Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Final do II Certame de grupos musicais da USC

09.04.2025 | 21.00h

Santiago de Compostela

Final do II Certame de grupos musicais da USC

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O mércores 9 de abril ás 21.00 horas actuarán en directo as tres propostas finalistas da segunda edición do Certame de grupos musicais da USC -cun máximo de 10 minutos cada unha- para que o xurado determine cales obterán o 1º, 2º e 3º premio.

As propostas finalistas desta segunda edición son 'Why not?', 'Ginko Biloba' e 'Aprendiz'.

Este certame ten como finalidade fomentar e darlle visibilidade á actividade artística e creativa orixinal, no ámbito da música moderna, da comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela e especialmente do seu estudantado.

Outorgaranse tres premios dotados de 800, 450 e 250 euros, respectivamente, a grupos que presenten temas de música moderna orixinais e non premiados con anterioridade. Tampouco pode tomar parte nesta convocatoria quen teña editado algún traballo discográfico, agás que sexa autoeditado e que careza de respaldo discográfico na actualidade.

Primeira edición

Na primeira edición do Certame de grupos musicais da USC resultou gañadora a proposta de 'The Displacements'. O segundo premio foi para Aprendiz e o terceiro para Diego Flâneur. A final celebrouse o 11 de abril de 2024 nun concerto en directo no que tamén participaron Caamaño & Ameixeiras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.03.2025.