Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Taller de arte dramática. Campus de Lugo.

  • Taller de teatro físico, creación colectiva baixo dirección,  adestramento mediante os View Points.

    Imparte: Andrea González

    Datas: do mércores 2 de outubro ao mércores 18 de decembro.

    Horario: os luns e mércores, de 19:30 a 21:30h

    A quén vai dirixido: a todas as persoas interesadas na práctica da arte dramática.

    Lugar onde se realiza o curso: na Aula de Teatro da Facultade de Veterinaria

    Recoñecemento de créditos: 2 créditos ECTS (todas as titulacións de grao da USC)

    Prezo: 

    • Membros da comunidade universitaria 60 euros
    • Taxa xeral 120 euros

    Material necesario para acudir a sesión: Roupa deportiva negra e botella de auga

    A quen se poden dirixir en caso de dúbidas: cultura.lugo@usc.gal

    Matrícula

    O prazo de matrícula está aberto do 16 ao 30 de setembro de 2024.

    MATRÍCULA
     

  • Outubro:

    Do corpo cotián ao corpo escénico. Do xeral ao particular.

    • Conciencia corporal equilibrio interno/externo. Romper automatismos da vida cotiá
    • A diana (Donellan)
    • A mirada
    • A partitura física. Os esforzos de Laban e o principio de oposición de Eugenio Barba

    Novembro:

    Do actor ao personaxe. O verbo nace do silencio, o movemento nace da inmobilidade.

    • Introdución os View Points. Os puntos de vista escénicos (Anne Bogart): Técnica para o adestramento de actores e a creación escénica.
    • Método das accións físicas (Stanislavski)
    • A acción física como eixe (Stella Adler)
    • Acción/reacción. Exercicio de repetición (Meisner)
    • O adestramento do actor dende o Suzuki
    • Acercamento a Danza Buto
    • Iniciación a Performance (Diana Taylor e Marina Abramović)
    • Creación colectiva baixo dirección dunha videocreación que será presentado a concurso

    Decembro:

    O texto como punto de partida. A emoción nace da acción.  

    • Improvisación e creación colectiva baixo dirección de escenas e exercicios mediante View Points.
    • Creación colectiva dunha Performance.
  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2024.