura da Facultade de Ciencias da Educación
16:30 Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia, Montserrat Pena Presas
Aínda que ao principio a literatura infantil non era un dos interese principais do movemento feminista, ao procurar este unha coeducación efectiva para as nenas e nenos, os libros infantís e xuvenís acabaron por verse influenciados polas súas ideas e sendo ferramentas fundameis para acadar este obxectivo. Por este motivo, na primeira parte desta charla explicarase como se xestaron esas influencias do movemento feminista na literatura para a rapazada e analizarase a importancia da perspectiva de xénero para o lectorado en formación; mentres que na segunda parte se realizará unha panorámica de obras literarias en galego que, sen renunciar en absoluto á calidade literaria, son aliadas dos feminismos e permítennos, alén de gozar da súa lectura, seguir construíndo unha sociedade máis xusta.
17:30 Apoio LGTBI e normalización no IES As Barxas. Un proxecto transversal, Denís Vicente
No IES As Barxas integramos o Equipo de Feminismo e Apoio LGBT dentro do proxecto transversal de Normalización Lingüística. A través de reunións periódicas artellamos un espazo de confianza para o alumnado sensibilizado coa realidade LGBT e creamos un espazo de uso novo para o galego no instituto, onde é idioma de uso moi minoritario. Con esta intervención procuraremos facer unha aproximación ao proxecto que estamos a desenvolver no noso centro nos últimos anos e faremos un pequeno percorrido a través das actividades e recursos empregados.
18:00 Pausa
18:15 O dereito á coeducación (monográfico núm. 75 da Revista Galega de Educación), Sonia Fernández Casal
A escola inclusiva, compensadora de desigualdades, é unha aspiración que está no cerne das sociedades democráticas. Porén, cando enumeramos as discriminacións que pretendemos compensar a través do sistema educativo, raramente aparece o sexo e o xénero nos primeiros postos. Velaí o paradoxo: a institución que máis ten contribuído ao avance social das mulleres no século XX é, sen dúbida, unha ferramenta poderosa de reprodución da discriminación das mulleres do século XXI. A estrutura escolar é sexista, os currículos escolares son androcéntricos, os valores predominantes, patriarcais... A escola coeducadora que desexamos non existe, temos que inventala. Xaora, nos últimos anos proliferan os exemplos de boas prácticas coeducadoras e de prevención da LGTBfobia en todas as etapas educativas, moi especialmente no ensino obrigatorio.
18:45 Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes, Jorge García Marín
Non se nace home ou muller. Apréndese a ser home ou muller. No caso concreto dos homes, aprendemos a ser, ademais, machos, a desenvolver unha serie de roles e de comportamentos que, a estas alturas do século XXI, convén revisar en detalle. E necesario reflexionar sobre a necesidade de deconstruír esa educación que nos fai homes dende unha nova perspectiva, feminista e integradora. Dende a educación formal, os videoxogos, a literatura, os medios de comunicación. Dende mil ámbitos se nos constrúe como homes tradicionais dunha sociedade que debe deixar de ser tradicional. O século actual e os que han vir precisan un novo tipo de masculinidade. Pensar sobre el é xa un xeito de avanzar.
19:15 Conclusións e clausura
Programa
Martes 8 de outubro
16:00h Recepción (control de sinatura)
16:30h Acto inaugural
- Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
- Gumersindo Feijó Costa, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica
- Isabel García-Rodeja Gayoso, profesora da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais
- Martín Leránoz Iglesias, vicedecano de Estudantes, Mobilidade e Cultura da Facultade de Ciencias da Educación
17:00h Conectando coa natureza, Antonio Sandoval Rey
A conexión persoal coa natureza segue sendo unha das materias pendentes da nosa sociedade. Ao mesmo tempo, só unha cidadanía capaz de comprender a complexidade, a beleza e o misterio da biodiversidade, e en consecuencia o moito que perdemos debido á súa deterioración, será capaz de afrontar os crecentes retos ambientais (e por tanto tamén sociais) deste século. A ciencia, pero non menos a literatura e o resto de formas de expresión artística, son ferramentas cruciais para superar esta situación desde o exercicio da pedagoxía.
17:45h A ilustración científica nos recursos educativos, Calros Silvar
A intervención trata sobre a ilustración científica, os seus antecedentes, as súas aplicacións (didáctica, documental, divulgativa...), as súas características e a súa importancia coma recurso didáctico. Apúntase a necesidade dunha certa competencia para o seu correcto aproveitamento e amósanse exemplos dende a experiencia e obra do autor.
18:30h Descanso
18:45h Ler a natureza. Os recursos didácticos para infantil nunha biblioteca especializada en Medio Ambiente. Ana B. Pardo
O centro de referencia para a Educación Ambiental en Galicia (CEIDA) conta cunha biblioteca e centro de documentación especializado en temática ambiental. O centro alberga nas súas instalacióna un fondo especializado con 28.000 referencias, sendo a Educación Ambiental unha das súas áreas temáticas prioritarias. A biblioteca está aberta a todos os públicos, mais ofrece unha serie de servizos específicos dirixidos á comunidade educativa. Este relatorio pretende dar a coñecer estes servizos, ademáis de presentar algúns recursos didácticos de temática ambiental, poñendo especial atención á literatura infantil escrita en galego.
