Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Urbanismo e acceso á vivenda (Encontros de lúa chea)

12.03.2025 | 19.00h
Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

Os 'Encontros de Lúa Chea', un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o mércores 12 de marzo, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro 'Urbanismo e acceso á vivenda'. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio asinado por USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Sobre o encontro

Conseguir que toda a poboación poida acceder a unha vivenda digna é un dos principais desafíos que temos que enfrontar como sociedade. En realidade, o principal: o Barómetro de febreiro de 2025 do CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas) destaca que o 34,1% das persoas entrevistadas mencionaron a vivenda como a súa primeira preocupación.

No apartado que o Informe Anual 2023 do Banco de España lle dedica a este asunto explícao así: desde o ano 2014 a fortaleza da demanda, unida a unha rixidez da oferta, provocou un crecemento sostido dos prezos da compravenda e do aluguer. E claro, ao subiren os prezos o problema concéntrase nos grupos sociais de menor renda: mocidade e persoas inmigrantes.

Terá razón o Banco de España? É só o evidente, un problema de desaxuste entre oferta e demanda? Ou haberá tamén, máis agochados, outros elementos que explican a situación que estamos a vivir? Pero sobre todo, que podemos facer para superala?

E aínda hai máis: o problema de atopar unha vivenda non é só urbano. Cada vez máis traballos académicos sinalan que a dificultade para acceder a unha vivenda nas zonas rurais é un dos elementos que explica a perda de poboación que sofren estes espazos.

Para falar de todas as arestas desta realidade traemos á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría a dúas persoas con experiencia que teñen moito que achegar:

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.03.2025.