Ir o contido principal
A XXVIII edición do Festival Internacional de Teatro Universitario celébrase en abril de 2024
Imaxe do cartel

O XXVIII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC abre en Compostela do 6 ao 9 de febreiro unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas polas compañías de teatro universitario das contornas galega, estatal e europea. Ademais da Aula de Teatro da USC, tanto de Santiago como de Lugo, nesta edición participan as escolas de teatro da Universidade de Murcia e da Universidade da Beira Interior de Portugal.

Todas as representacións desenvolveranse no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 21.00 horas e a entrada é de balde previo paso pola billeteira, que abrirá cada día ás 19.00 horas. Despois de cada función, haberá un encontro coas compañías no ambigú do teatro para falar sobre o proceso de creación das pezas.

Funcións
A Aula de Teatro da USC de Santiago abre esta edición do festival o martes 6 de febreiro coa estrea de Antropoloxía do bico (A síndrome do túnel carpiano), unha peza en lingua galega de 40 minutos de duración.

O mércores 7 é a quenda para a Aula de Teatro da USC do Campus de Lugo coa representación Eréndira é aríndere, unha creación de Andrea González inspirada en textos de Gabriel García Márquez e Mabel Lozano. A peza, en lingua galega, ten unha duración de 52 minutos.

Margarita con coco, de Edward Allan Baker, é a obra coa que a escola de teatro da Universidade de Murcia intervén no festival o xoves 8. A peza, de 40 minutos de duración, desenvólvese en lingua castelá.

O venres 9 a escola de teatro da Universidade da Beira Interior de Portugal, TeatrUBI, pecha o festival coa representación de Cuspir o coração, unha creación de Rui Pires en lingua portuguesa, de 45 minutos de duración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2024.