Skip to main content
This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/en/legal-notice">cookies policy</a>.
Co-financiado pola UE
Programa combinado de mobilidade física e virtual ao abeiro do Programa Erasmus+.

 

Co obxecto de favorecer a mobilidade de estudantado e persoal que non poida participar en estadías de longa duración por motivos académicos ou de índole persoal, o Programa Erasmus+ 2021‐2027 ofrece unha nova modalidade de programas que buscan fomentar a mobilidade internacional nun formato curto que combina a mobilidade presencial cunha compoñente virtual: os Blended Intensive Programmes (Programas Intensivos Combinados).

Nesta páxina publicaranse as sucesivas convocatorias de BIP para participantes da USC, que poden dirixirse tanto a estudantado como a persoal. 

  • Convocatorias vixentes

     

     --

     

  • Os BIP son programas de curta duración pertencentes ao programa Erasmus+ organizados por universidades europeas que contan cunha parte virtual e unha parte presencial. Esta ten unha duración mínima de unha semana, contemplando un grande abano de temáticas e formatos, e pode dirixirse a estudantado de todos os niveis e titulacións.

    Para poder participar, requírese que a USC teña asinado un acordo coa universidade convocante e formule unha convocatoria que se publicará no apartado de Convocatorias e resolucións nesta mesma páxina.

    Outórgase pola súa participación un mínimo de 3 ECTS e, no caso de que coincidan con períodos lectivos, é necesario que o estudantado verifique no seu centro as posibilidades de dispensa da asistencia ás clases da súa titulación. 

  • Como promover a adhesión da USC a un BIP

    Para solicitar a adhesión da USC nun BIP organizado por outra institución e que sexa posible o envío de participantes (tanto estudantes como membros do persoal), é necesario que o profesorado / PTXAS que teña recibido unha oferta de adhesión a traslade á persoa responsable no Centro para que valore e autorice a proposta, que será posteriormente avaliada na Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización. 

    Como participar individualmente

    Unha vez se acorde a adhesión a un BIP por parte da USC, procederase a publicar convocatorias individualizadas para cada BIP, onde se establezan os requisitos para cada colectivo. Se está aberta para algún colectivo de persoal, poderá presentarse a solicitude como se indique na correspondente convocatoria.

  • Mobility Office

    Mobility Office

    Mobility Office

    Oficina de Mobilidade. Mobility Office
The contents of this page were updated on 04.10.2025.