Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Imaxe dun partido de Liga Universitaria
Información de referencia

Para poder participar nas Ligas Universitarias, organizadas pola Área Deportiva da USC, todas as persoas que formen parte dos equipos deberán ser alumnado, PDI ou PAS da USC, e dispor dun seguro que poida cubrir un posible accidente deportivo (consultar o apartado "Seguros e protocolo en caso de accidente deportivo").

  • 1. Modalidades deportivas

    • Baloncesto masculino e feminino (Santiago de Compostela). Baloncesto* (Lugo).
    • Fútbol 7 masculino e feminino (Santiago de Compostela). Fútbol 7* (Lugo).
    • Fútbol sala masculino e feminino (Santiago de Compostela). Fútbol sala* (Lugo).
    • Voleibol mixto.

    *non hai limitación de xénero na composición dos equipos.

    2. Especificidades por Campus

    • Os partidos xogaranse de luns a xoves en horario lectivo.
    • Non hai horarios de preferencia.

    2.1. Campus de Lugo

    Os partidos xogaranse os martes e os xoves en horario de mañá (de 9 a 14 horas).

    Os partidos de baloncesto, balonmán, fútbol sala e voleibol, no Polideportivo de O Palomar e os de fútbol 7 no Campo da Cheda ou nos campos de As Gándaras.

    En principio non hai límite de inscrición de equipos.

    2.2. Campus de Santiago de Compostela 

    Límite de inscrición de equipos:

    • 12 en Balonmán 5 e Voleibol.
    • 36 en Baloncesto e Fútbol sala.
    • 60 en Fútbol 7.

    Non hai elección nin preferencias de horarios por parte dos equipos e con toda probabilidade os partidos se desenvolverán nas seguintes franxas horarias:

    • Balonmán 5: luns de 15:00 a 18:00 h.
    • Voleibol Mixto: martes e xoves de 12:00 a 18:00 h.
    • Baloncesto: martes de 12:30 a 17:30 h.
    • Fútbol sala: luns, martes, mércores e xoves de 12:00 a 18:00 h.
    • Fútbol 7: luns e mércores de 13:00 a 21:00 h e martes e xoves de 13:00 a 17:00 h.

    Nota: A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de facer calquera modificación nos calendarios das Ligas Universitarias debido a imprevistos ou a outras circunstancias.

    Instalacións: 

    • Liga de Fútbol 7: Campo Polideportivo da USC (herba artificial).
    • Liga de Baloncesto e Voleibol Mixto: Polideportivo da USC.
    • Liga de Fútbol Sala: Polideportivo da USC e Pista Exterior de cemento (Sita na Praza Rguez. Cadarso).

    3. Competición

    • Os equipos deberán estar dispostos para pasar o control arbitral 15 minutos antes da hora do partido, non admitíndose atraso, agás o que se poida producir por estarse a xogar aínda outro encontro da competición.
    • O tempo total dos partidos será de 40' (2 tempos de 20').
    • A única persoa que se pode dirixir ao árbitro é a capitá/o capitán do equipo.                            
    • Os equipos deberán ter unha equipaxe de seu, da mesma cor e numerada.
    • Non se poderá inscribir nas actas ningún xogador/a que non estea na relación de xogadores. No caso de irregularidade dun xogador/a o seu equipo será sancionado coa descualificación da competición.
    • Os calendarios e resultados da Competición iranse publicando na aplicación da Área Deportiva da USC.
    • O equipo que non se presente a un encontro será sancionado coa cantidade equivalente ao custo da arbitraxe e no caso de desempate pasará ao último lugar de entre os equipos empatados.
    • No caso dun segundo partido non presentado o equipo será eliminado da Liga Universitaria.
    • En voleibol mixto é obrigatorio estar en pista 3 homes e 3 mulleres. Os cambios son entre mulleres e os homes entre homes.
    • Inscrición mínima e máxima de xogadores nun equipo:
      • Baloncesto, Balonmán e fútbol sala: 5 e 12.
      • Voleibol Mixto: 6 e 12.
      • Fútbol 7: 7 e 14.
    • Para que un equipo se considere presentado deberá ter no campo, xa preparados para xogar, como mínimo os seguintes xogadores:                         
      • Fútbol 7 e Voleibol Mixto: 6.
      • Balonmán, Baloncesto, e Fútbol sala: 4.