19:30h O proceso creativo da colección de libros Animais Extraordinarios (Kalandraka). Xulio Gutiérrez
Breve descrición do proceso de creación de libros de divulgación científica "Animais Extraordinarios" (Kalandraka). Concepción da colección. Decisión técnicas para a adaptación ao público obxectivo. Selección de contidos e organización dos mesmos. Proceso de creación do relato. Proceso de traballo das ilustracións.
20:15h Conclusións, clausura e entrega de certificacións
Programa
Mércores 21 de novembro
16:00-16:30 Recepción e control de asistencia
16:30-17:00 Inauguración
- Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüísitica da Xunta de Galicia
- Gumersindo Feijó Costa, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica
- Martín Leránoz Iglesias, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación
17:00-17:30 Relatorio
- A avaliación de materiais musicais en lingua galega dende a perspectiva lingüística e cultural, Antía Cores Torres (contratada predoutoral da USC)
Vivimos nunha sociedade plural na que coexisten diversas linguas e culturas que nos proporcionan diversidade e riqueza. Non obstante, partindo da análise crítica dos materiais musicais preguntámonos: os recursos publicados en lingua galega recollen as particularidades e os trazos de identidade da nosa comunidade autónoma ou, pola contra, son materiais homoxéneos e descontextualizados que foxen desta riqueza lingüística e cultural?
17:30-18:00 Relatorio
- As edicións musicais do Consello da Cultura Galega como material didáctico, Luis Costa Vázquez (membro do CCG, profesor do Conservatorio de Música de Vigo, profesor da Universidade de Vigo)
O Consello da Cultura Galega vén editando, entre as súas accións de promoción e difusión da cultura do país, obras musicais de diferentes xéneros e con diferentes orientacións. Unhas veces trátase de materiais didácticos dirixidos ás ensinanzas de música. Noutros casos, para difundir obras, autores ou xéneros particularmente relevantes para a cultura galega, que, igualmente, teñen un innegable valor didáctico, tanto en contextos máis especializados (conservatorios ou universidades), como, debidamente tratados, noutros de ensinanzas máis xerais. O relatorio presntará estes materiais e valoraraos segundo as súas posibilidades docentes.
18:00-18:45 A regueifa como recurso educativo (mesa de experiencias e coloquio)
- A regueifa: unha ferramenta didáctica, Marta Souto González, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
En 2003 o SNL do Concello de Vigo e a asociación ORAL de Galicia ofreceron por vez primeira uns obradoiros sobre improvisación oral aos centros de ensino medio vigueses, que acollen un alumnado urbano, castelán falante e que asocia a improvisación ao rap e ao hip-hop. O obxectivo era achegar a xente moza ao galego nun espazo de uso distendido. Daquela participaron catro centros e 100 mozos e mozas, dos cales 15 animáronse a regueifar de xeito “improvisado”. En 2018 son 12 os centros, cuns 600 participantes, dos cales acaban regueifando 100 no XIII certame escolar de improvisación oral.
- Proxecto "Regueifesta", Manolo Maseda e Séchu Sende, mestres e regueifeiros
18:45-20:30 Materiais TIC na educación musical (mesa de experiencias e coloquio)
- Unha ollada á música en clave femenina, Marta Barreiro Iglesias (profesora no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa)
A desigualdade na música estivo presente durante moitos séculos, mais non anulou as ansias de creatividade, mellora e loita polos dereitos das mulleres. Este traballo nace coa idea de coñecer, recoñecer, descubrir, reflexionar e abordar como a muller durante moito tempo foi silenciada, relegada a un segundo plano ou incluso vetada en diversas facetas musicais. Abordamos a presenza da muller na composición, interpretación, dirección, estilos musicais... para poñerlles rostro e nome, e recoñecer e valorar o labor feito por mulleres na música.
- Serei quen de crear a miña propia música, Jorge J. Suárez Navia (profesor do IES Faro das Lúas de Vilanova e asesor da Consellería de Educación no Centro Autonómico de Formación e Innovación, CAFI)
Ao abeiro do Proxecto Abalar, a Consellería de Educación propón para os equipamentos informáticos dos centros educativos unha maqueta propia baseada nun sistema operativo libre e gratuíto. Nesa realidade, xorde o LMMS: Serei quen de crear a miña propia música, en forma de material didáctico para empregar en colexios e institutos como primeiro achegamento serio a unha ferramenta moi completa para a creación musical
- Coñecendo e aprendendo co folclore e a lingua galega, Antía Cores Torres (contratada predoutoral da USC)
"Coñecendo e aprendendo co folclore e a lingua galega" é un material en liña para utilizar en educación primaria que pretende facilitar traballar de forma conxunta a música e a lingua galega. Divídese en cinco bloques temáticos nos que se conxugan as manifestacións da música tradicional galega con actividades que requiren da utilización do galego en contextos reais (realización de recollidas, entrevistas, etc.), para que, posteriormente, o alumnado deseñe os seus propios materiais audiovisuais.
- Creación audiovisual desde el aula de música, Xiao Somoza (profesor do CPI de Dodro)
Como usar a música (educación instrumental e vocal) para planificar projectos conxuntos entre diferentes departamentos e así desenvolver o traballo por competencias. Traballo audiovisual en que se mellora o uso práctico das TIC e a aprendizaxe cooperativa e pensamento de deseño.
20:30 Conclusións, clausura e entrega de diplomas