Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

O taller de iniciación á fotografía consta de 4 sesións e será impartido pola Asociación fotográfica Maruja Roca. 

Para realizar o curso é recomendable unha cámara fotográfica que permita ser usada en modo manual. Tamén se pode realizar o curso empregando un smartphone con aplicación que permita controlar os parámetros fotográficos.

  • Contido:

    O taller desenvolverase en 4 sesións:

    • 8 de novembro: de 17:00h a 20:00h, na Casa do Saber

    Tipos de cámaras -Tipos de arquivos dixitais: RAW, JPG, TIF. -Tipos de lentes fotográficas: fixos, zooms, angulares, normais e teleobxectivos -Tipos de enfoque: Manual, simple e continuo -Profundidade de campo -Modo de prioridade á apertura.

    • 15 de novembro: de 17:00h a 20:00h, na Casa do Saber

    Modos de medición da luz e histograma -Velocidade de obturación -Modo de prioridade á velocidade -Sensibilidade/ISO -Balance de Brancos e temperatura de Cor

    • 22 de novembro: de 17:00h a 20:00h, na Casa do Saber

    Triángulo de exposición -Modo Manual -Manipulación básica de arquivos RAW -Conceptos fotográficos vinculados coa técnica en relación a grandes fotografías da historia

    • 29 de novembro: de 17:00h a 20:00h

    Saída fotográfica

    Profesorado:

    Adra Pallón, Xabier Bruña, Alberto García e Javier Lanseros

  • Prezos

    • Taxa xeral: 100 euros
    • Taxa comunidade universitaria e membros da Asociación: 60 euros

    Para poder aboar as taxas é preciso realizar unha transferencia bancaria ao nº de conta ES54 2080 0300 84 3110000482, indicando: 

    • Pagador/a da transferencia: Indicar o nome e apelidos
    • Concepto do pagamento: Taller de iniciación á fotografía
    • Beneficiaria: Vicerreitoría de Estudantes e Cultura

    Inscrición

    Inscrición do 1 de outubro ao 5 de novembro de 2024. Para formalizar a matrícula do curso, a maiores de cubrir o formulario de inscrición, cómpre remitir un correo-e a cultura.lugo@usc.gal coa seguinte documentación:

    • Copia do xustificante da transferencia bancaria polo importe da taxa correspondente
    • Copia do DNI
  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2024.