Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de actividades
8M na USC

A USC celebra o 8M Día Internacional das Mulleres cun amplo programa de actividades institucionais, culturais e reivindicativas.

  • O Día Internacional das Mulleres, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido polas Nacións Unidas como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

     

    Cartel. 8M_USC

  • Acto institucional

    Data e lugar: mércores, 8 de marzo de 2023, ás 12.30 h no Paraninfo da Universidade.

    Programa:

    • Lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU).
    • Recoñecemento a ARMELA. Rede de investigación en igualdade, dereitos e Estado social pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC.
    • Conferencia: 'Unha radiografía da igualdade na USC: avances e resistencias'. Alba Nogueira, catedrática de Dereito Administrativo da USC e coordinadora da REDE ARMELA
    • Presencial e a través da canle Youtube da USC

    ÁlbumMulleresUSC2023

    Presentación do libro: 'Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872) Facer do século'

    • Autor: Xosé Ramón Veiga Alonso, profesor do Departamento de Historia, Área de Contemporánea da Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo e conferencia sobre Juana de Vega.
    • Data e lugar: 28 de febreiro ás 17.00 horas na  Aula 15 da Facultade de Humanidades.
    • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades.

    Xornada Mulleres na Economía: 'Economía dos coidados'

    • Mesa redonda: 'Economía dos coidados'
    • Relatoras: María Xosé Rodríguez-Galdo, Nélida Lamelas, Eva Aguayo.
    • Data e lugar: 1 de marzo ás 12 horas no Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
    • Obxectivo: dar a coñecer a investigación con perspectiva de xénero no ámbito da Economía, en particular falarase da Economía dos coidados.
    • Dirixida: alumnado, PDI e PAS.
    • Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.

    Sesión de cinema experimental e animación

    • Proxección: 10 curtametraxes realizadas por mulleres entre 1929 e 1979 con obras de Germaine Dulac, Maya Deren, Mary Ellen Bute, Marie Menken, Storm de Hirsch, Gunvor Nelson, Caroline Leaf, Carolee Schneemann, Marjorie Keller e Coleen Fitzgibbon.
    • Data e lugar: 1 de marzo ás 18.00 horas no Salón de actos da Facultade de Filosofía.
    • Dirixida: público en xeral.
    • Presentación: a cargo de Xavier de Donato, decano da Facultade de Filosofía.
    • Organiza: Cineclube Mazarelos e a Facultade de Filosofía.

    Presentación do libro: Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista

    • Editoras: Alba Alonso e Marta Lois, profesoras da área de Ciencia Política e da Administración da USC.
    • Data e lugar: 6 de marzo ás 12.00 h na Casa Europa. (Capacidade limitada).

    Relatorio 'Crebando os grillóns conceptuais do patriarcado en bioloxía'

    • Ciclo de relatorios 8M da AIC
    • Relatora: María Pilar Jiménez Aleixandre, scritora, tradutora, bióloga e docente da USC na Area de Didáctica das Ciencias Experimentais.
    • Data e lugar: 6 de marzo ás 19.30 h. na na Aula 8 da Facultade de Xeografia e Historia.
    • Organiza: Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC).

    Obradoiro 'Tomar a palabra na Academia'

    • Data e lugar: 6 de marzo ás 18.00 h. na Aula 1 da Facultade de Filosofía.
    • Profesora: Guadalupe Jiménez Esquinas, profesora de Antropoloxía.
    • Dirixida: orientada ás alumnas de Filosofía.
    • Organiza: Facultade de Filosofía.

    Chatea cunha astrónoma 2023 - Josefina F. Ling 

    • Data e hora: 7 de marzo entre as 10.00 e as 22.00 h. en liña.
    • Obxectivo: achegar a ciencia actual de man das súas protagonistas femininas, dando así visibilidade á súa presenza e relevancia.
    • Participan: 64 astrofísicas dispoñibles para conversar sobre a súa investigación, a súa experiencia como mulleres científicas, a carreira investigadora ou temas de astronomía xeral.
    • Dirixida: público xeral.
    • Ligazón ao chat: https://tawk.to/chat/63c7b95dc2f1ac1e202e4b13/1gn22o5v5
    • Organiza: Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía.

    Exposición fotográfica permanente 'Mulleres na Psicoloxía': reivindicación do seu espazo histórico

    • Data e lugar: 7 de marzo nos módulos A e B da Facultade de Psicoloxía.
    • Organiza: Facultade de Psicoloxía.

    Exposición 'Por que o 8M?'

    • Datas e lugar: do 7 ao 14 de marzo nos módulos A, B e C da Facultade de Psicoloxía.
    • Organiza: Facultade de Psicoloxía.

    Creación da 'Árbore Violeta'

    • Datas e lugar: 6, 7 e 8 de marzo na entrada da Facultade de Óptica e Optometría.
    • Obxectivo: creación dunha árbore a partir dun tronco central mediante a colocación de círculos violetas a modo de follas que se distribuirán entre as persoas interesadas.
    • Dirixida: todo o persoal da Facultade (PDI, PAS e estudantado) que desexe colaborar na súa creación.
    • Organiza: equipo decanal e comisión de Xénero da Facultade de Óptica e Optometría.

    CO(M)XÉNERO 8 - Videoensaio: cinema menor

    • Datas e lugar: 6 e 7 de marzo na Facultade de Ciencias da Comunicación.
    • Obxectivo: interróganos sobre a liberdade e heteroxeneidade desta práctica vencellada ao cinema feminista dende as súas orixes. 
    • Dirixida: actividade aberta ao público en xeral, e especialmente dirixida a profesionais e persoal investigador no ámbito das ciencias da comunicación, estudantes do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas (a participación no seminario será considerada AF), e estudantes dos graos de Comunicación Audiovisual e Xornalismo.
    • Organiza: Grupo de Estudos Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación.

    Traballo en grupo e debate. 'Discriminación salarial por razón de sexo'

    • Data e lugar: 7 de marzo de 11.00 a 13.00 h e 8 de marzo, de 17.00h a 19. 00 h na Aula 6 da Facultade de Relacións Laborais.
    • Profesora: Eva Álvarez González, profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
    • Obxectivo: resolución en grupo dun suposto práctico onde o alumnado terá que analizar a situación dos traballadores/as, e coa normativa sentenzas dos tribunais tratar de ver se existe discriminación salarial por razón de sexo, e propor medidas e solucións para mellorar a situación. Posteriormente desenvolverase un debate.
    • Dirixido: Alumnado de 4º curso de Relacións Laborais e Recursos Humanos.
    • Organiza: Facultade de Relacións Laborais.

    Acto de entrega de premios. VII Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural

    • Data e lugar: 7 de marzo ás 12.00 h na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE)
    • Relatorio: a cargo da alumna galardonada, Lara Gómez Brandón, describindo o seu TFG do Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.
    • Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE.

    Conferencia: 'Coidando en igualdade: retos laborais da corresponsabilidade no coidado de maiores, enfermos e dependentes'

    • Data e lugar: 7 de marzo  13.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Dereito.
    • Relatora: Yolanda Maneiro Vázquez, profesora titular de Dereito Laboral e da Seguridade Social da USC.
    • Organiza: Facultade de Dereito.

      Clausura da exposición 'A Muller e a Nena na Enxeñaría e na Ciencia'

      • Data e lugar: 8 de marzo no Pavillón 3 da  Escola Politécnica Superior de Enxeñaría.
      • Organiza: Comisión de Igualdade da EPSE.

      Mesa debate 'A muller en I+D+i'

      • Data e lugar: 8 de marzo ás 10.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias de Lugo.
      • Obxectivo: contarase coa asistencia de mulleres implicadas en distintos ámbitos da investigación, desenvolvemento e innovación, que transmitirán a súa visión ao alumando sobre as distintas facetas das mulleres na ciencia, a tecnoloxía e a sociedade.
      • Relatoras: as integrantes da mesa e a moderadora foron convidadas en base á súa traxectoria en I+D+i, e son, na súa maioría, egresadas da Facultade de Ciencias que desenvolveron as súas carreiras en ámbitos claramente relacionados coa súa formación.
      • Dirixida: entrada libre de 10 a 12 horas, alumnado do centro.
      • Organiza: Facultade de Ciencias. Campus de Lugo.

      Teatro. 'As Fillas Bravas de Momán'

      • Grupo Chévere: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.
      • Data e lugar: 8 de marzo ás 13.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.
      • Obxectivo: Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero.
      • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía.

      Foto colectiva polo 8M

      • Data e lugar: 8 de marzo ás 13:00 horas na escaleira da EPSE para o ÁlbumMulleresUSC2023.
      • Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE.

      Relatorio. 'Un mar en feminino. Achega histórica ás actividades das mulleres na economía marítima de Galicia'

      • Relator: José Manuel Vázquez Lijó, profesor da UDC.
      • Data e lugar: 8 de marzo ás 18.00 horas na Sala de Conferencias do Arquivo Histórico.
      • Obxectivo: presentación dos resultados da investigación sobre o traballo no mar das mulleres en Galicia.
      • Organiza: Arquivo Histórico Universitario de Santiago.

      Conferencia: 'Seguindo co problema: de naturezas e maternidades'

      • Relatora: María Xosé Agra Romero, catedrática de Filosofía Moral e Política da USC. Especialista en teoría crítica feminista.
      • Data e lugar: 9 marzo ás 11.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Humanidades.
      • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades.

      Sesión de cine: Pariah

      • Data e lugar: 9 de marzo ás 18.00 h. no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
      • Dirixida: público en xeral.
      • Organiza: Cineclube Mazarelos e a Facultade de Filosofía.

      Charla: 'A(s) memoria(s) das mulleres da colonización (Veiga de Pumar): un proxecto cultural a partir da historia oral'

      • Relatora: Zaida Villanueva García (Alumna master Servizos Culturais).
      • Data e lugar: 10 de marzo ás 13.00 horas na Facultade de Humanidades.
      • Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Humanidades.

      Relatorio ' A vida da investigadora posdoutoral no estranxeiro'

      • Ciclo de relatorios 8M da AIC
      • Relatora: Marta Cimadevila, investigadora posdoutoral no Institut de Génomique Fontionnelle de Montpellier, Francia , doutora en Farmacoloxía pola USC.
      • Data e lugar: 10 de marzo ás 19.00 h. a través de MSTeams. Ligazón
      • Organiza: Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC).

      Cinefórum 'Sufraxistas'

      • Data e lugar: 13 de marzo ás 16.00 h. no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
      • Proxección: 'Sufraxistas' de 2015 dirixido por Sarah Gavron, centrado nas primeiras participantes do movemento británico en favor do sufraxio feminino a finais do S. XIX e principios do XX.
      • Dirixida: público en xeral.
      • Organiza: Facultade de Filosofía.

      Coloquio ao redor da webserie 'Sophias'

      • Data e hora: 14 de marzo ás 18.00 h. no Aula 1 da Facultade de Filosofía.
      • Dirixida: público en xeral.
      • Organiza: Facultade de Filosofía.

      Táboa-debate 'Vai de mulleres, vai do rural'

      • Data e hora: 15 de marzo ás 18.00 h. na Xuntas da Facultade de Veterinaria.
      • Programa: especial de ‘Apaixonad@s pola Veterinaria!’
      • Obxectivo: iniciativa de periodicidade mensual co obxectivo de que expert@s no sector analicen, debatan e aborden xunto con docentes e alumnado do centro cuestións de interese para a profesión.
      • Relatoras: Noelia García Santolalla, Ana María Corredoira, María Veiga Duarte.
      • Organiza: Comisión de Xénero da FAcultade de Veterinaria.

      Mesa redonda 'Mulleres na Academia: barreiras, teitos de cristal e demais elementos a derrubar'

      • Ciclo de relatorios 8M da AIC
      • Relatoras: Eva Aguayo, profesora contratada doutora na Área de Economía Cuantitativa da USC; María José Rodríguez, profesora emérita da Área de Historia e Institucións Económicas da USC e Olalla López, bióloga e doutora en Antropoloxía Física pola Universidade de Granada.
      • Data e lugar: 15 de marzo ás 19.30 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
      • Organiza: Asociación Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC).

      'Trivial feminista'

      • Data e lugar: 16 de marzo ás 18.00 h. na Aula 1 da Facultade de Filosofía.
      • Obxectivo: actividade lúdico-formativa ao redor dos feminismos.
      • Dirixida: orientada de maneira prioritaria ao alumnado de filosofía.
      • Coordina: Guadalupe Jiménez-Esquinas, profesora de Antropoloxía da USC.
      • Inscrición: Formulario de inscrición
      • Organiza: Facultade de Filosofía.

      Relatorio 'Acoso sexual, por razón de sexo, orientacion sexual e identidades de xénero: prevención, deteccion e ferramentas de actuación'

      • Data e lugar: 23 de marzo ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía
      • Relatora: Milena Villar Varela, profesora da área de Didáctica e Organización Escolar da USC.
      • Organiza: Facultade de Filosofía.

      Exposición 'Mulleres economistas'. Incorporación de Susan Strange

      • Data e lugar: marzo no andar da planta principal da Facultade.
      • Obxectivo: incorporación de novas figuras de mulleres que fixeron a súa contribución no ámbito da Economía e da Empresa.
      • Organiza: Facultade de Ciencias  Económicas e Empresariais.   

      Lecturas do manifesto 8M -RUIGEU

      • Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE): 8 de marzo ás 10.00 h. no Salón de Actos da ETSE.
      • Facultade de Ciencias: 8 de marzo ás 10.00 h. no Salón de Actos do facultade.
      • Facultade de Medicina e Odontoloxía: 8 de marzo ás 11.15 h. no Salón de Actos e na escalinata da facultade ás  11.30 h. realización de fotografías para ÁlbumMulleresUSC2023.
      • Facultade de Psicoloxía: 8 de marzo ás 12.00 h. e foto conmemorativa na entrada principal Módulo A da facultade.
      • Facultade de Química: 8 de marzo as 12.00 h. na porta da facultade e gravación do vídeo da lectura e difusión a través do canal de YouTube.
      • Facultade de Relacións Laborais: 8 de marzo ás 12.00 h. na entrada do centro e realización da fotografía para o ÁlbumMulleresUSC2023.
      • Facultade de Filoloxía: 8 de marzo  ás 12.50 h. na entrada da facultade.
      • Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE): 8 de marzo ás 13:00 horas na escaleira da EPSE e foto colectiva para o ÁlbumMulleresUSC2023.
      • Facultade de Bioloxía: 8 de marzo ás 13.00 h. na entrada da facultade e realización da fotografía de grupo de mulleres estudantes e traballadoras do centro para o ÁlbumMulleresUSC2023.
      • Facultade de Veterinaria: 8 de marzo ás 14.00h na entrada da facultadee realización da fotografía de grupo de mulleres estudantes e traballadoras do centro para o ÁlbumMulleresUSC2023. 
      • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais: colocación do manifesto nun lugar destacado a modo de póster xunto a 'Exposición Mulleres Economistas' no andar da planta principal e nas pantallas informativas da Facultade.
    Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2023.