Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Co-financiado pola UE
Programa combinado de mobilidade física e virtual ao abeiro do Programa Erasmus+.

 

Co obxecto de favorecer a mobilidade de estudantado e persoal que non poida participar en estadías de longa duración por motivos académicos ou de índole persoal, o Programa Erasmus+ 2021‐2027 ofrece unha nova modalidade de programas que buscan fomentar a mobilidade internacional nun formato curto que combina a mobilidade presencial cunha compoñente virtual: os Blended Intensive Programmes (Programas Intensivos Combinados).

Nesta páxina publicaranse as sucesivas convocatorias de BIP para participantes da USC, que poden dirixirse tanto a estudantado como a persoal. 

  • Convocatoria

    BIP "Towards a European Law of Sustainability?" - Università degli Studi di Modena e Reggio Emilia (UNIMORE) (Italia) para estudantado de doutoramento e PDI, ambos da área de Dereito: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/133493/carga.htm (publicada 04/07/2025)

    Resolucións derivadas da convocatoria

    https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/133688/carga.htm (publicada 18/07/2025)

  • Os BIP son programas de curta duración pertencentes ao programa Erasmus+ organizados por universidades europeas que contan cunha parte virtual e unha parte presencial. Esta ten unha duración mínima de unha semana, contemplando un grande abano de temáticas e formatos, e pode dirixirse a estudantado de todos os niveis e titulacións.

    Para poder participar, requírese que a USC teña asinado un acordo coa universidade convocante e formule unha convocatoria que se publicará no apartado de Convocatorias e resolucións nesta mesma páxina.

    Outórgase pola súa participación un mínimo de 3 ECTS e, no caso de que coincidan con períodos lectivos, é necesario que o estudantado verifique no seu centro as posibilidades de dispensa da asistencia ás clases da súa titulación. 

  • Como promover a adhesión da USC a un BIP

    Para solicitar a adhesión da USC nun BIP organizado por outra institución e que sexa posible o envío de participantes (tanto estudantes como membros do persoal), é necesario que o profesorado / PTXAS que teña recibido unha oferta de adhesión a traslade á persoa responsable no Centro para que valore e autorice a proposta, que será posteriormente avaliada na Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización. 

    Como participar individualmente

    Unha vez se acorde a adhesión a un BIP por parte da USC, procederase a publicar convocatorias individualizadas para cada BIP, onde se establezan os requisitos para cada colectivo. Se está aberta para algún colectivo de persoal, poderá presentarse a solicitude como se indique na correspondente convocatoria.

  • Convocatorias vixentes

     

     --

     

  • Oficina de Mobilidade

    Oficina de Santiago

    Oficina de Mobilidade

    Oficina de Lugo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.07.2025.