O programa de Faíscas Culturais 'Moito pau e pouca cenoria' xira arredor da peza 'A burra, a mesa e o pau', do Centro Dramático Galego, unha proposta escénica que se achega ao mundo do traballo, á violencia do traballo e ao traballo que invade o ámbito dos fogares

O día 25 de marzo, ás 15.00 horas, o estudantado da materia 'Economía do terceiro sector' da Facultade de Relacións Laborais, dirixido polo profesor Víctor Hugo Martínez Ballesteros, debatirá sobre 'Brechas sociais e loita labora: o papel do terceiro sector na defensa dos dereitos' na Aula 6 da Facultade. Esta actividade está aberta tamén a toda a comunidade universitaria.
'Estudantado da Facultade de Relacións Laborais analizará como o terceiro sector combate as desigualdades laborais, tomando como base a obra A burra, a mesa e o pau. Reflexións críticas e creación de podcasts ou vídeos darán vida ás súas conclusións!.', indica Víctor Hugo Martínez Ballesteros.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.