    Sistema de competición

    • O sistema de competición dependerá do número total de equipos inscritos en cada liga.
    • Cada división estará formada por 2 grupos (faranse de maneira aleatoria), tendo en conta a listaxe de agarda do curso anterior (consultar a ligazón nesta mesma páxina "Reservas de praza").
    • Cada grupo xogará unha liga a unha volta na 1ª Fase, de outubro a decembro de 2024.
    • Na 2ª Fase, de febreiro a marzo de 2025, os mellores dos grupos da fase anterior formarán un grupo para o Play Off de Ascenso ou o Título e o resto de equipos de cada grupo xogará outra liga para o Play Off de Descenso. Desta maneira os equipos de cada grupo terán un nivel similar onde todos terán mínimo un obxectivo polo que loitar e polo tanto haberá unha maior motivación.
    • Despois desta 2ª Fase xogaranse os Play Off de Ascenso e Descenso.
    • Ao finalizar a liga organizarase un torneo de copa, no que terán cabida equipos de todas as divisións e grupos e na que se terá en conta a clasificación obtida para poder participar xa que as prazas serán limitadas.

    Importante

    A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de facer calquera modificación na organización das Ligas Universitarias debido a imprevistos ou a outras circunstancias.

  • Inscricións

    Equipos

    1. Prazo: do 9 ao 22 de setembro.
    2. Taxa: 44 € a pagar por equipo. As residencias universitarias e a Asociación de Intercambio de Estudantes de Santiago de Compostela, de facerse cargo do pago das inscricións dos seus equipos e antes de realizar calquera outro trámite, deberán poñerse en contacto coa Área Deportiva da USC (ver ao final o apartado sobre "Problemas coas inscricións") para indicarlles o procedemento específico a seguir nestes casos.
    3. Responsable da tramitación en liña da inscrición do equipo: a capitá/o capitán.
      1. Procedemento:
        1. Escoller a Modalidade Deportiva e o Campus durante o proceso.
        2. Inscribir o equipo, tendo en conta que
          1. se é a primeira vez que se inscribe o equipo a inscrición farase na última división do deporte correspondente,
          2. se o equipo participou nas ligas USC do curso pasado no Campus de Santiago de Compostela deberá consultar nesta mesma páxina na ligazón "Reservas de praza" a división que lle corresponde e conservar o nome do equipo da liga pasada  (xogado o 1º partido poderá solicitar o cambio de nome),
          3. o nome do equipo terá como máximo 20 díxitos e non poderá resultar ofensivo ou inapropiado.
        3. Enviar unha invitación ao correo-e dos demais compoñentes do equipo cunha ligazón para que se inscriban directamente.

    Xogadores

    • Prazo: do 11 de setembro ata o 31 de de xaneiro.
    • Inscrición: recibida a invitación da capitá/do capitán xa se poderá realizar a inscrición. É posible aceptar ata dúas invitacións se son para modalidades deportivas diferentes.
    • Foto: subir unha fotografía dixital tamaño carné, con fondo branco e co equipamento do equipo, antes do 15 de outubro para poder ter acceso ás instalacións deportivas e para que os árbitros poidan verificar a identidade dos participantes.
      • Foto de equipo: farase pública na relación destes e na clasificación. Para que a foto persoal, o nome e os apelidos poidan aparecer nela resulta imprescindible aceptar o consentimento expreso.
    • Bolsa de xogadores:
      • Todos os xogadores que non teñan equipo e queiran participar nas Ligas Universitarias deberán apuntarse nesta bolsa de xogadores. Será o/a xogador/a, por propia iniciativa, quen se inscriba nela.

    Problemas coas inscricións

  • Réxime xeral

    De ámbito universal

    1. Faltas ao respecto e incumprimento das indicacións dadas pola persoa encargada de organizar as Ligas Universitarias e polo persoal das instalacións deportivas tanto da USC coma doutros organismos onde se desenvolvan as ligas da USC.
    2. Fumar, beber alcohol e entrar envases de vidro nas instalacións deportivas da USC ou en instalacións alleas onde se celebren encontros das ligas da USC.
      • Sanción:
        • Expulsión inmediata da instalación deportiva da persoa infractora.
        • Se é xogador/a das ligas: expulsión definitiva das ligas da USC.          
        • Se esta actitude é por parte de membros dun equipo: expulsión definitiva do equipo das ligas da USC.

    Obxectos perigosos

    1. Os xogadores non poden levar obxectos perigosos e queda prohibido todo tipo de complementos (xoias, colares, aneis, pulseiras, reloxos, brincos, gomas, etc.), estando obrigados a retiralos ou a cubrilos con fita illante ou esparadrapo.
      • Sanción: o/a xogador/a que incumpra esta regra non poderá xogar.

    Equipaxe

    1. Non estar correctamente equipados como equipo.
      • Sanción: o equipo non poderá xogar e daráselle o partido por perdido.
      • Reincidencia: o equipo será expulsado definitivamente da competición.

