Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A inscrición no II Certame de grupos musicais da USC pode realizarse ata o 22 de xaneiro de 2025
Cartel do II certame de grupos musicais USC

A finalidade da convocatoria do Certame de grupos musicais é a de fomentar e facer visible a actividade artística e creativa no ámbito da música moderna da comunidade universitaria da USC e, dun xeito especial, do seu estudantado.

Unha vez publicada a resolución da convocatoria, abrirase a fase de selección final que determinará as propostas gañadoras a través dunha actuación en directo nalgún dos concertos da Primavera Cultural 2025, cunha intervención dun máximo de 10 minutos por aspirante.

Establécense tres premios:

  • Primeiro premio, de 800 euros
  • Segundo premio, de 450 euros
  • Terceiro premio, de 250 euros

Máis información na convocatoria.

    1. Poderá participar nesta convocatoria calquera membro da comunidade universitaria.
    2. As persoas participantes poden inscribirse de maneira individual ou como grupo. No caso dos grupos, requírese que teñan entre os seus compoñentes polo menos 2 membros da comunidade universitaria, ou 3 no caso de grupos de 5 ou máis compoñentes. Todos os membros do grupo deberán cumprir os requisitos da convocatoria.
    3. Cada participante ou grupo poderá presentar unicamente unha solicitude e unha proposta musical.
    4. Os temas presentados teñen que ser orixinais e non poden ter sido premiados en ningún outro concurso. Non poden tomar parte nesta convocatoria quen teña editado algún traballo discográfico, agás que sexa autoeditado e que non contén con respaldo discográfico na actualidade.
  • A solicitude de participación, xunto coa documentación requirida, deberá presentarse no modelo que figura como Anexo a esta convocatoria por parte da persoa que represente ao grupo. As solicitudes deberán dirixirse á Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e presentarse no Rexistro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela, desde o día seguinte da publicación da Convocatoria no Taboleiro Electrónico da USC ata o 22 de xaneiro de 2025.

    Máis información na convocatoria.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2025.