Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Asistencia ao programa «Os ollos verdes» de NUMAX con recoñecemento de 1 crédito ECTS.

No ciclo «Os ollos verdes, o cinema inédito de NUMAX» estréanse filmes diferentes, arriscados e anovadores que, por diversos motivos, non tiveron estrea en salas españolas ou contaron cunha exhibición moi reducida.

  • A USC ten un acordo con NUMAX para que o estudantado poida obter 1 crédito ECTS participando no programa «Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX», asistindo a un mínimo de 12 proxeccións no curso e realizando un traballo final. Coa tarxeta do ciclo selada, o acceso ás sesións ten tarifa reducida de 4 €.

    Tamén computa dentro do ciclo a asistencia a retrospectivas para mergullarse na obra de cineastas claves do cinema clásico, moderno ou contemporáneo.

    Máis información en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9 - Bajo): e-mail info@numax.org e teléfono: 981 560 250

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.10.2024.