    Faltas cometidas polos xogadores e capitá/capitán

    Falta moi grave

    • Toda agresión física a calquera persoa dentro do recinto deportivo.
      • Sanción: expulsión definitiva do infractor da competición.

    Falta grave

    • Ameazar, coaccionar, insultar, ofender ou realizar actos aldraxantes ou vexatorios de palabra ou de obra contra calquera persoa dentro do recinto deportivo.
    • "Intento de agresión" ou "agresión non consumada" contra calquera persoa dentro do recinto deportivo.
    • Emprego de métodos ou procedementos violentos durante o xogo.
      • Sanción: 4 partidos de suspensión para o infractor.
      • Reincidencia: expulsión definitiva do infractor da competición.

    Falta leve

    • Protestar de xeito reiterado as decisións arbitrais.
    • Adoptar unha actitude pasiva ou neglixente no cumprimento das instrucións arbitrais ou desobedecer as súas ordes.
    • Dirixirse a calquera persoa dentro do recinto deportivo con expresións de menosprezo ou cometer actos de desconsideración cara a elas.
    • Empregar, no transcurso do xogo, medios ou procedementos violentos que intenten atentar ou atenten de xeito non consumado contra a integridade doutros xogadores.
    • Provocar ou incitar ao público en contra da correcta marcha do partido.
    • Expresarse de xeito atentatorio contra o decoro debido ao público ou ofender a algún espectador con palabras ou xestos.
      • Sanción: 2 partidos de suspensión para o infractor.
      • Reincidencia: 4 partidos de suspensión para o infractor ou expulsión definitiva deste da competición (en función da gravidade).

    Faltas cometidas polos equipos

    Falta moi grave

    • Intervención en feitos conducentes á obtención dun "resultado predeterminado" nun partido.
    • Retirada dun equipo do campo de xogo unha vez iniciado o partido.
    • Actitude incorrecta do equipo durante un partido.
    • O quebrantamento das sancións impostas polo Comité de Competición.
    • Faltas de consideración por parte do equipo cara ao conxunto arbitral, aínda que este non poida saber a identidade dos infractores.
      • Sanción: exclusión definitiva da competición.
    • Falsidade de datos fundamentais e/ou Aliñación indebida.
      • Sanción: perda do partido + perda de 4 puntos na clasificación.
      • Reincidencia: exclusión definitiva da competición.

    Falta grave

    • Conduta antideportiva dos seus xogadores.
    • Incumprimento das ordes e instrucións dadas pola organización das ligas.
      • Sanción: perda do partido.
      • Reincidencia: perda do partido + perda de 4 puntos na clasificación.

    Falta leve

    • As que determine no seu momento o Comité de Competición no exercicio das súas competencias.
      • Sanción: apercibimento.
      • Reincidencia: considerarase como falta grave.

    Faltas cometidas polo equipo arbitral

    Falta moi grave

    • Todo tipo de agresión física ou verbal a calquera persoa dentro do recinto deportivo.
    • Parcialidade probada cara a un dos equipos.
    • Redacción, alteración ou manipulación da acta dun partido de maneira que as súas anotacións non se correspondan co acontecido no partido.
    • Información maliciosa e falsa.
      • Sanción: expulsión definitiva das ligas da USC.

    Falta grave

    • Incumprimento das súas obrigas como parte do equipo arbitral.
      • Sanción: apercibimento ou inhabilitación, segundo a gravidade.

    Procedemento de sancións

    O Comité de Competición

    1. É o único organismo competente para emitir unha resolución por todas as faltas e incidencias ocorridas no ámbito das Ligas Universitarias.
    2. Estará composto por 5 membros:  
      1. Presidencia: Dirección da Área Deportiva ou persoa na quen delegue.
      2. Secretaría: persoal técnico da Área Deportiva que coordine as Ligas Universitarias.
      3. Vocais:
        1. 2 representantes das Ligas Universitarias (terán que participar nelas e ser escollidos por votación ao comezo de cada curso).
        2. 1 representante dos árbitros, que represente ao colectivo arbitral do deporte en cuestión e que será designado por dito colectivo.
    3. Para tomar ás súas decisións terá en conta:
      • A acta do partido.
      • Informe adicional do equipo arbitral.
      • Informe das/dos capitás/capitáns ou persoas interesadas.
      • Calquera outro testemuño que considere válido.
    4. Os informes ou probas deberán presentarse nun máximo de 72 horas despois do partido.
    5. Reunirase, transcorrido o prazo anterior,  para estudar toda a documentación relativa ao caso, notificándolles a todos os interesados, na maior brevidade, a resolución adoptada.
    6. As súas resolucións resultan inapelables e poñen fin aos expedientes deportivos.
    7. Resolverá, así mesmo, toda falta ou cuestión non contemplada neste regulamento.
  • Do 6 ao 24 de setembro de 2024, a Área Deportiva da USC abre un prazo para conseguir árbitros dentro da comunidade universitaria (alumnos/as e ex-alumnos/as) que dirixan as Ligas Universitarias.

