-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psicoloxía Evolutiva e da EducaciónÁreas:
Psicoloxía Evolutiva e da EducaciónCentro
Facultade de Ciencias da EducaciónConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Conceptuais (saber):
- Comprender o desenvolvemento psicolóxico, os seus procesos, dimensións e fases.
- Analizar e comprender as principais teorías e modelos explicativos do desenvolvemento nas idades de 6 a 12 anos, acadando unha comprensión funcional das mesmas que permitan adecuar a práctica docente ao nivel de maduración do alumnado e ás súas características.
- Coñecer as implicacións educativas que se derivan dos procesos de cambio evolutivo do alumnado e reflexionar sobre as súas aplicacións para optimizar o desenvolvemento.
- Coñecer a metodoloxía de investigación en psicoloxía do desenvolvemento e a súa aplicación ao ámbito escolar
Procedimentais (saber facer):
- Manexar diferentes fontes de información relacionadas coa psicoloxía do desenvolvemento.
- Observar, analizar e interpretar condutas representativas das principais dimensións do desenvolvemento do escolar.
- Adquirir habilidades para a prevención e resolución pacífica de conflitos e saber convivir coas diferenzas entre culturas e persoas.
- Familiarizarse cos procedementos estimuladores da actividade didáctica, coas técnicas de motivación e coas estratexias para aprender a pensar e a estudar.
Actitudinais (saber ser):
- Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte aos problemas psicoeducativos.
- Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na profesión.
- Adoptar unha disposición favorábel cara ao traballo en equipo, á colaboración cos compañeiros e compañeiras e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conduta profesional posterior.Bloque 1: Introdución á Psicoloxía do Desenvolvemento
Tema 1. Aproximación conceptual. Principais teorías descritivo-explicativas do desenvolvemento.
Tema 2. Introdución aos métodos de investigación en Psicoloxía do desenvolvemento.
Bloque 2: O desenvolvemento de 6 a 12 anos.
Tema 3. O desenvolvemento físico e perceptivo-motor.
Tema 4. O desenvolvemento cognitivo.
Tema 5. O desenvolvemento da linguaxe.
Tema 6. O desenvolvemento socioafectivo, persoal e moral.BIBLIOGRAFIA BÁSICA
- Berger, K.S. (2016). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Médica Panamericana.
- Feldman, R.S. (2008). Desarrollo en la infancia. Prentice Hall.
- Papalia, D.E., Feldman, R.D., & Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. McGraw-Hill.
- Bermudez, M.P., & Bermudez, A.M. (Coords.). (2004). Manual de psicología infantil. Aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica. Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
- Barajas, C., Morena, De la, M.L., Fuentes, M.J., & González, A.M. (2007). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Pirámide.
- Berk, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Prentice-Hall.
- Córdoba, A.I., Descals, A., & Gil, M.D. (2007). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Psicología Pirámide.
- Craig, G.J., & Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico. Prentice-Hall.
- Muñoz, V. (2014). Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Pirámide.
- Palacios, J., Marchesi, A., & Carretero, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Alianza.
- Papalia, D.E., Olds, S.W., & Feldman, R.D. (2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.
- Santrock, J.W. (2007). Psicología del desarrollo en la infancia. McGraw Hill.
- Shaffer, D.R. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Internacional Thomson.
Soporte dixital:
- Brioso, A. (2005). Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. I. Psicología del desarrollo. UNED.
- García, J.A. (2019). Psicología del desarrollo I. UNED.
- Gutiérrez, F., & Vila, J.O. (2021). Psicología del desarrollo II. UNED.
- Palacios, J., Marchesi, A., & Carretero, M. (2014). Desarrollo psicológico y educación. Vol. I. Psicología evolutiva. Alianza.
WEBGRAFIA
- http://www.ite.educacion.es/
- http://www.profes.net/
- https://educared.fundaciontelefonica.com.pe/Xerais:
G5- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G8- Manter una relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa as aprendizaxes, a formación cívica e a riqueza cultural.
Básicas:
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Específicas:
E2- Coñecer as características destes estudantes así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
E3- Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade dos estudantes e identificar disfuncións.
Transversais:
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3- Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación.A proposta metodolóxica que se vai empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe.
As actividades presenciais co grupo de clase expositivo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas … O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese profundar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades que se realicen incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visualización de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora da docente.
