Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer ás bases psicobiolóxicas do proceso de envellecemento.
• Poñer en relación os cambios funcionais e estruturais do sistema nervioso central cos cambios conductuais e cognitivos que teñen lugar durante o envellecemento.
• Coñecer os modelos que explican os cambios neurocognitivos que acompañan ao envellecemento.
• Coñecer os procesos de neurodexeneración.
• Poñer en relación os procesos neurodexenerativos cas alteracións neuropsicolóxicas e clínicas dos tratarnos neruocognitivos.
• Coñecer as contribucións da neuropsicoloxía a o diagnóstico dos trastornos neurocognitivos leve e maior (demencia).
• Coñecer as características neuropatolóxicas, neuropsicolóxicas e clínicas dos trastornos neurocognitivos máis frecuentes.
• Desenvolver a capacidades de búsqueda, síntese e exposición de estudos científicos no ámbito das bases psicobiolóxicas do envellecemento human normal e patolóxico.
Tema 1.- Cambios no sistema nervioso central (SNC) asociados ao envellecemento: 1.1. Cambios estruturais; 1.2. Cambios funcionais; 1.3. Plasticidade cerebral
Tema 2.- Modelos psicobiolóxicos explicativos do envellecemento: 2.1. Modelos clásicos; 2.2. Modelos actuáis
Tema 3.- Envellecemento patolóxico e trastornos neurocognitivos: 3.1. Mecanismos de neurodexeneración; 3.2. Definición de trastorno neurocognitivo leve e maior (demencia); 3.3. Criterios diagnósticos dos trastornos neurocognitivos; 3.4. Diagnóstico diferencial dos trastornos neurocognitivos.
Tema 4. Clasificación, neuropatoloxía e características neuropsicolóxicas e clínicas dos trastornos neurocognitivos máis frecuentes: 4.1. Enfermedade de Alzheimer; 4.2. Demencia fronto-temporal; 4.3. Enfermedade de cuerpos de Lewy; 4.4. Enfermedade de Parkinson; 4.5. Enfermedade de Hungtington; 4.6. Demencias vasculares; 4.7. Outras demencias
Básica:
Alberca, R. y Lopez Pousa, S. (2010). Enferemedad de Alzheimer y otras demencias (4ª Edición). Madrid: Panamericana.
Cabeza, R., Nyberg, L., Park, D. (2016). Cognitive Neuroscience of Aging. Linking Cognitive and Cerebral Aging. Oxford, UK: Oxford University Press.
Cerezo Huerta, K. (2019). Trastornos neurocognitivos en el adulto mayor: evaluación, diagnóstico e intervención neuropsicológica. Ciudad de Méjico: Manual Modernoa
Complementaria:
Buckner, R.L. (2004). Memory and Executive Function in Aging and AD: Multiple Factors that Cause Decline and Reserve Factors that Compensate. Neuron, 44, 195-208.
Díaz, F. y Pereiro, A.X. (2017), Neurociencia cognitiva del envejecimiento. Aportaciones y retos. Revista Española de Geriatría y Gerontología. https://doi.org/10.1016/j.regg.2017.07.002
Grandi F, Tirapu Ustárroz J. (2017) Neurociencia cognitiva del envejecimiento: modelos explicativos. Rev Esp Geriater Gerontol. http://dx.doi.org/10.1016/j.regg.2017.02.005
Masoro, E.J., Austad, S.N. (2006). Handbook of the Biology of Aging, Sixth Edition. London, UK: Elsevier.
Mayr, U., Spieler, D.H., Kliegl, R. (2001). Especial Issue on Ageing and Executive Control. European Journal of Psychology, 13(1/2).
Park, D. & Schwarz, N. (2002). Envejecimiento cognitivo [traducción de A. Suengas Goenetxea e M. Belinchón]. Madrid : Médica Panamericana.
Philips, L.& Andres, P. (2010) The Cognitive Neuroscience of Aging, Special Issue Cortex, Volume 46, Issue 4, 421-590.
Retuerto Buades, M. (2003). Mi vida junto a un enfermo de Alzheimer. Madrid: La esfera de los libros.
Reuter-Lorenz, P.A., Lustig, C. (2005). Brain aging: reorganizing discoveries about the aging mind. Current Opinion in Neurobiology, 15, 245-251.
