10.04.2025 | 20.15h
Praza de Santa María. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, Auditorio da Facultade de Veterinaria

Maricarme actuará o 10 de abril dentro do ciclo ‘Lubicán’, incluído no programa da Primavera Cultural. O concerto será ás 20.15 horas na Praza de Santa María de Lugo (en caso de conidicións meteorolóxicas adversas trasladarase ao Auditorio da Facultade de Veterinaria).
O mesmo día, ás 13.00 horas, haberá un encontro para os Institutos con Antía Ameixeiras, integrante do grupo Maricarme. A inscrición pode facerse ata o 10 de febreiro en cultura.lugo@usc.gal.
Esta iniciativa enmárcase na programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
