Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Contacto

Enderezo
Rúa do Franco, s/n, 15782
Santiago de Compostela

Salas e claustro do Colexio de Fonseca

  • O Salón Artesoado é unha sala rectangular de 142 metros cadrados co teito e o chan de madeira, as paredes están cubertas por paneis de DM ata os 4 metros de altura.

    A Capela ten unha superficie de 87 metros cadrados e todos os seus paramentos son de pedra cuberta ata os 3 metros de altura e en todo o seu perímetro por paneis de DM.

    A Sancristía é un pequeno espazo anexo á capela, de 25 metros cadrados panelado con DM ata os 3 metros de altura. Conta con cámaras de videovixiancia con conexión 24 horas e coas medidas básicas contra incendios e intrusión. O seu uso máis habitual é como zona de proxección.

    O Claustro Alto é un espazo expositivo que aproveita a circunvalación do claustro alto de Fonseca que dispón de 62 metros lineais de paneis de 1,20 metros de altura para fixar elementos expositivos. O corredor ten unha anchura de 3,10 metros.

    O uso habitual destes espazos é como salas de exposicións temporais.

    Todas dispoñen de

    • Instalación de protección contra intrusión
    • Instalación de protección contra incendios
    • Instalación de cámaras de videovixiancia con conexión 24 horas coa central receptora de alarmas
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2024.