Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Para acceder á prestación dun servizo de calquera dos apartados da oferta deportiva da USC: actividade dirixida, práctica libre, competición universitaria, Sección Deportiva USC e outras para as que así se estableza, é necesario, en primeiro lugar, rexistrarse como usuario/a da Área Deportiva da USC. Este rexistro faise de maneira gratuíta e por unha soa vez xa que ten carácter indefinido.
Sen este rexistro soamente se pode acceder de maneira esporádica a algun­has ins­tala­cións mediante o pago dunha entrada

Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI)

O sistema de control de acceso ás instalacións deportivas da USC realízase mediante a presentación da TUI.

  • A comunidade universitaria da USC utilizará a súa TUI virtual  ou física.
  • As persoas externas á USC que non dispoñan de TUI física propia deberán utilizar o código QR da súa conta de usuario.

Regulamento

  • Todas as persoas usuarias rexistradas na Área Deportiva da USC que accedan ás instalacións deportivas da USC deberán dispor dunha TUI propia e presentarana sempre en cada acceso.
  • O persoal da Área Deportiva da USC pode requirir, en caso de dúbida, a pre­sentación doutro documento de identificación (DNI, NIE, Pasaporte ou Carné de Conducir).
  • O uso da TUI é persoal e intransferible. A ce­sión a outra persoa e o uso dunha tarxeta allea implicará a baixa da/s persoa/s usua­ria/s na Área Deportiva da USC sen dereito a ningunha devolución, ademais doutras responsabilidades nas que se poida incorrer polo seu uso fraudulento.
  • Categorías

    Categoría A

    • Comunidade universitaria da USC(1), segundo o Título I dos Estatutos
    • Parella e fillas/os de persoal da USC(2)
    • Persoal xubilado da USC

    Categoría B

    • Ex-alumnado da USC, cun mínimo de 3 anos cursados e por un máximo de 4 cursos depor­tivos consecutivos desde a adquisición da categoría
    • Viúvas/os e orfas/os(2) de persoal da USC
    • Outros convenios vinculantes
    • Responsabilidade Social:
      • Diversidade funcional
      • Violencia de xénero
      • Situación legal de desemprego
      • Menores de 18 anos

    Categoría C

    • Xeral

    Unha vez rexistrada, á persoa usuaria asignaráselle, au­tomaticamente cada curso deportivo, unha categoría a efectos de tari­fas e de dereitos de acceso á prestación dos distintos servizos da oferta de­portiva, en función da situación que acredite nese momento; se considera que pertence a un colectivo incluído noutra categoría poderá modificala achegando, de ser ne­cesario, a documentación xustificativa. Máis información entrando na seguinte ligazón.

    ...

    (1) Inclúense nesta categoría os convenios ou acordos vixentes que establezan  unha equiparación á comunidade universitaria.

    (2) Categoría A: soamente as/os fillas/os a cargo menores de 25 anos e a partir dos 25 anos baixo tutela familiar poderán acollerse ao convenio ou acordo en vi­gor. No caso dos menores de idade inclúense tamén as situacións de aco­llemento familiar permanente ou preadoptivo.

    Categoría B: poderán acollerse as/os orfas/os de 18 a 24 anos e a partir dos 25 anos baixo tutela familiar.

  • O rexistro de menores de idade ou de outras persoas con tutela legal o realizará un só dos proxenitores ou dos titores legais, que primeiro terá que rexistrarse como persoa usuaria (ver o procedemento descrito máis arriba). Unha vez iniciada sesión na súa conta, desde o apartado Usuarios/as tutelados, ao final da páxina, e a través do botón + Novo, seguirá as indicacións que aparecerán nas sucesivas páxinas ata completar o rexistro.

    Nota: unha vez feito o rexistro de menores ou tutelados a solicitude de calquera dos servizos deportivos para eles realizarase desde a conta de usuario do/da pai/nai ou titor/a que o ten asociado na súa conta, seleccionado o servizo desexado e, na seguinte páxina, despregando no campo Usuario/a a listaxe de usuarios incluídos nesa conta, o que lle permitirá escoller o nome da persoa para a que se solicita ese servizo.

    1. Facilitar os datos persoais en atención ao público (de 09 a 14 h).
    2. Asinar o impreso que se lle entregará. No caso de menores de idade e outras persoas tuteladas asi­nará o/a pai/nai ou titor/a legal.

    Documentos a presentar nas oficinas da Área Deportiva da USC

    Documento de identificación: DNI, NIE, Pasaporte, Carné de Conducir ou Libro de Familia.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.09.2024.