A USC celebra o 8M Día Internacional das Mulleres cun amplo programa de actividades institucionais, culturais e reivindicativas.
O Día Internacional das Mulleres, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido polas Nacións Unidas como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Acto institucional
Data e lugar: mércores, 8 de marzo de 2023, ás 12.30 h no Paraninfo da Universidade.
- Lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU).
- Recoñecemento a ARMELA. Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC.
- Conferencia: 'Unha radiografía da igualdade na USC: avances e resistencias'. Alba Nogueira, catedrática de Dereito Administrativo da USC e coordinadora da REDE ARMELA
- Presencial e a través da canle Youtube da USC
Presentación do libro: 'Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872) Facer do século'
- Autor: Xosé Ramón Veiga Alonso, profesor do Departamento de Historia, Área de Contemporánea da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo e conferencia sobre Juana de Vega.
- Data e lugar: 28 de febreiro ás 17.00 horas na Aula 15 da Facultade de Humanidades.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades.
Xornada Mulleres na Economía: 'Economía dos coidados'
- Mesa redonda: 'Economía dos coidados'
- Relatoras: María Xosé Rodríguez-Galdo, Nélida Lamelas, Eva Aguayo.
- Data e lugar: 1 de marzo ás 12 horas no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
- Obxectivo: dar a coñecer a investigación con perspectiva de xénero no ámbito da Economía, en particular falarase da Economía dos coidados.
- Dirixida: alumnado, PDI e PAS.
- Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
Sesión de cinema experimental e animación
- Proxección: 10 curtametraxes realizadas por mulleres entre 1929 e 1979 con obras de Germaine Dulac, Maya Deren, Mary Ellen Bute, Marie Menken, Storm de Hirsch, Gunvor Nelson, Caroline Leaf, Carolee Schneemann, Marjorie Keller e Coleen Fitzgibbon.
- Data e lugar: 1 de marzo ás 18.00 horas no Salón de actos da Facultade de Filosofía.
- Dirixida: público en xeral.
- Presentación: a cargo de Xavier de Donato, decano da Facultade de Filosofía.
- Organiza: Cineclube Mazarelos e a Facultade de Filosofía.
Presentación do libro: Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista
- Editoras: Alba Alonso e Marta Lois, profesoras da área de Ciencia Política e da Administración da USC.
- Data e lugar: 6 de marzo ás 12.00 h na Casa Europa. (Capacidade limitada).
Relatorio 'Crebando os grillóns conceptuais do patriarcado en bioloxía'
- Ciclo de relatorios 8M da AIC
- Relatora: María Pilar Jiménez Aleixandre, scritora, tradutora, bióloga e docente da USC na Area de Didáctica das Ciencias Experimentais.
- Data e lugar: 6 de marzo ás 19.30 h. na na Aula 8 da Facultade de Xeografia e Historia.
- Organiza: Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC).
Obradoiro 'Tomar a palabra na Academia'
- Data e lugar: 6 de marzo ás 18.00 h. na Aula 1 da Facultade de Filosofía.
- Profesora: Guadalupe Jiménez Esquinas, profesora de Antropoloxía.
- Dirixida: orientada ás alumnas de Filosofía.
- Organiza: Facultade de Filosofía.
Chatea cunha astrónoma 2023 - Josefina F. Ling
- Data e hora: 7 de marzo entre as 10.00 e as 22.00 h. en liña.
- Obxectivo: achegar a ciencia actual de man das súas protagonistas femininas, dando así visibilidade á súa presenza e relevancia.
- Participan: 64 astrofísicas dispoñibles para conversar sobre a súa investigación, a súa experiencia como mulleres científicas, a carreira investigadora ou temas de astronomía xeral.
- Dirixida: público xeral.
- Ligazón ao chat: https://tawk.to/chat/63c7b95dc2f1ac1e202e4b13/1gn22o5v5
- Organiza: Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía.
Exposición fotográfica permanente 'Mulleres na Psicoloxía': reivindicación do seu espazo histórico
- Data e lugar: 7 de marzo nos módulos A e B da Facultade de Psicoloxía.
- Organiza: Facultade de Psicoloxía.
- Datas e lugar: do 7 ao 14 de marzo nos módulos A, B e C da Facultade de Psicoloxía.
- Organiza: Facultade de Psicoloxía.
Creación da 'Árbore Violeta'
- Datas e lugar: 6, 7 e 8 de marzo na entrada da Facultade de Óptica e Optometría.
- Obxectivo: creación dunha árbore a partir dun tronco central mediante a colocación de círculos violetas a modo de follas que se distribuirán entre as persoas interesadas.
