Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
2021
Cartel da convocatoria 2021

Campaña de normalización lingüística, Facultade de Medicina e Odontoloxía. Outubro, novembro e decembro de 2021.

  • A boa medicina é unha campaña de dinamización lingüística da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC destinada a limar os prexuízos que poida traer o alumnado, especialmente o de 1º curso e o que chega desde fóra de Galicia, pois a presenza do galego na docencia é moi cativa (un 2,36% do total de horas de clase no curso 20-21) e entre o alumnado retráese por mor da converxencia lingüística típica galega: o alumnado galego carrexa. en moitas ocasións, os seus propios prexuízos lingüísticos e o contacto con compañeiros e compañeiras de fóra de Galicia ás veces contribúe a consolidalos e a que o uso do galego diminúa. Ademais, aquelas alumnas e alumnos que usan o galego con normalidade, na única facultade de medicina do mundo en que teñen dereito a usalo, vense ás veces en situacións incómodas.

  • Con esta campaña queremos conseguir os seguintes obxectivos:

    • Contribuír a racionalizar eses posibles prexuízos contra a lingua e a cultura galega.
    • Sensibilizar o alumnado en relación aos seus compañeiros e compañeiras galegofalantes.
    • Favorecer o mantemento lingüístico do alumnado galego.
    • Promover o respecto lingüístico.
  • A boa medicina consta das seguintes actuacións:

    • Mellora da información sobre os usos lingüísticos do grao na web
    • Dous vídeos con testemuños de alumnado e profesorado sobre a súa experiencia coa lingua galega na Facultade de Medicina
    • Un obradoiro de xestión das linguas nas aulas (outubro) dirixido á formación sociolingüística dos principais axentes da Facultade: equipo decanal, comisión de normalización lingüística, coordinadores e profesoras/es de 1º curso, alumnos titores, unidade de xestión do centro e outras persoas interesadas
    • Un folletode sensibilización e con información sobre os dereitos lingüísticos na USC (díptico)
    • Información sobre recursose estímulos para estudar en galego (roll-up, web, obradoiro)
    • Un curso de lingua galega (nivel A) para non galegofalantes
    • Un programa de voluntariado lingüístico, ELOS para aprender / ensinar galego por parellas, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela
    • Unha campaña propagandística de sensibilización, con cartelaría, unha actividade participativa que  tamén se leva ás redes sociais, así como materiais de agasallo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.10.2023.