Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender a perspectiva da neuropsicoloxía no estudo do comportamento humano, os seus presupostos, a contribución dos seus principais autores, as súas posibilidades e limitacións.
- Coñecer os campos de aplicación científica e profesional da neuropsicoloxia ea súa relación con outras disciplinas psicolóxicas e neurocientíficas.
- Proporcionarlle ao alumno coñecementos que lle permitan identificar os principais trastornos neuropsicolóxicos, etioloxía coñecida e correlatos anatómicos e funcionais.
- Coñecer a un nivel básico as técnicas xerais de avaliación neuropsicolóxica máis comunmente usadas, e os principios da interpretación dos resultados e elaboración de informes.
Docencia expositiva
1. Introdución á Neuropsicoloxía: Delimitación conceptual e relación con outras disciplinas afíns. Antecedentes e desenvolvemento da Neuropsicoloxía actual
2. Principios da función cerebral: Funcións corticais e especialización hemisférica. Implicacións neuropsicolóxicas da patoloxía neurolóxica
3. Alteracións da atención: Etioloxía, síndromes e avaliación neuropsicolóxica
4. Agnosias: Etioloxía, síndromes e avaliación neuropsicolóxica
5. Apraxias: Etioloxía, síndromes e avaliación neuropsicolóxica
6. Afasias e trastornos relacionados: Etioloxía, síndromes e avaliación neuropsicolóxica
7. Amnesias: Etioloxía, síndromes e avaliación neuropsicolóxica
8. Neuropsicoloxía do lóbulo frontal: Organización anatomo-funcional, síndromes e avaliación neuropsicolóxica
Docencia interactiva
1. Principios da avaliación neuropsicolóxica
2. Avaliación neuropsicolóxica das alteracións da atención
3. Avaliación neuropsicolóxica das agnosias
4. Avaliación neuropsicolóxica das apraxias
5. Avaliación neuropsicolóxica das afasias
6. Avaliación neuropsicolóxica das amnesias
7. Avaliación neuropsicolóxica de funcións prefrontais
8. Elaboración do informe neuropsicolóxico
9. Casos clínicos
Bibliografía básica
Triviño, M., Arnedo, M. e Bembibre, J. (2021). Neuropsicología: a través de casos clínicos (2ª ed.). Madrid: Médica Panamericana.
Junqué, C. e Barroso, J. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología. Madrid: Síntesis.
Kolb, B. e Whishaw, I.Q. (2017). Neuropsicología humana (7 ª ed.) Madrid: Médica Panamericana.
Bibliografía Complementaria
Barrio Alba del, A. (2018). El informe neuropsicológico. Madrid: Síntesis.
Corral Varela, M. (2018). Evaluación neuropsicológica de la memoria. Madrid. Síntesis.
Forn Frias, C. (2020). Manual de Neuropsicología. Madrid: Pirámide.
Gil, R. (2019) Neuropsicología (7ª ed.). Barcelona: Elsevier.
Giménez Navarro, M., Contreras-Rodríguez, O., y Soriano-Mas, C. (2020) Neuroimagen para neuropsicólogos. Madrid: Síntesis
Goodglass, H. e Kaplan, E. (2005). Evaluación de la Afasia y Trastornos Relacionados (3 ª ed.) Buenos Aires: Panamericana Médica.
González Nosti, M., Herrera Gómez, E. (2019) Evaluación neuropsicológica del lenguaje. Madrid: Síntesis.
Junqué C., Bruna, O. e Mataró, M. (2004). Neuropsicología del lenguaje. Barcelona: Masson
Kolb, B. e Whishaw, I.Q. (2021). Fundamentals of Human Neuropsychology (8ª ed.). New York: Macmillan Learning.
Lezak, M.D., Howieson, D.B, Bigler, E.D. e Tranel, D. (2012). Neuropsychological Assessment. New York: Oxford University Press.
Luria, A.R. (1983). Las funciones corticales superiores del hombre y sus alteraciones por lesiones locales del cerebro. Barcelona: Fontanella.
Maestú Unturbe, F., Ríos Lago, M. e Cabestrero Alonso, R. (2011). Neuroimagen: Técnicas y procesos cognitivos. Barcelona: Elsevier Masson.
Maestú-Unturbe, F., Pereda, E. e Del Pozo, F. (2015) Conectividad funcional y anatómica en el cerebro humano: análisis de señales y aplicaciones en ciencias de la salud. Barcelona: Elsevier
Mitrushina, M.N., Boone, K.B., Razani, J. e D’Elia, L.F. (2005) Handbook of normative data for neuropsychological assessment (2ª Ed). New York: Oxford University Press.
