Unha nova edición, a vinte e tres, desta cita anual organizada desde o Espazo de Danza da USC, na que se presentan as producións de danza de diferentes compañías de danza universitarias convidadas
O Encontro de Danza concíbese como un espazo de residencia e de traballo para os artistas participantes.
Un dos obxectivos importantes nestas xornadas de danza é o de achegar a danza universitaria á nosa cidade, saíndo ao encontro do espectador e favorecendo actividades comúns a este colectivo artístico.
As actuacións correrán a cargo de Universidades galegas, coa especial participación da compañía da USC.
Nesta ocasión, as compañías convidadas, que acompañarán á compañía de danza da USC, son a Aula de Danza do campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Aula de danza da Universidade da Coruña.
As representacións son no Teatro Principal os días 8 e 9 de abril de 2025, ás 20:30 horas.