Créditos ECTS Créditos ECTS: 13
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 323 Horas de Titorías: 1.5 Clase Interactiva: 0.5 Total: 325
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Psicobioloxía, Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, Teoría e Historia da Educación, Psiquiatría
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Aplicación dos coñecementos adquiridos nas materias obrigatorias e optativas como profesional psicólogo nos distintos centros nos que se realicen as prácticas.
-Experiencia práctica en avaliación e intervención psicolóxica con persoas maiores sas e enfermas.
-Experiencia práctica no traballo multidisplinar nos centros de atención a persoas maiores.
-Experiencia práctica na intervención con familias e coidadores nos centros de atención a persoas maiores
-Demostrar que se adquiriron coñecementos, actitudes e habilidades para enfrontarse con eficiencia e profesionalidade ás tarefas de avaliación e intervención psicolóxica con persoas maiores sas e enfermas nos contextos familiares e institucionais, así como para traballar en equipos multidisciplinares nos distintos dispositivos de atención as persoas maiores.
1. Avaliación e diagnóstico cognitivo, persoal, social e funcional dos maiores.
1.1. Avaliación das funcións cognitivas.
1.2. Avaliación do estado afectivo
1.3. Avaliación de integración social e redes de apoio
1.4. Avaliación da autonomía funcional e dependencia
2. Intervención e tratamento persoal, social e ambiental.
2.1. Programas de intervención cognitiva: percepción, atención, memoria, reminiscencia, linguaxe, funcións executivas, psicomotriz.
2.2. Programas de intervención funcional e ocupacional, habilidades básicas, instrumentais e avanzadas.
2.3. Programas de intervención nos problemas de conduta e afectivos
2.3. Programas de integración social e comunitaria.
2.4. Intervención no ambiente físico, o propio centro e o domicilio.
3. Orientación e formación familiar e institucional.
3.1. Orientación a coidadores e familiares.
3.2. Programas de atención a coidadores familiares e institucionais: manexo de estrés, reestruturación cognitiva, manexo de conflitos, etc.
3.3. Orientación, formación e asistencia psicolóxica para traballadores do centro.
4. Dirección e xestión dos recursos materiais e humanos.
4.1. A organización e dirección dos centros.
4.2. O traballo no equipo interdisciplinar.
4.3. Recursos sociosanitarios estatais, autonómicos e locais
A bibliografía básica e complementaria será a correspondente as materias de avaliación e intervención
BÁSICAS E XERAIS
CG3 - Planificar, desenvolver e supervisar o proceso de avaliación psicogerontológica nos diferentes contextos e ámbitos de actuación.
CG4 - Deseñar, desenvolver, supervisar e avaliar plans e programas de intervención e tratamento psicogerontológico en función da avaliación previa e das variables individuais, sociais e institucionais.
CG5 - Mostrar habilidades de comunicación interpersoal e de manexo das emocións axeitadas para unha interacción efectiva coas persoas maiores, familiares, coidadores e demais profesionais implicados na atención xerontolóxica.
CG8 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problema a ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro dos contextos interdisciplinares relacionados coa Psicogerontología.
CG7 - Saber identificar as implicacións éticas da súa actuación profesional e axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía e demais profesións afíns, mostrando un compromiso ético e profesional en relación coas responsabilidades cívicas, sociais e globais.
CG6 - Saber identificar e formular problemas de investigación no contexto do seu exercicio profesional, e contribuír á súa abordaxe de acordo cos métodos, técnicas e procedementos de investigación propios das ciencias da saúde, sociais e do comportamento.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónoma.
TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT2 - Mostrar un sentido crítico razoable, curiosidade intelectual e capacidade de argumentación sobre problemas complexos.
CT3 - Desenvolver as habilidades en manexo de tecnoloxías da información e comunicación.
CT4 - Desenvolver a capacidade de traballo autónomo con capacidade autocrítica.