Mora, F. e Sanguineti, A.M. (1994). Diccionario de Neurociencias. Madrid: Alianza.
Onandia Hinchado, I., Sánchez SanSegundo, M., Oltra Cucarella, J. (2019) Evaluación neuropsicológica de los procesos atencionales. Madrid: Síntesis.
Padilla López, L.A. (2016) Diccionario de neuropsicología. Ciudad de México: Manual Moderno.
Peña-Casanova, J., Gramunt Fombuena, N, e Gich Fullá, J. (2005). Test Neuropsicológicos: Fundamentos para una neuropsicología clínica basada en evidencias. Barcelona: Masson.
Peña-Casanova,J. (2007). Neurología de la Conducta y Neuropsicología. Madrid: Médica Panamericana.
Pérez García, M. (Coord.) (2009). Manual de Neuropsicología Clínica. Madrid: Pirámide.
Portellano Pérez, J.A. e García Alba, J. (2014). Neuropsicología de la atención, las funciones ejecutivas y la memoria. Madrid: Síntesis.
Purves, D., Agustine, G.J., Fitzpatrick, D., Hall, W.C., La Mantia, A, e White, L.E. (2016). Neurociencia (5ªEd). Madrid: Médica Panamericana.
Ropper, A.H. e Samuels, M. (2019) Adams y Victor. Principios de Neurología (11ª ed). México: McGraw-Hill.
Sánchez Cabeza, A. (2018) Intervención neuropsicológica y funcional en apraxias. Madrid: Síntesis.
Sherman, E.M.J., Tan, J., e Hrabok, M. (2021). A compendium of neuropsychological tests. Fundamentals of Neuropsychological Assessment and Test Reviews for Clinical Practice (4ª Ed.) New York: Oxord University Press.
Tirapu Ustárroz, J., Rios-Lago, M. e Maestú, F. (2011). Manual de Neuropsicología (2ª ed.). Barcelona: Viguera Editores.
Das competencias específicas da titulación, nesta materia abórdanse as seguintes:
Relacionadas con coñecementos:
- Coñecer e comprender as funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
- Coñecer e comprender os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
- Coñecer e comprender os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-
Relacionadas con habilidades e destrezas:
- Saber identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
- Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
- Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da súde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
- Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
- Saber transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
- Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
- Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da psicoloxía.
Competencias específicas da materia:
- Coñecer e comprender a perspectiva da Neuropsicoloxía no estudo do comportamento, as súas posibilidades e limitacións.
- Coñecer os campos de aplicación científica e profesional da neuropsicoloxia ea súa relación con outras disciplinas psicolóxicas e neurocientíficas.
- Coñecer os principais trastornos neuropsicolóxicos, a súa etioloxía e caracterización diagnóstica.
- Desenvolver a capacidade de medir e describir variables relacionadas co funcionamento neuropsicolóxico.
- Familiarizarse co proceso de avaliación, corrección, interpretación e diagnóstico neuropsicolóxico.
- Coñecer e saber como aplicar, nun nivel básico, os principais test específicos para a avaliación de trastornos neuropsicolóxicos, con respecto aos principios éticos e deontoloxícos da profesión.
- Saber diseñar unha avaliación neuropsicolóxica adecuada ás características dos destinatarios/as, para niveis de intervención que no requiran dunha cualificación especializada.
- Comprender os principios da interpretación dos resultados da avaliación neuropsicolóxica e aprender a organizar os informes.
- Impulsar o pensamento crítico, promover actitudes positivas en relación á discapacidade, así como a tolerancia e o respecto da diversidade.
A docencia expositiva está programada para levarse a cabo presencialmente en 24 sesións de 60 minutos nas aulas e grupos determinados pola Facultade. Nelas se introducen e explican os principais temas do programa teórico, ilustradas con presentacións audiovisuais. Co fin de facilitar o seguimento das explicacións, o alumnado disporá -a través do Campus Virtual da USC- do material de apoio e de recursos complementarias (lecturas, vídeos, ligazóns a webs de interese, etc.).
A docencia interactiva, impartirase en 9 grupos no Laboratorio de Neuropsicoloxía, (planta -2, módulo A) en sesións de 90 minutos. As sesións interactivas permitirán aproximar ao alumnado, a un nivel básico, aos diferentes procedementos de avaliación e diagnóstico dos trastornos neuropsicolóxicos mediante a realización das actividades recollidas no Caderno de prácticas (dispoñible no servizo de reprografía). Para lograr o máximo aproveitamento do tempo no laboratorio, se recomenda estudar previamente os contidos da sesión correspondente.