A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios presentaránselle o alumnado nas correspondentes sesións de clase e nas guías de cada tema utilizando o Campus Virtual e os recursos que este ofrece.
Na atención titorial, atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe.A avaliación da materia realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
a) Exame: proba obxectiva
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados nas clases expositivas e interactivas; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas na avaliación continua (interactividade, exposicións e asistencia e participación na dinámica da aula). No caso de non presentarse a esta proba a cualificación será de “suspenso” na materia.
b) Avaliación continua: actividades formativas obrigatorias e asistencia/participación na clase
-35% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións (individuais e/ou grupais) demandadas o alumnado (interactivas). Valorarase a precisión conceptual, o axuste as directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
- 5% da cualificación procederá de presentacións orais. Valorarase a precisión conceptual e a competencia expositiva.
-10% da cualificación corresponderá a participación activa nas clases interactivas. En caso de ausencia só se xustificarán as faltas debidamente xustificadas conforme ao artigo 3.2. do "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC". Polo tanto, a asistencia a clase valorarase como un factor máis da avaliación continua. Así, o programa da materia axústase ao especificado no "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC", aprobado en Consello de Goberno con data de 25 de novembro de 2024.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso:
-Ter superado o exame.
-Ter entregadas nos prazos acordados todas as actividades (individuais e/ou grupais) obrigatorias solicitadas.
Os traballos (individuais e/ou de grupo) que realice o estudanteado deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta (plaxio e uso de tecnoloxías) de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De acordo coa normativa da Facultade e co "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas de grao e máster da USC" o alumnado poderá solicitar dispensa de asistencia. Naqueles casos nos que o alumnado teña concedida a dispensa de asistencia ou a exención de docencia) deberá notificar esta situación á profesora ó inicio do cuadrimestre e presentar, no momento no que se obteña, a certificación que así o acredite. Todo isto será necesario para establecer as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
A avaliación da materia para o alumnado con exención de docencia (que debe asistir ás clases interactivas) rexirase polos criterios expostos anteriormente).
Nos casos de dispensa de asistencia, realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5 puntos) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas nos informes e outras producións demandadas.
-50% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións demandadas o alumnado. Valorarase a precisión conceptual, o axuste as directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
De acordo co "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC", o alumnado repetidor que teña superados os requisitos de asistencia no curso anterior, considerarase exento.A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupo en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas ao traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 horas estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 horas dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 horas para o traballo en lecturas recomendadas, á aprendizaxe autónoma, á resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos. O tempo dedicado ao exame será sobre dúas horas.Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudos non se indican requisitos previos; será recomendábel que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía da Educación e de Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do Desenvolvemento.
É importante que o alumado se implique activamente desde o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; recoméndase tamén unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma.
Recoméndase utilizar as titorías para aclarar as dúbidas que poidan xurdir no desenvolvemento da materia (o horario facilitarase o inicio das clases).- RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Con relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
- PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
- OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
- OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Os traballos poderán solicitarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- NON SE PODERÁ EMPREGAR O DE TELÉFONO MÓVIL, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- TER EN CONTA QUE O ENSINO-APRENDIZAXE (CLASES / TITORÍAS) É UN PROCESO PRIVADO, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-
Eva María Taboada Ares
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813892
- Correo electrónico
- evamaria.taboada@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Patricia Maria Iglesias Souto
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813741
- Correo electrónico
- patriciamaria.iglesias@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
-
2º semestre - Do 26 de xaneiro ao 01 de febreiro Martes 12:00-13:30 Grupo /CLIS_02 Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 22 16:00-17:30 Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 12 17:30-19:00 Grupo /CLIS_03 + Dobre Grao 1º Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 23 19:00-20:30 Grupo /CLIS_05 Castelán (CAMPUS NORTE) - AULA 25 Exames 29.05.2026 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 (CAMPUS NORTE) - AULA 01 29.05.2026 09:30-11:30 Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º (CAMPUS NORTE) - AULA 01 29.05.2026 09:30-11:30 Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º (CAMPUS NORTE) - AULA 03 29.05.2026 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 (CAMPUS NORTE) - AULA 03 07.07.2026 09:30-11:30 Grupo /CLE_01 (CAMPUS NORTE) - AULA 22 07.07.2026 09:30-11:30 Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º (CAMPUS NORTE) - AULA 22