Divulgación científica
Programa de actividades do Día da Ciencia
O día 4 de novembro de 2011 varios centros da USC, uníndose ao ensino de primaria e secundaria, celebraron por vez primeira o Día da Ciencia en Galego, polo dereito a gozar da ciencia no noso idioma. Dese xeito, dábaselle tamén continuidade á campaña "En galego tamén se fai ciencia" que as tres universidades galegas argallaron para a mesma conmemoración no ano 2010.
Presentamos a seguir unha relación das actividades desenvolvidas (vid. o cartel en formato PDF -117 KB), que completamos con diversos materiais relacionados con cada unha delas.
Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo
- Centro de interese: Publicacións científicas ou de divulgación en galego [fotos e publicación que recolle os fondos expostos]
Escola Politécnica Superior
- Mostra de publicacións e traballos científicos en galego de profesorado e alumnado da Escola
- Exposición sobre María Wonenburger
- Proxección de documentais de divulgación científica realizados en galego ou subtitulados a esta lingua:
- As catedrais do silencio
- Unha semente de cada vez, para protexer o futuro da comida (subtítulos en galego)
- Como pode manter o mercado os regatos correndo? (subtítulos en galego)
- Aves do Campus
- A Granxa Agrícola Experimental de Galicia
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
- Exposición Mulleres ConFormando a ciencia
- Charla "Os teus proxectos, en galego" da ex-alumna Celia Castro, dirixida ao estudantado dos últimos cursos
- Táboa redonda "O galego na docencia e na investigación da ETSE"
Facultade de Bioloxía
- Táboa redonda "O uso do galego nas ciencias"
Facultade de Ciencias
- Exposición de bibliografía científica en galego
- Acto conmemorativo do Día da Ciencia en Galego
- Presentación do XXIV Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), por Beatriz Fernández
- Presentación do libro O nome e o símbolo dos elementos químicos, por Ana Mª González Noya
- Charla “Química con produtos caseiros: ácidos e bases, colorantes e antioxidantes”, por Manuel Paz Castañal
- Obradoiro de química recreativa, por Julio A. Seijas e Pilar Vázquez Tato
- Distribución gratuíta de exemplares do Vocabulario de química galego-español-inglés
Facultade de Física
- Comezo do ciclo de conferencias "Física en Compostela: Investigando"
- Proxección dos documentais
- LHCb. The Beauty Experiment
(subtitulado ao galego) - Big-bang no LHC
- LHCb. The Beauty Experiment
Facultade de Matemáticas
- Presentación da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade
- Presentación do concurso Explícoche Matemáticas 2.0
- Presentación de Minerva, o repositorio institucional da USC
Facultade de Veterinaria
- Presentación dalgunhas das liñas de investigación máis relevantes que están en marcha nese centro:
- Principais parasitismos do cabalo en Galicia. Posibilidades de control biolóxico para o desenvolvemento da gandería ecolóxica
- A fauna profunda das costas galegas
- Metabolismo mineral en ruminantes
- Prevención das enfermidades no gando vacún
- Xenética para a acuicultura e para a conservación de recursos biolóxicos
- Diagnóstico anatomopatolóxico: aplicación práctica en acuicultura
- Envellecemento cerebral no can: un modelo da enfermidade de Alzheimer
- Distribución gratuíta de exemplares do Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria