Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Campaña de dinamización lingüística na Facultade de Bioloxía (2019-2022)
Cartel

A campaña vai dirixida, en primeiro lugar, ao alumnado novo que chega ao centro, co obxectivo de que manteña o uso do galego ou mesmo o incorpore ou o aumente.

  • A maioría do alumnado é galego, máis concretamente da área de influencia da USC, e só o 0,45% é doutras comunidades e o 1,7%, internacional. Como na docencia se usa principalmente o castelán (só o 8% das horas de clase do grao en Bioloxía se imparten en galego), hai alumnado, malia ser en boa parte galegofalante ou bilingüe, que acaba abandonando en maior ou menor grao a nosa lingua, por presión ambiental.

    Daquela, quixemos demostrar que se pode vivir en galego na Facultade de Bioloxía, que hai alumnas e alumnos, doutorandos e docentes que seguen falando en galego, tamén nas aulas e nos laboratorios, ou que aproveitaron o cambio que supuxo vir a Santiago e á Universidade para engadir un "máis galego" á súa vida. E que non teñen problemas por iso: nin cos demais compañeiros e compañeiras -moitos dos cales tamén falan galego e se atopan na mesma situación-, nin co profesorado -aínda que imparta clases en castelán-, nin coa súa vida académica, nin cos seus progresos como novos investigadores nin na súa carreira docente nin con alumnado que vén de fóra e é quen de levar matrícula de honra nunha materia en galego.

    Primeiro compartiron as súas vivencias e reflexións lingüísticas e logo puxeron a súa cara e as súas razóns para falaren galego en Bioloxía na campaña as alumnas e alumnos Patricia Hermida, Lara Gómez, Xocas Vázquez e Mariña Rodríguez (2022) Lúa Castelo Martínez, Pablo Colmenero Crispín, Alba Paz Castro, Santiago Feijoo-Montenegro, Paula Quintela Rodríguez (2019); os doutorandos Daniel Sobrido Cameán e Francisco Fontenla Iglesias (2019); e os profesores Otilia Reyes (2022), Eva Candal, Manuel Noia Lugrís, Xesús Lamas e Carlos Rodríguez Osorio (2019). Beizón a todas elas/eles!

    • O galego ten razóns. E ti, que razón tes?

      Patricia, Lara, Xocas, Otilia e Mariña son estudantes e docentes da Facultade de Bioloxía da USC que nos explican as súas razóns para utilizar o galego na súa actividade académica na Facultade. Este vídeo dálle continuidade á campaña desenvolvida no mesmo centro en 2019, que podes ver máis abaixo.

       

       

      O galego ten razóns. E ti, que razón tes? é unha campaña de dinamización da Comisión de Normalización Lingüistica de Bioloxía que busca animar ao alumnado galegofalante que chega á Facultade a que siga usando a nosa lingua tamén na actividade académica e ao alumnado que chega con ganas de incorporar o galego á súa vida, a que o faga.
       
      Cadaquén ten a(s) súa(s) razón(s) para seguir usando o galego ou comezar a facelo. Reflexionamos e buscamos as nosas? Axiña poderás tamén facelas públicas e compartilas!
       

      carteis2022

         

      Once estudantes e docentes da Facultade de Bioloxía da USC explícannos as súas razóns para seguir utilizando o galego na súa actividade académica na Facultade. Podes velos/as e escoitalos/as a través destes breves vídeos:

       

       

      O galego ten razóns. E ti, que razón tes? é unha campaña de dinamización da Comisión de Normalización Lingüistica de Bioloxía que busca animar ao alumnado galegofalante que chega á Facultade a que siga usando a nosa lingua tamén na actividade académica e ao alumnado que chega con ganas de incorporar o galego á súa vida, a que o faga.

       

      Cadaquén ten a(s) súa(s) razón(s) para seguir usando o galego ou comezar a facelo. Reflexionamos e buscamos as nosas? Axiña poderás tamén facelas públicas e compartilas!

       

      cartaces_mosaico

    • A campaña organizouse arredor da idea das razóns, das motivacións que se poden ter para manterse en galego (ou incorporalo en maior medida) a pesar da presión ambiental. Tratábase de mover a reflexionar e dar referentes. De aí os lemas da campaña.

      Artéllase en tres momentos, co seu respectivo material e actuacions:

      1. Concitar interese: carteis na facultade coas caras destas persoas e frases descontextualizadas, que levan a pregunta "E ti, que razón tes?
      2. Explicar: vídeos en que interveñen estas persoas explicando máis polo miúdo as súas razóns, entresacadas de gravacións previas en bruto; os vídeos movéronse polas redes sociais tanto institucionais como do propio alumnado, e podíase chegar tamén a eles a través do código qR dunha nova cartelaría que desvela o motivo da capaña. Responde ao lema "O galego ten razóns"
      3. Tentar facer reflexionar, a xeito de compromiso, a máis alumnado: mediante un photocall, cuxas fotos tamén se comparten nas redes sociais

      A campaña ten lugar en abril de 2022 e en outubro de 2019 na Facultade de Bioloxía da USC, como resultado dunha proposta da Comisión de Normalización Lingüística de Bioloxía.

    Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2023.