Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Solicitude ata o 15 de outubro de 2025

Co ánimo de fomentar a iniciativa cultural e deportiva do estudantado da USC, a vicerreitoría de Estudantes e Cultura en colaboración coa Área Deportiva considera acaído abrir unha liña de axudas económicas para apoiar o desenvolvemento de actividades culturais e físico-deportivas que nazan no ámbito da poboación estudantil universitaria.

O obxecto desta convocatoria é abrir unha liña de axudas para apoiar actividades físico-deportivas e culturais organizadas a iniciativa do estudantado da USC e establecer as condicións necesarias para a súa execución e xustificación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2025.