O galego no ámbito profesional das relacións laborais: unha oportunidade.
Ciclo de conferencias e táboas redondas sobre a situación do galego no ámbito das relacións laborais.
Trátase dun ciclo de conferencias e táboas redondas en que os propios profesionais e axentes dos sectores implicados reflexionarán sobre a situación do galego no ámbito das relacións laborais, as pexas que atopan no seu uso, as oportunidades que presenta e o impulso que necesita.
Eixes temáticos
- A lexislación e os dereitos lingüísticos no ámbito das relacións laborais
- A experiencia no uso do galego (e doutras linguas propias) nas relacións laborais nos ámbitos institucional e privado: problemas, oportunidades, recursos
- A situación do galego na Escola de Relacións Laborais da USC
Aspectos académicos
- Responsable académico: Xavier Ferreira Fernández, director da EURL
- Límite de prazas: 100 (por mor da capacidade do Salón de Graos)
- Control de asistencia
- Entregarase un diploma de asistencia e bo aproveitamento aos alumnos/as que asistan ao 80% das horas.
- Actividade imputable con 1 crédito de libre configuración curricular aos alumnos/as das titulacións de Relacións Laborais, Dereito, CC. Políticas, Economía, e Administración e Dirección de Empresas, por Resolución reitoral do 26 de xullo de 2006, co código 2006/125.
Matrícula
- Prezo: 10 euros
- Lugar: Secretaría da EU de Relacións Laborais. Campus Sur
- Prazo: Do 16 ao 31 de outubro
Información
- Secretaría da EU de Relacións Laborais da USC
- Servizo de Normalización Lingüística da USC
Organizan
- EU de Relacións Laborais da USC
- Servizo de Normalización Lingüística da USC
- Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Lugar e datas de desenvolvemento
- Salón de Graos da Escola Universitaria de Relacións Laborais da USC
- Do 9 ao 30 de novembro (30 horas)