Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Pistas de tenis
Adquisicións de abonos e bonos para práctica libre

Os usuarios e usuarias da Área Deportiva da USC poden adquirir abonos e bonos de práctica libre, previo rexistro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC.

Os abonos e bonos permiten realizar actividades de práctica libre ou reservas de instalacións a un prezo máis reducido.

Ningún abono ou bono será válido despois do 31 de agosto.

  • O abono ou bono é persoal e intransferible.

    1. Os abonos para práctica libre dan dereito a acceder á instalación unha vez ao día por actividade, cando a instalación está aberta, durante un período de tempo determinado.
    2. Os bonos de entradas facilitan un número concreto destas (5 ou 10) e poden utilizarse ata o 31 de agosto no estadio e ata o derradeiro día de xullo no que a piscina permaneza aberta.
    3. Os bonos de reserva de instalación facilitan un número concreto de reservas (10) e dan dereito a dispor das instalacións unha hora por cada reserva. Poden usarse nas pistas de tenis ata o 31 de agosto e en bádminton e tenis de mesa ata o 31 de xullo.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2023.