
Nada se sabe: artes vivas inclusivas é un programa de 'Faíscas Culturais' que se inclúe dentro da programación da Primavera Cultural.
Tomando como referencia a obra teatral 'Nada se sabe' que constitúe unha proposta integradora e única no contexto teatral galego tanto polo elenco, integrado por dúas actrices e dous actores con diversidade funcional, como polo tema que aborda diversas versións da discapacidade no teatro clásico, deténdose na adaptación moderna e sinxela que asina Manuel Lourenzo a partir de Filoctetes, unha das traxedias de Sófocles. Súmase igualmente a delicada selección musical, a mestura de linguaxes e a súa formulación como un reto á audiencia para nos cuestionar o que entendemos por discapacidade e por integración.
Para a dirección desta proposta, formaron tándem Ignacio García, ex director do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro, experto en pedagoxía teatral e un dos directores de escena máis relevantes a nivel estatal e europeo, e Fran Rei, actor cómico, autor de guións e director teatral, que nos últimos anos vén desenvolvendo con Culturactiva un continuo traballo de integración social a través do teatro.
Nas actividades que se inclusive nesta faísca falarase sobre as artes inclusivas dentro do curriculum educativo en Formación de Profesorado e no grao de Xestión Cultural sobre o deseño de programacións culturais que teñan en conta as artes vivas inclusivas.
As actividades están abertas a toda a comunidade universitaria.
-
-
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura@usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo@usc.es