Os grupos reducidos de titorías permitirán revisar o seguimento do curso e o grao de cumprimento das actividades previstas con indicacións correctoras da aprendizaxe. Organizarase unha sesión presencial ao finalizar as sesións expositivas.
Titorías individuais: As profesoras da materia están dispoñibles nos horarios de titorías para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.
Traballo autónomo do estudante: Ademais da asistencia ás actividades presenciais, o estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios e ao estudo dos contidos. Ao longo do curso se recomendarán lecturas complementarias á bibliografía básica de estudo.
A avaliación dos coñecementos e competencias adquiridas realizarase de acordo cos seguintes criterios tanto na primeira como na segunda convocatoria:
1) Realizarase un exame final presencial escrito do programa teórico completo, nas datas oficiais recollidas no calendario de exames aprobado pola Facultade. O exame consistirá nunha proba obxectiva de preguntas de elección múltiple (con catro alternativas das cales só unha é correcta). Esta proba será complementaria á avaliación continua e ponderará un 70% na cualificación final.
2) Levarase a cabo unha avaliación continua formativa da docencia interactiva que terá en conta a asistencia e participación activa e a entrega programada de actividades con retroalimentación. Esta avaliación terá un peso do 30% na cualificación final.
3) Para que calquera dos dous elementos nos que descansa a avaliación (exame e avaliación continua) sume na cualificación final, debe acadarse un nivel mínimo en cada un deles que represente un 45% da puntuación máxima (3,15 y 1,35, respectivamente).
A calificación obtida na avaliación continua poderá conservarse un curso académico.
- O alumnado que cursase unha materia equivalente noutra universidade, no marco de programas de intercambio, poderá examinarse na segunda oportunidade ao abeiro da Resolución Reitoral de 14 de maio de 2012 (DOG de 28 de maio), pola que se publica a modificación do Regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes: Realizarán o exame na segunda oportunidade nas mesmas condicións que os restantes estudantes, sendo a súa ponderación na nota final do 100%.
- Os estudantes que non realicen a proba final recibirán a cualificación de "non presentado".
- Con base en criterios académicos se considera que esta materia non pode ser cursada con dispensa de asistencia a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e ás fontes.
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Asistencia ás actividades presenciais: 40,5 horas (expositivas: 24 h; interactivas: 13,5 h; titorías en grupos reducidos: 1 h; Avaliación: 2 h)
Traballo non presencial: 72 horas (preparación previa das clases: aprox.12 h, lectura e estudo de materiais: aproximadamente 60 h).
Para un correcto seguimento desta materia recoméndase:
- Ter conseguidos os obxectivos establecidos no plan de estudos para o 1º e 2º curso do Grao, nomeadamente no relativo ás materias máis directamente relacionadas con esta: Fundamentos Biolóxicos da Conduta; Neurociencia Condutual; Neurociencia Cognitiva, Avaliación Psicolóxica I e Psicometría.
- Levar ao día as restantes materias de 3ºcurso, con especial atención tamén a máis vinculada a esta: Avaliación Psicolóxica II.
- Seguimento continuado da materia: asistencia regular ás clases expositivas e interactivas; participación activa nas clases; aproveitamento das titorías para solucionar dúbidas ou orientar o proceso de aprendizaxe; lectura dos materiais e estudo de contidos conforme se desenvolve o programa. É necesaria a lectura do Caderno de Prácticas antes de asistir ás sesións interactivas.
- Idioma: As clases impartiranse en español.
- A coordinadora da materia é a profesora Sonia Doallo Pesado.
- Horario de titorías: Sonia Doallo, martes, xoves e venres de 9:30 a 11:30h, Facultade de Psicoloxía, Módulo A, 2º andar, despacho nº 59.
Maria Montserrat Corral Varela
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813885
- Correo electrónico
- montse.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Dolores Rodríguez Salgado
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813917
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sonia Doallo Pesado
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813916
- Correo electrónico
- sonia.doallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Sara Basanta Torres
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813915
- Correo electrónico
- sara.basanta.torres [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Cristina Salgado Blanco
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- cristinasalgado.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 8 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 9 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
02.06.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
04.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
04.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
04.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
04.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
04.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
04.07.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |