Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 284.5 Horas de Titorías: 12 Clase Interactiva: 3.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O estudante, ao finalizar esta materia, deberá:
. Saber integrar os coñecementos e destrezas adquiridos para poder aplicalos á resolución de problemas en novos contextos sanitarios e de investigación.
. Ser capaz de elaborar e formular hipóteses novas a partir textos científicos e deseñar investigacións orixinais que permitan contribuír ao avance do coñecemento.
. Ser capaz de comprender e dominar as distintas fases do proceso de investigación co rigor que require o tratamento de material científico.
. Ser capaz de buscar e obter información de modo autónomo, con capacidade para integrala na práctica sanitaria e na propia investigación.
. Ser capaz de emitir xuízos sustentados na análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas orixinais e complexas.
. Saber comunicar as conclusións e as razóns que as sustentan a públicos especializados e non especializados dunha forma clara, tanto en formato oral como escrito.
. Ser capaz de desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para manter autonomamente a actualización de coñecementos de cara á mellora continua
da actividade profesional.
O Traballo Fin de Máster realizarase no ámbito da psicoloxía xeral sanitaria e poderá estar relacionado con calquera das temáticas tratadas nas materias do título. Nel os estudantes deberán demostrar os coñecementos e competencias adquiridos no conxunto da titulación para a realización de investigacións, avaliacións e intervencións psicolóxicas sobre aqueles aspectos do comportamento e a actividade das persoas que inflúen na promoción e mellora do seu estado xeral de saúde.
No caso de que se realice no marco das investigacións de ámbito sanitario do profesorado do Máster deberá igualmente permitir a adquisición de destrezas, técnicas, coñecementos, capacidade de análise e crítica necesarios para o adecuado desempeño do futuro profesional.
O contido de cada TFM definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de temas que cada curso realizará a Comisión do Título.
Bibliografía básica:
León, O.G. (2020) Cómo redactar textos científicos y seguir las normas APA 7ª. Ibergaceta.
Page, M. J., McKenzie, J. E., Bossuyt, P. M., Boutron, I., Hoffmann, T. C., Mulrow, C. D., ... & Alonso-Fernández, S. (2021). Declaración PRISMA 2020: una guía actualizada para la publicación de revisiones sistemáticas. Revista Española de Cardiología, 74(9), 790-799. http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/
Page, M. J., Moher, D., Bossuyt, P. M., Boutron, I., Hoffmann, T. C., Mulrow, C. D., ... & McKenzie, J. E. (2021). PRISMA 2020 explanation and elaboration: updated guidance and exemplars for reporting systematic reviews. British Medical Journal, 372. http://dx.doi.org/10.1136/bmj.n160
Page, M.J., McKenzie, .J.E, Bossuyt, P.M., Boutron, I., Hoffmann, T.C., Mulrow, C.D., Shamseer, .L, … , Moher, D. (2021) The PRISMA 2020 statement: an updated guideline for reporting systematic reviews. Systematic Reviews, 29;10(1):89. https://doi.org/10.1186/s13643-021-01626-4
Bibliografía complementaria: Os titores/as serán os encargados de proporcionar ao alumno as orientacións necesarias sobre a bibliografía complementaria que deberá manexar conforme á modalidade de traballo de que se trate e á súa temática.
A continuación recóllense as competencias máis relevantes para o desenvolvemento e avaliación do Traballo fin de máster, de entre as recollidas na memoria de verificación do título para esta materia.
BÁSICAS E XERAIS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
CT3 - Saber analizar criticamente e utilizar as fontes de información clínica.
CT4 - Saber formular hipótese de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, aplicando o método científico.
ESPECÍFICAS
CE2 - Ser capaz de planificar e desenvolver unha sesión de avaliación e intervención, establecendo hipótese das que deducir enunciados contrastables.
CE3 - Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso, segundo características e contexto.
CE4 - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE5 - Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis adecuadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento, etc.).
CE6 - Saber planificar e desenvolver unha intervención psicolóxica, establecendo obxectivos pertinentes e realistas en función das características do problema e o contexto.
CE7 - Saber realizar o seguimento dunha intervención psicolóxica, de acordo cos fins fixados, para introducir, se fose o caso, cambios na mesma durante o seu desenvolvemento.
CE8 - Saber proporcionar retroalimentación aos destinatarios de forma adecuada e precisa co fin de implicalos nas distintas fases do proceso de avaliación e intervención psicolóxicas.
CE9 - Saber deseñar programas de prevención e de promoción da saúde psicolóxica en función dos factores relevantes (de risco e protección) e os recursos dispoñibles.
O TFM está orientado ao desenvolvemento e avaliación das competencias do título asignadas á materia. Consiste na realización, por parte do estudante, dun proxecto, memoria ou protocolo orixinal, que deberá ser elaborado de maneira individual e autónoma baixo a orientación e supervisión dun titor/a.
O estudante deberá demostrar as competencias adquiridas ao longo dos estudos. Incluirá, tarefas de procura e revisión bibliográfica, análise crítica, sistematización e integración de información, redacción e presentación oral e escrita.
