Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Curso de voz e movemento. Campus de Lugo.

  • O noso son nace do movemento e da conexión de moitas partes, non só do sistema vogal, senón tamén doutros sistemas, como o sistema motor, responsable do movemento, ou do sistema límbico, responsable das emocións.

    Neste curso exploraremos a voz en movemento para observar e reaprender a organizalas e desenvolver todo o seu potencial como ferramenta de autocoñecemento e expresión (xa sexa desde unha perspectiva artística ou doutros contextos), tanto a nivel individual como grupal. 

    Profesorado:  Iría Estévez e Rosa Acuña

    Duración: do 3-10-2024 ao 27-02-2025 (30 horas)

    Horario: os xoves, de 19:05 a 20:30h

    Lugar: na Aula de Teatro e Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)

    Prezo: membros da comunidade universitaria 110 euros / taxa xeral 150 euros

    Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20.

    Recoñecemento de créditos ECTS:

    Curso recoñecido con 1 crédito ECTS (todas as titulacións de grao da USC)

    Matrícula:

    O prazo de matrícula está aberto do 16 ao 30 de setembro de 2024.

    MATRÍCULA

  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2024.