Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
CNL da Facultade de Matemáticas. XIII edición (2025)
Explicoche

 

Concurso para promover a utilización do galego nas matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

  • Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa duodécima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

    Pode participar o alumnado de 3º e 4º da ESO, de bacharelato e de ciclos de FP dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

    O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

    O prazo para presentar os vídeos está aberto dende o 1 de marzo até o 30 de abril.

    Outorgaranse dous premios: un primeiro premio de 350 euros e un segundo premio de 250 euros.

  • O prazo para presentar os vídeos está aberto dende o 1 de marzo até o 30 de abril. Máis información nas bases do concurso.

     

  •  

    Estes son os vídeos gañadores da edición de 2023. Máis información nesta noticia do Xornal da USC.

    Carmen Castelo Monteagudo, Inés Prado Justo e Noa Salinas González do IES Isaac Díaz Pardo proclamáronse vencedoras do certame ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ co vídeo titulado ‘Cero e os infinitos’.

    O segundo galardón foi para Carla Dopazo Pavón e Santiago Vilas Subirán do IESP Eusebio da Guarda polo vídeo ‘Teoría de grafos en 2 minutos’. 

    O primeiro dos terceiros premio foi  para a o vídeo ‘Teoría de grafos’ realizado por  Lucía Yáñez Carrasco, Mónica Diz Rodríguez e Mª José Dosil Villavicencio.

    O segundo dos terceiros premios foi para Rodicio González do Colexio Santa Teresa de Jesús (Ourense)  que fixo unha peza titulada leva por título ‘Domingo Fontán’

     

  • Estes son os vídeos gañadores da edición 2024:

    O primeiro premio, de 300 euros,  foi para Julia Rama González co vídeo titulado Por que a raíz cadrada de 2 é un número irracional?

     

    As gañadoras do segundo premio, de 200 euros, foron Alba Albarellos Pose, Noa Otero Calviño e Carla Prieto Loureiro polo vídeo A trigonometría.

     

    O xurado tamén quixo outorgar unha mención a Teo Calo Suárez polo vídeo As matemáticas de Google Maps e máis alá.

     

     

     

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2025.