- Dirixida: todo o persoal da Facultade (PDI, PAS e estudantado) que desexe colaborar na súa creación.
- Organiza: equipo decanal e comisión de Xénero da Facultade de Óptica e Optometría.
CO(M)XÉNERO 8 - Videoensaio: cinema menor
- Datas e lugar: 6 e 7 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación.
- Obxectivo: interróganos sobre a liberdade e heteroxeneidade desta práctica vencellada ao cinema feminista dende as súas orixes.
- Dirixida: actividade aberta ao público en xeral, e especialmente dirixida a profesionais e persoal investigador no ámbito das ciencias da comunicación, estudantes do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas (a participación no seminario será considerada AF), e estudantes dos graos de Comunicación Audiovisual e Xornalismo.
- Organiza: Grupo de Estudos Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación.
Traballo en grupo e debate. 'Discriminación salarial por razón de sexo'
- Data e lugar: 7 de marzo de 11.00 a 13.00 h e 8 de marzo, de 17.00h a 19. 00 h na Aula 6 da Facultade de Relacións Laborais.
- Profesora: Eva Álvarez González, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
- Obxectivo: resolución en grupo dun suposto práctico onde o alumnado terá que analizar a situación dos traballadores/as, e coa normativa sentenzas dos tribunais tratar de ver se existe discriminación salarial por razón de sexo, e propor medidas e solucións para mellorar a situación. Posteriormente desenvolverase un debate.
- Dirixido: Alumnado de 4º curso de Relacións Laborais e Recursos Humanos.
- Organiza: Facultade de Relacións Laborais.
Acto de entrega de premios. VII Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural
- Data e lugar: 7 de marzo ás 12.00 h na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE)
- Relatorio: a cargo da alumna galardonada, Lara Gómez Brandón, describindo o seu TFG do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE.
- Data e lugar: 7 de marzo 13.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito.
- Relatora: Yolanda Maneiro Vázquez, profesora titular de Dereito Laboral e da Seguridade Social da USC.
- Organiza: Facultade de Dereito.
Clausura da exposición 'A Muller e a Nena na Enxeñaría e na Ciencia'
- Data e lugar: 8 de marzo no Pavillón 3 da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
- Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.
Mesa debate 'A muller en I+D+i'
- Data e lugar: 8 de marzo ás 10.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo.
- Obxectivo: contarase coa asistencia de mulleres implicadas en distintos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, que transmitirán a súa visión ao alumando sobre as distintas facetas das mulleres na ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.
- Relatoras: as integrantes da mesa e a moderadora foron convidadas en base á súa traxectoria en I+D+i, e son, na súa maioría, egresadas da Facultade de Ciencias que desenvolveron as súas carreiras en ámbitos claramente relacionados coa súa formación.
- Dirixida: entrada libre de 10 a 12 horas, alumnado do centro.
- Organiza: Facultade de Ciencias. Campus de Lugo.
Teatro. 'As Fillas Bravas de Momán'
- Grupo Chévere: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.
- Data e lugar: 8 de marzo ás 13.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.
- Obxectivo: Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía.
Foto colectiva polo 8M
- Data e lugar: 8 de marzo ás 13:00 horas na escaleira da EPSE para o ÁlbumMulleresUSC2023.
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE.
- Relator: José Manuel Vázquez Lijó, profesor da UDC.
- Data e lugar: 8 de marzo ás 18.00 horas na Sala de Conferencias do Arquivo Histórico.
- Obxectivo: presentación dos resultados da investigación sobre o traballo no mar das mulleres en Galicia.
- Organiza: Arquivo Histórico Universitario de Santiago.
Conferencia: 'Seguindo co problema: de naturezas e maternidades'
- Relatora: María Xosé Agra Romero, catedrática de Filosofía Moral e Política da USC. Especialista en teoría crítica feminista.
- Data e lugar: 9 marzo ás 11.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Humanidades.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades.
- Data e lugar: 9 de marzo ás 18.00 h. no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
- Dirixida: público en xeral.
-
Organiza: Cineclube Mazarelos e a Facultade de Filosofía.
- Relatora: Zaida Villanueva García (Alumna master Servizos Culturais).
- Data e lugar: 10 de marzo ás 13.00 horas na Facultade de Humanidades.
- Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades.
Relatorio ' A vida da investigadora posdoutoral no estranxeiro'
- Ciclo de relatorios 8M da AIC
- Relatora: Marta Cimadevila, investigadora posdoutoral no Institut de Génomique Fontionnelle de Montpellier, Francia , doutora en Farmacoloxía pola USC.
