Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Curso de iniciación ao teatro. Campus de Santiago de Compostela

  • Durante o curso terás unha toma de contacto coas principais ferramentas de traballo dun intérprete: a importancia do corpo, o coidado da voz, cuestións principais de ritmo, escoita en escena…

    Acceso: para acceder a este curso debes presentarte ás probas de acceso que se realizan a comezos de curso académico (días 23, 24 e 25 de setembro de 2024, na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, desde as 18.00h) co fin de coñecer os teus intereses. Non tes que ter ningunha experiencia. 

    Obxectivo deste curso: acoller a todas as persoas interesadas da comunidade universitaria en iniciarse na arte dramática e que non queden fóra de ningunha das outras convocatorias que existen no noso programa (escola de teatro / compañía de teatro).

    Horarios: o curso terá lugar todos os martes lectivos desde o 8 de outubro de 2024 ata o 29 de abril de 2025, de 19.30h a 21.30h

    Lugar de realización: na sala Luísa Cuesta, ubicada no baixo da cafetería da residencia universitaria Burgo das Nacións.

    Imparte: Helena Salgueiro

    Prazas: 12 (de ser necesario crearase un segundo grupo de traballo)

    Matrícula

    Para inscribirte, desde o día 30 de setembro de 2024 manda un correo electrónico a: area.cultura@usc.gal.

    Prezos:

    • Comunidade universitaria: 110 euros (1º prazo: 60 / 2º prazo: 50)*
    • Taxa xeral: 250 euros (1º prazo: 150 / 2º prazo: 100)*

    *1º prazo antes do día 8 de outubro de 2024 / 2º prazo antes do día 20 de xaneiro de 2025

  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio Intercentros
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2024.