O TFM seguirá o formato que se concretará en función da modalidade elixida:
a)Traballos de revisión teórica con achega práctica. Consistirá na procura sistematizada de información relevante acerca dun tema determinado de actualidade e interese da psicoloxía sanitaria, ademais, deberá incluír unha proposta de carácter práctico en consonancia coa revisión realizada;
b) Estudo empírico ou experimental. Trátase dun proxecto de investigación que deberá redactarse e estruturarse seguindo o formato dun artigo científico coa consecuente achega práctica;
c) Análise de casos. Nesta modalidade de TFM deberanse presentar todos os pasos necesarios para a mellor compresión e seguimento do caso/s, de maneira xeral: deseño e contextualización, recompilación da información, análise da información e valoración;
d) Programa de intervención. Deberá achegarse a descrición detallada dunha proposta de intervención que polas súas características singulares (novidade, utilidade, innovación, etc.) poida supoñer unha contribución de interese para o campo profesional ao que sexa aplicable.
En relación aos aspectos formais, o TFM terá unha extensión entre un mínimo de 50 e un máximo de 70 páxinas (incluída a bibliografía). Non se terán en conta os anexos. O entreliñado será de 1,5; tipo de fonte Times New Roman e tamaño de fonte 12 puntos. Permitirase un tamaño de fonte menor en táboas e figuras (10-11 puntos). As marxes de páxina deberán ser de 2.5 cm (superior, inferior, esquerdo e dereito). Seguiranse as normas APA da última edición publicada para as citas no texto e as referencias bibliográficas.
Os tres exemplares impresos que se depositen na administración da Facultade de Psicoloxía (art. 7.2 da Normativa de Traballos Fin de Máster da titulación de Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria), para a avaliación por parte do tribunal, deberán estar encadernados.
Ao longo do proceso de titorización, realizaranse a lo menos 3 reunións entre o titor/a e o estudante e acordarase a data de entrega do borrador final en función da convocatoria prevista de presentación. O traballo se realizará de forma planificada, gradual e secuenciada desde o comenzo do curso académico.
A exposición do TFM terá unha duración de 15 minutos por estudante. O Tribunal, formado por tres membros, poderá formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes en relación co traballo defendido nun tempo aproximado de 15 minutos.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
O TFM avaliarase mediante a defensa pública do traballo ante un Tribunal composto por tres profesores, nomeados pola Comisión do Título de entre o profesorado do Máster, de acordo co establecido na normativa correspondente.
Avaliaranse as competencias asociadas ao desenvolvemento do traballo, á memoria final e á defensa do TFM. A cualificación final dos traballos corresponderá conxuntamente ao titor/a e ao tribunal e outorgarase en función das rúbricas establecidas para tal fin. As competencias da materia se sintetizan nos seguintes ítems a efectos de avaliación na rúbrica (os ítems serán avaliados polo titor/a do TFM e/ou o tribunal segundo correspondan):
1- Ser capaz de organizar, planificar e temporalizar o traballo
2- Ser capaz de xestionar e seleccionar a información (bases informatizadas, recursos da biblioteca, ferramentas de análises de datos, etc.)
3- Ser capaz de integrar a información e/ou os datos recompilados cos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos
4- Mostrar implicación persoal e autonomía para desenvolver o traballo
5- Ser capaz de formular adecuadamente o título, obxectivos e interese do traballo
6- Ser capaz de estruturar o traballo de maneira ordenada e coherente
7- Saber empregar a metodoloxía adecuada para lograr os obxectivos
8- Saber describir con claridade e precisión os resultados e as conclusións en función dos obxectivos formulados
9- Demostrar capacidade de análise crítica da información, identificando as principais limitacións do traballo e propoñendo suxestións de fronte ao futuro
10- Saber adecuarse os aspectos formais dun traballo académico
11- Saber realizar unha correcta presentación oral do traballo, seguindo unha secuencia lóxica e ordenada.
12- Saber expoñer con claridade os principais resultados e conclusións do traballo
13- Ser capaz de xestionar de modo eficiente o tempo dispoñible para a presentación.
14- Ser capaz de responder adecuadamente as preguntas que se lle formulen
A cualificación final ponderarase como se indica a continuación:
Cualificación final = Cualificación final do titor/a * 0.40 + Cualificación do tribunal * 0.60
O estudante é responsable único da orixinalidade da autoría do seu traballo. A detección, polo titor/a ou polo Tribunal, da existencia de plaxio, será causa suficiente para a non superación da materia.
A Comisión do Título, unha vez esgotada a última oportunidade de defensa, outorgará as mencións de Matrícula de Honra entre aqueles estudantes cuxa cualificación sexa igual ou superior a 9, despois de ser ordenados en función da cualificación numérica obtida. En caso de empate, terase en conta a cualificación media do expediente académico.
Cada Tribunal fará públicas as cualificacións unha vez finalizadas as exposicións e avaliacións dos traballos correspondentes. No momento de facer pública a cualificación, o Tribunal fixará unha data de revisión.
Titorías en grupos reducidos: 20h.
Elaboración de traballos (individuais e/ou en grupo): 167,5h.