Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Programa de actividades
Día Internacional das mulleres e as nenas na ciencia

Para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, promóvese un programa de actividades de sensibilización na USC

  • Actividades relacionadas co 11F

    Unha enxeñeira ou científica en cada cole. 10ª edición

    • Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de obradoiros.
    • Dirixido: alumnado de 4.º Primaria.
    • Data: ao longo dos meses de febreiro e marzo.
    • Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago. 
    • Máis informaciónUnha enxeñeira ou científica en cada cole

    Xornada de portas abertas no Instituto de Materiais da USC (iMATUS) 

    • Obxectivo:  presentar algúns experimentos sinxelos relacionados coas liñas nas que está a traballar o seu persoal investigador.
    • Dirixido: todo o público. haberá tres sesións dunha duración aproximada de 1 hora -ás 16.00, 17.00 e 18.00 horas- para as que é preciso solicitar cita previa no correo imatus.info@usc.es (antes do día 10 de febreiro ás 14.00 horas) indicando nomes e preferencia horaria, de habela. A asignación de prazas farase por estrito orde de solicitude.
    • Data: 11 de febreiro de 2025.
    • Organiza: Instituto de Materiais da USC (iMATUS).
    • Máis información: https://imatus.usc.es/events/imatus-abre-sus-puertas-a-la-ciencia-para-celebrar-el-dia-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/

    Masterclass de Física de Partículas do IGFAE 

    • Obxectivo:  achegar a física ás estudantes preuniversitarias galegas, coñecendo de cerca o traballo realizado polo IGFAE e tomando contacto con esta disciplina.
    • Dirixido:  alumnas de 1º bacharelato de centros educativos de toda Galicia.
    • Data: 11 de febreiro de 2025.
    • Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e a Xunta de Galicia.
    • Máis información: Masterclass: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2025

    Protagonistas, as enxeñeiras

    Club de lectura ETSE enxeñaría e xénero

    CientifiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS

    • Obxectivo: encontro entre estudiante de bacharelato e investigadoras do centro para coñecer a  a investigación que realizan as mulleres no CiQUS.
    • Dirixido: estudantado de bacharelato.
    • Data:10 de febreiro de 2025.
    • Organiza: Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares.
    • Máis información:  https://www.usc.gal/gl/xornal/eventos/cientifiqas-ciencia-feita-mulleres-ciqus-0

    Mesa redonda polo Día da Muller e a nena na ciencia

    ULTRA-VIOLETAS  IV - Visibilizando a igualdade: Divulgación e Perspectiva de Xénero

    Obradoiros sobre Ciencia na Infancia organizados polo CiTIUS

    Exposición CIENCIA X MULLERES. Facultade de Bioloxía.

    • Obxectivo: visibilizar o traballo da investigación feito por mulleres da Facultade de Bioloxía.
    • Dirixido:  público en xeral
    • Data: Do 11 ao 28 de febreiro de 2025.
    • Organiza: Facultade de Bioloxía.

     

     

     

     

  • Oficina de Igualdade de Xénero

    OIX. Pavillón de Estudantes. 1.º andar
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.02.2025.