Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

CNL da Facultade de Matemáticas. XIII edición (2025)
Explicoche

 

Concurso para promover a utilización do galego nas matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

  • Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa duodécima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

    Pode participar o alumnado de 3º e 4º da ESO, de bacharelato e de ciclos de FP dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

    O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, vehiculados en galego e utilizando calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

    O prazo para presentar os vídeos está aberto dende o 1 de marzo até o 30 de abril.

    Outorgaranse dous premios: un primeiro premio de 350 euros e un segundo premio de 250 euros.

  • O prazo para presentar os vídeos está aberto dende o 1 de marzo até o 30 de abril. Máis información nas bases do concurso.

     

  • Estes son os vídeos gañadores da edición de 2025. 

    Primeiro premio (350 euros)

    Título: Xogando a aproximar Pi

    Autora: Antía Fernández Paulos

    Titora: Beatriz Alfonsín Galiñanes

    Centro: IES Castro Alobre

     

     

    Segundo premio (250 euros)

    Título: A tartaruga de Fleury

    Autoras: Adrián Arnoso Bermúdez, Manuel Díaz Sánchez, Saúl López Souto

    Titoras: Beatriz Máquez Villamarín (profesora), Pilar López García (cotitora lingüística)

    Centro: IES Isaac Díaz Pardo

     

  • Estes son os vídeos gañadores da edición 2024:

    O primeiro premio, de 300 euros,  foi para Julia Rama González co vídeo titulado Por que a raíz cadrada de 2 é un número irracional?

     

    As gañadoras do segundo premio, de 200 euros, foron Alba Albarellos Pose, Noa Otero Calviño e Carla Prieto Loureiro polo vídeo A trigonometría.

     

    O xurado tamén quixo outorgar unha mención a Teo Calo Suárez polo vídeo As matemáticas de Google Maps e máis alá.

     

     

     

  •  

    Estes son os vídeos gañadores da edición de 2023. Máis información nesta noticia do Xornal da USC.

    Carmen Castelo Monteagudo, Inés Prado Justo e Noa Salinas González do IES Isaac Díaz Pardo proclamáronse vencedoras do certame ‘Explícoche Matemáticas 2.0’ co vídeo titulado ‘Cero e os infinitos’.

    O segundo galardón foi para Carla Dopazo Pavón e Santiago Vilas Subirán do IESP Eusebio da Guarda polo vídeo ‘Teoría de grafos en 2 minutos’. 

    O primeiro dos terceiros premio foi  para a o vídeo ‘Teoría de grafos’ realizado por  Lucía Yáñez Carrasco, Mónica Diz Rodríguez e Mª José Dosil Villavicencio.

    O segundo dos terceiros premios foi para Rodicio González do Colexio Santa Teresa de Jesús (Ourense)  que fixo unha peza titulada leva por título ‘Domingo Fontán’

     

The contents of this page were updated on 06.24.2025.