    A Área Deportiva habilita como árbitro das Ligas Universitarias seguindo os seguintes criterios:

    • por titulación arbitral federativa,
    • por demostrada experiencia nesa modalidade deportiva.

    Todos os árbitros das Ligas Universitarias teñen que informarse e completar unha ficha cos seus datos persoais, na Área Deportiva da USC.

    Esta ficha é imprescindible para poder abonar la gratificación por cada partido, nela deberán figurar os seguintes datos:

    • Modalidade deportiva que vai arbitrar.
    • Datos persoais.
    • 1 fotografía.
    • Correo electrónico.
    • Teléfono de contacto.
    • Certificado da conta bancaria.
    • Fotocopia do DNI.

    Todos os árbitros deben adquirir un compromiso coa Área Deportiva para que esta actividade transcorra correctamente, dando exemplo de rectitude e puntualidade.

    Reunión Informativa sobre arbitraxe e Ligas Universitarias 

    Mércores, 18 de setembro de 2024, ás 11:30 horas.

    • Campus de Santiago de Compostela: sala de xadrez. Edificio Piscina Universitaria.
    • Campus de Lugo: oficina da Área Deportiva do Campus de Lugo.

    Puntos a tratar:

    • Explicación do funcionamento das Ligas Universitarias.
    • Como rexistrar o resultado do partido na aplicación de deportes.
    • Reunións e avaliacións periódicas.
    • Horarios e calendarios.
    • Regulamentos de cada modalidade deportiva e particularidades das ligas da USC.
    • Rogos e preguntas.
  • 1. Persoas con Seguro Escolar (Estudantado)

    Considerase accidente escolar toda lesión corporal que sufra o asegurado con ocasión de actividades directa ou indirectamente relacionadas coa súa condición de estudante, incluídas as deportivas, asembleas, viaxes de estudos, de prácticas, de "fin de carreira" e similares, sempre que estas actividades fosen organizadas polos centros de ensino.

    A) En caso de precisar atención hospitalaria

    A persoa lesionada ten que dirixirse a

    • Campus de Compostela: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Rúa da Choupana s/n.
    • Campus de Lugo:
      • Hospital Virxe dos Ollos Grandes, Rúa Montevideo, n.º 23.
      • Polusa (Policlínico Lucense). Rúa Dr. Iglesias Otero, s/n.

    B) Despois da atención no hospital a persoa lesionada deberá

    • I. Recoller o parte médico no propio hospital.
    • II. Cubrir o modelo SE1.
    • III. Co modelo SE1 o interesado/a irá ás oficinas da Área Deportiva da USC onde lle cumprimentarán o punto 7.
    • IV. Unha vez cumprimentado o punto 7, o accidentado/a levará á Oficina da Seguridade Social a seguinte documentación:   
      • Parte médico.
      • Modelo SE1 (orixinal e copia para o interesado).
      • DNI (orixinal e en vigor).
      • Resgardo do Impreso da Matrícula (onde conste a facultade, curso, materias e pago da cota do Seguro Escolar).

    C) Cobertura do Seguro Escolar

    2. Persoas sen seguro escolar

    A) En caso de precisar atención hospitalaria

    A persoa lesionada debe dirixirse ao centro de referencia do seu respectivo seguro (Seguridade Social, MUFACE, Seguro Deportivo Federado...).

    3. Enderezos e teléfonos de interese

    A) Campus de Santiago de Compostela

    Oficina da Seguridade Social

    • Rúa Carlos Briones Varela, s/n (Esq. Galeras). 15705.
    • Teléfono: 981 553 150 - 981 553 155.

    Oficina da Área Deportiva da USC

    • Piscina Universitaria 1º andar. 15782 Campus Sur.
    • Teléfono: 881 815 077.

    B) Campus de Lugo

    Oficina da Seguridade Social

    • Rúa Músico Xosé Castiñeira, n.º 26. C.P. 27002.
    • Teléfono: 982 293 300.

    Oficina da Área Deportiva da USC

    • Biblioteca Intercentros. C.P. 27002.
    • Teléfono: 982 823 584.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.09.2024.