CT5 - Desenvolver a capacidade para traballar en grupo e solucionar problemas de forma cooperativa.
ESPECÍFICAS
CE2 - Ser capaz de planificar e desenvolver unha avaliación utilizando os instrumentos e técnicas máis convenientes.
CE3 - Ser capaz de interpretar os resultados dunha avaliación e de facer un diagnóstico sobre as persoas e/ou situacións avaliadas.
CE4 - Saber elaborar informes e comunicar os resultados das avaliacións con diferentes propósitos e para diferentes destinatarios.
CE5 - Saber planificar e desenvolver programas de intervención seleccionando os obxectivos, os procedementos e os instrumentos máis apropiados en función das características do problema e do contexto.
CE6 - Saber deseñar e desenvolver programas específicos relacionados coas trastornos psicolóxicos e os problemas sociais máis frecuentes en persoas maiores.
CE7 - Saber asesorar e intervir no ámbito familiar das persoas maiores tanto sas coma enfermas
CE8 - Saber deseñar e planificar programas de intervención ambiental e social que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas maiores
CE9 - Coñecer os recursos e a organización do sistema de atención sociosanitaria ás persoas maiores.
CE10 - Saber adecuar as actuacións ao marco legal e administrativo correspondente e promover os cambios que se consideren necesarios para mellorar a atención ás persoas maiores.
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en Psicogerontología.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar análise de datos aplicada ao estudo do envellecemento.
CE1 - Saber aplicar as teorías sobre o envellecemento na conceptualización dos casos e situacións concretos
-Os profesores responsables/titores académicos serán profesores/ás do programa que serán asignados/ás a cada alumno/a pola Comisión Académica.
-As Prácticas Externas deben ser realizadas nalgún dos centros ou dispositivos xerontolóxicos cos que se mantén convenio de colaboración. Existe a posibilidade de establecer novos convenios con centros de interese particular para os/ás estudantes.
-Serán tuteladas polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela responsables que actuarán como titores académicos, e por un titor/a externo pertencente ao centro ou dispositivo correspondente. Para ser titor/a externo/a requírese estar en posesión do título de Psicólogo/a.
-As actividades realizadas durante as Prácticas Externas reflectiranse nun Informe
O sistema de avaliación consistirá na presentación por escrito dun Informe-memoria cunha extensión máxima de 50 páxinas con interlineado de 1,5 e tamaño de letra 12, incluíndo Anexos, e que conteña os seguintes apartados:
1. Descrición.
1.1. Descrición do centro, contexto, usuarios e funcionamento.
1.2. Descrición do plan xeral de intervención e/ou servizos do centro.
2. Memoria do traballo e intervencións realizadas no centro
2.1. Descrición e xustificación das actividades realizadas.
2.2. Valoración das actividades realizadas.
2.3. Análise e proposta de melloras do plan xeral de intervención e/ou servizos.
3. Valoración das Prácticas externas.
Unha copia do informe será entregado ao/a titor/a externo/a e outra ao/a titor/a académica. Ao finalizar o período de prácticas o/a titor/a externo/a emitirá un informe de avaliación do/a alumno/a sobre coñecementos, habilidades e actitudes mostradas durante o período de realización das Prácticas externas, cubrindo o documento de avaliación correspondente que se lle enviará antes do inicio destas.
A puntuación da avaliación das Prácticas externas será dun máximo de 10 puntos e componse de:
1. Avaliación do Informe-memoria entregado. Puntuación que se pondera ata un máximo de 30% da nota total
2. Informe emitido polo/a titor/a externa. Puntuación que se pondera ata un máximo de 70% da nota total.
Distribución de horas de traballo do/a estudante:
Prácticas externas (con titores profesionais): 275 horas
Titorías (con titores académicos): 15 horas
Preparación de traballos: 35 horas
As titorías acordaranse de xeito individualizado entre o alumnado e o profesor/a titor/a académico.