Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Debate 'O traballo en escena'

Do 24 ao 27 de marzo / 12.00 h

Santiago de Compostela
Aula 4

O programa de Faíscas Culturais 'Moito pau e pouca cenoria' xira arredor da peza 'A burra, a mesa e o pau', do Centro Dramático Galego, unha proposta escénica que se achega ao mundo do traballo, á violencia do traballo e ao traballo que invade o ámbito dos fogares

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

Do 24 ao 27 de marzo, ás 12.00 horas, o estudantado da materia 'Psicoloxía do Traballo e das Organizacións' da Facultade de Psicoloxía debatirá sobre 'O traballo en escena' na Aula 4 da Facultade de Psicoloxía. Esta actividade está aberta tamén a toda a comunidade universitaria.

'A actividade 'O traballo en escena', coordinada polos profesores Carlos Montes e Carlos Dopico-Casal (FPU), busca fomentar unha reflexión crítica sobre a precariedade laboral a través do teatro. A partir da obra A burra, a mesa e o pau, debatenrase na aula conceptos fundamentais da Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, como o conflito laboral, as relacións de poder ou a saúde mental no traballo. Ademais, o estudantado investigará casos reais para conectar a ficción teatral coa realidade laboral contemporánea, analizándoos á luz dos contidos da materia e reflexionando sobre o seu impacto na sociedade.', explica Carlos Montes.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Cartel da faísca Moito pau e pouca cenoria
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.