- Data e lugar: 10 de marzo ás 19.00 h. a través de MSTeams. Ligazón
- Organiza: Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC).
- Data e lugar: 13 de marzo ás 16.00 h. no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
- Proxección: 'Sufraxistas' de 2015 dirixido por Sarah Gavron, centrado nas primeiras participantes do movemento británico en favor do sufraxio feminino a finais do S. XIX e principios do XX.
- Dirixida: público en xeral.
- Organiza: Facultade de Filosofía.
Coloquio ao redor da webserie 'Sophias'
- Data e hora: 14 de marzo ás 18.00 h. no Aula 1 da Facultade de Filosofía.
- Dirixida: público en xeral.
- Organiza: Facultade de Filosofía.
Táboa-debate 'Vai de mulleres, vai do rural'
- Data e hora: 15 de marzo ás 18.00 h. na Xuntas da Facultade de Veterinaria.
- Programa: especial de ‘Apaixonad@s pola Veterinaria!’
- Obxectivo: iniciativa de periodicidade mensual co obxectivo de que expert@s no sector analicen, debatan e aborden xunto con docentes e alumnado do centro cuestións de interese para a profesión.
- Relatoras: Noelia García Santolalla, Ana María Corredoira, María Veiga Duarte.
- Organiza: Comisión de Xénero da FAcultade de Veterinaria.
Mesa redonda 'Mulleres na Academia: barreiras, teitos de cristal e demais elementos a derrubar'
- Ciclo de relatorios 8M da AIC
- Relatoras: Eva Aguayo, profesora contratada doutora na Área de Economía Cuantitativa da USC; María José Rodríguez, profesora emérita da Área de Historia e Institucións Económicas da USC e Olalla López, bióloga e doutora en Antropoloxía Física pola Universidade de Granada.
- Data e lugar: 15 de marzo ás 19.30 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
- Organiza: Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC).
- Data e lugar: 16 de marzo ás 18.00 h. na Aula 1 da Facultade de Filosofía.
- Obxectivo: actividade lúdico-formativa ao redor dos feminismos.
- Dirixida: orientada de maneira prioritaria ao alumnado de filosofía.
- Coordina: Guadalupe Jiménez-Esquinas, profesora de Antropoloxía da USC.
- Inscrición: Formulario de inscrición
- Organiza: Facultade de Filosofía.
- Data e lugar: 23 de marzo ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía
- Relatora: Milena Villar Varela, profesora da área de Didáctica e Organización Escolar da USC.
- Organiza: Facultade de Filosofía.
Exposición 'Mulleres economistas'. Incorporación de Susan Strange
- Data e lugar: marzo no andar da planta principal da Facultade.
- Obxectivo: incorporación de novas figuras de mulleres que fixeron a súa contribución no ámbito da Economía e da Empresa.
- Organiza: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Lecturas do manifesto 8M -RUIGEU
- Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE): 8 de marzo ás 10.00 h. no Salón de Actos da ETSE.
- Facultade de Ciencias: 8 de marzo ás 10.00 h. no Salón de Actos do facultade.
- Facultade de Medicina e Odontoloxía: 8 de marzo ás 11.15 h. no Salón de Actos e na escalinata da facultade ás 11.30 h. realización de fotografías para ÁlbumMulleresUSC2023.
- Facultade de Psicoloxía: 8 de marzo ás 12.00 h. e foto conmemorativa na entrada principal Módulo A da facultade.
- Facultade de Química: 8 de marzo as 12.00 h. na porta da facultade e gravación do vídeo da lectura e difusión a través do canal de YouTube.
- Facultade de Relacións Laborais: 8 de marzo ás 12.00 h. na entrada do centro e realización da fotografía para o ÁlbumMulleresUSC2023.
- Facultade de Filoloxía: 8 de marzo ás 12.50 h. na entrada da facultade.
- Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE): 8 de marzo ás 13:00 horas na escaleira da EPSE e foto colectiva para o ÁlbumMulleresUSC2023.
- Facultade de Bioloxía: 8 de marzo ás 13.00 h. na entrada da facultade e realización da fotografía de grupo de mulleres estudantes e traballadoras do centro para o ÁlbumMulleresUSC2023.
- Facultade de Veterinaria: 8 de marzo ás 14.00h na entrada da facultadee realización da fotografía de grupo de mulleres estudantes e traballadoras do centro para o ÁlbumMulleresUSC2023.
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: colocación do manifesto nun lugar destacado a modo de póster xunto a 'Exposición Mulleres Economistas' no andar da planta principal e nas pantallas informativas da Facultade.