Skip to main content
Facultade de Ciencias da Educación. XV edición (2022)
Imaxe representativa

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XV Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada aos recursos educativos que toman como punto de partida ou eixe temático o Camiño de Santiago.

Esta iniciativa nace co obxectivo xeral de crear un espazo en que difundir e analizar os recursos educativos dispoñibles en lingua. Nesta edición de 2022, iso concrétase en

  • Coñecer os recursos existentes en galego que abordan o fenómeno xacobeo.
  • Definir estratexias e criterios que permitan descubrilos, analizalos e clasificalos en función das súas potencialidades.
  • Promover a creación de novos recursos adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas da comunidade educativa galega.
  • Difundir experiencias educativas centradas na elaboración e o uso de recursos que cumpran as condicións anteriores.

A Xornada diríxese nomeadamente ao alumnado e o PDI da Facultade de Ciencias da Educación da USC, pero tamén a calquera profesional interesado/da en coñecer mellor os recursos educativos dispoñibles en galego relacionados co Camiño de Santiago.

The contents of this page were updated on 11.28.2023.