28.03.2025 | 20.30h

Abril actuará o 28 de marzo dentro do ciclo ‘Lubicán íntimo’, incluído no marco da programación da Primavera Cultural. O concerto será ás 20.30 horas na Casa do Saber do Campus de Lugo, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.
O mesmo día, ás 13.00 horas, o grupo participará nun encontro con centros de ensino medio. A inscrición pode formalizarse ata o 10 de febreiro en cultura.lugo@usc.gal.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.