Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
O galego no ámbito profesional das relacións laborais: unha oportunidade.

Ciclo de conferencias e táboas redondas sobre a situación do galego no ámbito das relacións laborais.

  • Trátase dun ciclo de conferencias e táboas redondas en que os propios profesionais e axentes dos sectores implicados reflexionarán sobre a situación do galego no ámbito das relacións laborais, as pexas que atopan no seu uso, as oportunidades que presenta e o impulso que necesita.

    Eixes temáticos

    • A lexislación e os dereitos lingüísticos no ámbito das relacións laborais
    • A experiencia no uso do galego (e doutras linguas propias) nas relacións laborais nos ámbitos institucional e privado: problemas, oportunidades, recursos
    • A situación do galego na Escola de Relacións Laborais da USC

    Aspectos académicos

    • Responsable académico: Xavier Ferreira Fernández, director da EURL
    • Límite de prazas: 100 (por mor da capacidade do Salón de Graos)
    • Control de asistencia
    • Entregarase un diploma de asistencia e bo aproveitamento aos alumnos/as que asistan ao 80% das horas.
    • Actividade imputable con 1 crédito de libre configuración curricular aos alumnos/as das titulacións de Relacións Laborais, Dereito, CC. Políticas, Economía, e Administración e Dirección de Empresas, por Resolución reitoral do 26 de xullo de 2006, co código 2006/125.

    Matrícula

    • Prezo: 10 euros
    • Lugar: Secretaría da EU de Relacións Laborais. Campus Sur
    • Prazo: Do 16 ao 31 de outubro

    Información

    • Secretaría da EU de Relacións Laborais da USC
    • Servizo de Normalización Lingüística da USC

    Organizan

  • Lugar e datas de desenvolvemento

    • Salón de Graos da Escola Universitaria de Relacións Laborais da USC
    • Do 9 ao 30 de novembro (30 horas)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.10.2023.