Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Introducir e coñecer as peculiaridades das linguaxes formais de programación de Python e Matlab, así como das características específicas da lóxica aplicada no desenvolvemento de código e programación, con especial fincapé nos procesos de “descomposición” e “abstracción” do problema para resolver
• Desenvolver destrezas no uso dos aspectos básicos de ambos os programas a través do traballo con diferentes tipos de datos e o manexo de variables e matrices, así como familiarizar ao alumno no uso dos operadores lóxicos e dos procesos iterativos e recursivos que dan pé ao uso destes programas no tratamento de datos e, por tanto, na investigación.
• No fin da materia o estudante deberá ser capaz de desenvolver programas simples para a adquisición de datos. Estes programas xerarán unha pequeno interface (i.e. presentación de cuestionarios ou estímulos en pantalla) que requira a introdución de respostas por parte do usuario do programa.
O alumno deberá demostrar capacidade para realizar operacións básicas e comparacións simples con datos numéricos contidos en variables (i.e. matrices ou bases de datos).
Que son Python e Matlab. Características das linguaxes formais en Python e Matlab. Descomposición e abstracción como ferramentas básicas para resolver un problema e crear código. Os datos: tipos de valores e organización en variables. Procesos iterativos e recursivos: uso dos principais operadores lóxicos e operadores matemáticos. Cara a unha programación eficiente mediante “testing” e “debugging”.
Bibliografía básica:
1. Cohen, M. X. (2017). MATLAB for Brain and Cognitive Scientists. MIT Press.
2. Dalmaijer, E. S. (2016). Python for experimental psychologists. Routledge.
3. Borgo, M., Soranzo, A., & Grassi, M. (2012). MATLAB for Psychologists. Springer Science & Business Media.
4. VanderPlas, J. (2016). Python data science handbook: essential tools for working with data. O'Reilly Media
Bibliografía complementaria:
1. Rosenbaum, D. A., Vaughan, J., & Wyble, B. (2014). MATLAB for behavioral scientists. Routledge.
2. Wallisch, P., Lusignan, M. E., Benayoun, M. D., Baker, T. I., Dickey, A. S., & Hatsopoulos, N. G. (2014). MATLAB for neuroscientists: an introduction to scientific computing in MATLAB. Academic Press.
3. Madan, C. R. (2013). An Introduction to MATLAB for Behavioral Researchers. Sage Publications.
4. Grus, J. (2015). Data science from scratch: first principles with python. O'Reilly Media.
5. Haslwanter, T. (2016). An Introduction to Statistics with Python. Springer International Publishing.
6. Downey, A. B. (2014). Think stats: exploratory data analysis. O'Reilly Media.
7. Peirce, J., & MacAskill, M. (2018). Building experiments in PsychoPy. Sage Publications.
BÁSICAS E XERAIS
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
TRANSVERSAIS
CT2. Demostrar capacidade de resolver problemas e tomar decisións adaptadas ao contexto.
CT5. Saber actualizar e desenvolver os coñecementos e as habilidades adquiridas, de acordo cos cambios da disciplina, os estándares e requisitos da profesión, e a normativa aplicable.
ESPECÍFICAS
CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica prorfesional nos dominios de coñecemento do máster.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
• Lección-explicación
• Traballo en laboratorio
• Lectura e análise de textos e documentos
• Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos
Valoración continua de actividades: 25% da nota final
Valoración de informes, traballos e exposicións: 75% da nota final
Estudantes con dispensa de asistencia: Dada a natureza da materia, baseada no emprego de ferramentas informáticas, non se producirán cambios na metodoloxía e sistema de avaliación da materia; manterase o mesmo sistema de traballo, pero utilizando as ferramentas proporcionadas pola USC para a docencia telemática.
Clases expositivas 9 horas presenciais (requírese asistencia)
Clases interactivas de laboratorio 9 horas presenciais (requírese asistencia)
Traballo personal do/a alumno/a 48 horas
Realización de traballos 6 horas
Tutorías individuais e/ou en grupos reducidos 3 horas (requírese asistencia)
Nesta materia o traballo persoal do alumno é un alicerce fundamental dado o seu carácter eminentemente práctico, polo que se recomenda un traballo semanal, se non diario, para poder completar a materia e maximizar a aprendizaxe dos seus contidos. Así mesmo, a realización dos exercicios suxeridos tras cada aula teórica será unha peza crave para afianzar a aprendizaxe dos conceptos introducidos na aula.
Horario de titorías: consultar horario de titorías actualizado en: https://www.usc.gal/gl/departamento/psicoloxia-clinica-psicobioloxia/di…
Marcos Diaz Lago
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Correo electrónico
- marcos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Básica |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Básica |