Strauss, C.J. (2005) Cómo hablar con un enfermo de Alzheimer: formas sencillas de comunicarse con un miembro de la familia o un amigo cuando hacemos una visita. Barcelona: Obelisco.
Revista de Neurología; http://www.revneurol.com
Alzheimer's & Dementia: https://alz-journals.onlinelibrary.wiley.com/journal/15525279
Aging, Neuropsychology, and Cognition; https://www.tandfonline.com/journals/nanc20
5.5.1.5.1 BÁSICA E XERAL
CG1 - Coñecer de xeito avanzado o proceso de envellecemento normal e patolóxico dende o punto de vista psicobiolóxico, cognitivo, persoal e social.
CG8 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en áreas novas ou pouco coñecidas dentro dos contextos interdisciplinares relacionados coa psicogerontoloxía.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou na aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB10 - Que os estudantes teñan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito que sexa en gran parte auto-dirixido ou autónomo.
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT1 - Saber obter, analizar e sintetizar información especializada.
CT2 - Mostrar un sentido crítico razoable, curiosidade intelectual e habilidade para discutir problemas complexos.
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE11 - Saber identificar e formular problemas de investigación e participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación en Psicogerontoloxía.
CE12 - Coñecer, aplicar e interpretar a análise de datos aplicada ao estudo do envellecemento.
CE1 - Saber aplicar teorías sobre o envellecemento na conceptualización de casos e situacións específicas
A ensinanza desta materia basearase na combinación das sesións presenciais de clases expositivas, interactivas e de titorías, especificadas nos horarios oficiais, coa realización por parte do/a estudante de tarefas non presenciais.
As sesións presenciais consistirán en:
- Sesións expositivas por parta da profesora dos contidos da materia.
- Sesión interactivas de seminario con cuestións platexadas pola profesora a partir de diverso material bibliográfico e intervencións por parte dos alumnos. Ademáis, tambén se dedicarán dos sesións presenciáis interactivas a exposición oral de cada un dos alumnos/as (nun tempo máximo de dez minutos) dun traballo individual titorizado, tras o cal se someterá a discusión co resto do grupo.
- Sesións de titorías para resolver as dúbidas dos alumnos e seguimento de traballo individual titorizado
As tarefas non presenciais consistirán en:
- Tempo de estudio da materia por parte do alumno.
- Traballo do alumno con textos e cuestións proporcionados pola profesora para su posterior exposición e discusión nas clases presenciais.
- Lectura e síntese de tres artigos experimentais publicados nos cinco últimos años, elexidos polo/a estudiante coa orientación da profesora, que verse sobre os contidos tratados na materia. O/a estudante deberá facer, primeiramente, un rastreo bibliográfico sobre o tema elexido (que se acordará previamente coa profesora). A partir dese rastreo deberá facer un informe resumido dos artigos seleccionados para a súa presentación oral e discusión na/s sesión/s interactivas. Estas tarefas constituirán o traballo individual titiritado.
A avaliación descansará na:
a) Valoración continua dos/as estudantes , concretamente:
Participación nas sesións presenciais (20%)
Presentación oral e informe escrito do Traballo individual titorizado (30%)
b) Valoración dun exame escrito en relación cos contidos do temario da materia (50%).
A cualificación final resultará da suma dos procesos de avaliación.
Para a avaliación do traballo individual titorizado teránse en conta a calidade e dominio dos contidos e a calidade da presentación oral elaborada con soporte informático.
O tempo total de estudo e traballo do/a estudante para superar esta materia é de 75 horas (25 horas por crédito), distribuídas do seguinte xeito:
• Clases presenciais: 24 horas (9 horas expositivas, 12 interactivas e 3 de titorías)
• Traballo tutelado do/a alumno/: 20 horas
• Traballo autónomo do/a estudante (estudo dos contidos da materia e lectura e resolución de cuestións plantexadas pola profesora): 31 horas.
Ter formación de nivel de grao nas bases biolóxicas do comportamento human (Neurofisioloxía, Neuroanatomía, Neurociencia Conductual e Cognitiva, e Neuropsicoloxía).
Facer uso das titorias individualizadas ca profesora no horario de tutorías (luns, martes e xoves de 10:30 a 12:30, despacho nº 77, módulo A, facultad de psicología).
Montserrat Zurrón Ocio
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813707
- Correo electrónico
- montserrat.zurron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 11 |
Venres | |||
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 11 |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
16.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |