Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Que o alumno entenda o concepto de Psicobioloxía e coñeza a metodoxía e as técnicas que emprega esta disciplina para comprender a conduta humana.
- Que o alumno adquira coñecementos teóricos e prácticos sobre as bases biolóxicas (xenéticas, evolutivas, sociobiolóxicas, neurofuncionais e neuroanatómicas) da conduta humana.
- Que o alumno comece a desenvolver unha actitude científica á hora de enfrontarse á comprensión da conduta humana.
- Que o alumno desenvolva unha actitude equilibrada e racional sobre o papel que a bioloxía humana desempeña na conduta.
CONTIDOS DAS SESIÓNS DE TEORÍA
Tema 1. Concepto, obxecto, método e técnicas en Psicobioloxía.
Concepto e obxecto da Psicobioloxía. Disciplinas da Psicobioloxía. Métodos e técnicas de traballo en Psicobioloxía. Técnicas empregadas en animais e/ou preparacións. Técnicas empregadas en humanos.
Tema 2. Bases xenéticas da conduta.
Xenes e herdanza. Modelo polixénico. Xenética da conduta. Xenética cuantitativa da conduta.
Tema 3. Bases evolutivas da conduta.
Concepto de Evolución. Evolución dos homínidos. Etoloxía. Sociobioloxía.
Tema 4. Células nerviosas e gliales, sinais nerviosas e comunicación interneural.
Neuronas e glia. Os potenciais neuronais: potencial de repouso e potencial de acción. Sinapsis e potenciais postsinápticos. Neurotransmisores e neuromoduladores.
Tema 5. Organización anatómica e funcional do sistema nervioso (SN).
Desenvolvemento filoxenético do SN. Desenvolvemento ontoxenético do SN. Principais divisións anatómico-funcionais do SN. Eixos e planos de referencia do SNC.
Tema 6. Meninxes e vascularización.
Envolturas do SN. Sistema ventricular. Irrigación sanguínea. Barreiras encefálicas.
Tema 7. Hemisferios cerebrais ou telencéfalo.
Descrición xeral. Córtex: estructuras laminar e columnar do córtex, fibras do córtex e áreas corticais. Núcleos ou ganglios basais. Sistema límbico.
Tema 8. Diencéfalo: Tálamo. Hipotálamo. Sistema neuroendocrino.
Tema 9. Talo ou tronco encefálico e cerebelo.
Organización lonxitudinal do tronco encefálico. Formación reticular. Circuitos locais troncoencefálicos. Cerebelo.
Tema 10. A médula espiñal
Substancia gris. Substancia branca.
Tema 11. O sistema nervioso periférico.
Descrición xeral. Nervios craneais. Nervios espiñais. SN autónomo: SN simpático e SN parasimpático
A profesora Mónica Lindín impartirá os temas 1-4 e a profesora Montserrat Zurrón os temas 5-11.
CONTIDOS DAS SESIÓNS DE PRÁCTICAS
Práctica 1. Concepto de Psicobioloxía.
Procedemento: lectura individual de texto divulgativo e discusión por grupos sobre preguntas relacionadas co texto.
Práctica 2. Xenética.
Procedemento: realización e resolución de problemas de xenética
Práctica 3. Evolución humana e Etoloxía.
Procedemento: lectura de textos e discusión por grupos sobre preguntas relacionadas co texto.
Práctica 4. Neurona.
Procedemento: traballo coa maqueta dunha neurona e con preparacións microscópicas de tecido neural.
Práctica 5. Neurofisioloxía I.
Procedemento: traballo con programa de ordenador sobre simulación de funcionamento neural.
Práctica 6. Neurofisioloxía II.
Procedemento: realización e resolución de cuestións sobre fisioloxía neural.
Práctica 7. Neuroanatomía I: observación anatómica do sistema nervioso e términos de orientación.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 8. Neuroanatomía II: estructura externa do encéfalo.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 9. Neuroanatomía III: estructura interna do encéfalo en sección saxital.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 10. Neuroanatomía IV: estructura interna do encéfalo en seccións horizontais e coronais I.
Procedemento: traballo con maquetas.
Práctica 11. Neuroanatomía V: estructura interna do encéfalo en seccións horizontais e coronais II.
Procedemento: traballo con maquetas e con programa de ordenador.
Práctica 12. Neuroanatomía VI: estructura externa e interna do encéfalo en preparacións de tecido encefálico humano.
Procedemento: traballo con preparacións de tecido encefálico humano.
As clases prácticas (interactivas) serán impartidas polas profesoras Mónica Lindín, Rocío Martínez e Montserrat Zurrón e o profesor Santiago Galdo; tambén colaborarán na docencia Benxamín Varela e Sara Basanta.
Básica:
Abril Alonso, A., Ambrosio Flores, E., Blas Calleja, M.R., Caminero Gómez, A. A., García Lecumberri, C., Pablo González, J.M. e Sandoval Valdemoro, E. (2005). Fundamentos biológicos de la conducta (2ª ed., Vols. I y II). Sanz y Torres.
Abril Alonso, A., Ambrosio Flores, E., Blas Calleja, M.R., Caminero Gómez, A. A., García Lecumberri, C. e Pablo González, J.M. (2016). Fundamentos de Psicobiología. Sanz y Torres.
Carlson N.R e Birkett, M.A.. (2018). Fisiología de la conducta (12ª ed.). Pearson. Accesible electrónicamente a través da páxina da biblioteca da USC.
Crossman, A.R. e Neary, D. (2020). Neuroanatomía: texto y atlas en color (6ª ed.). Masson.
Felten, D.L., O`Banion, M.K. y Maida, M.S. (2022). Netter, Atlas de Neurociencia (4ª ed.). Elsevier. Accesible electrónicamente a través da páxina da biblioteca da USC.
Mtui, E.; Gruener, G. y Dockery, P. (2022). Fitzgerald. Neuroanatomía clínica y neurociencia. (8ª ed.). Elsevier. Electronically accessible through the USC library
Complementaria:
Abril, A., Ambrosio, E., Blas, M.R., Caminero, A., Claro, F., Ortiz-Caro, J., Pablo, J.M. e Sandoval, E. (1999). Cuestiones resueltas de fundamentos biológicos de la conducta I (2ª ed.). Sanz y Torres.
Bear, M.F., Connors, B.W. e Paradiso, M.A. (2016). Neurociencia: la exploración del cerebro (4ª ed.). Wolters-Kluver.
Curtis, H., Barnes, N.S., Schnek, A. e Massarini, A. (2016). Invitación a la Biología (7ª ed.). Panamericana.
Felten, D.l. y Maida, M.S. (2019). Netter. Cuaderno de neurociencia para colorear. Elsevier
Friedrich, P. e Jens, W. (2012). Sobotta. Atlas de anatomía humana (Vol. 3). Elsevier.
Haines, D.E. (2019). Principios de neurociencia (5ª ed.). Elsevier
Kalat, J.W. (2008). Psicología Biológica. Wadsworh Publishing (10ª edición)
Maier, R. (2001). Comportamiento animal. McGraw-Hill.
Mora, F. (2008). El reloj de la sabiduría. Tiempos y espacios en el cerebro humano. Alianza Editorial.
Mora, F. e Sanguinetti, A.M. (2004). Diccionario de neurociencia. Alianza Editorial.
Nolte, J. e Angevine, J.B. (2009). El encéfalo humano en fotografías y esquemas. Elsevier Mosby.
Peláez del Hierro, F., Gil Burman, C. e Sánchez Rodríguez, S. (2002). Introducción a la Etología: el estudio comparado del comportamiento animal. Biblioteca Nueva.
Plomin, R., DeFries, J.C., McClearn, G.E. e McGuffin, P. (2002). Genética de la conducta. Arial.
Purves, D. Augustine, G.J., Fizpatrick, D., Hall, W.C., LaMantia, A.S, McNamara J.O. e Williams, S.M. (2021). Neurociencia. Panamericana. (5ª edición)
Redolar Ripoll, D. (2023). Neurociencia cognitiva. Panamericana. (2ª edición) Accesible electrónicamente a través de la página de la biblioteca de la Universidad
Schünke, M., Schulte, E., Schumacher, U, Voll, M. e Wesker, K. (2021). Prometeus: texto y atlas de anatomía. (Vol. 3). Panamericana. (5ª edición)
Recursos TIC para a aprendizaxe de neuroanatomía:
- APPs:
3D Brain
Brain Tutor 3D
iSurf BrainView
Complete Anatomy 2021. Atlas de anatomía humana en 3D (Elsevier)
- Software que se pode descargar gratuitamente:
https://webpath.med.utah.edu/HISTHTML/NEURANAT/NEURANCA.html
- Das competencias específicas da titulación, nesta materia abórdanse as seguintes:
Relacionadas con coñecementos:
Coñecer e comprender as leis básicas dos distintos procesos psicolóxicos.
Coñecer e comprender os fundamentos biolóxicos da conduta humana e das funcións psicolóxicas.
Relacionadas con habilidades e destrezas:
Saber identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica.
Saber promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
Saber axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
- Competencias específicas da materia:
Coñecer e comprender o concepto de Psicobioloxía, así como a metodoloxía e as técnicas que emprega esta disciplina para comprender a conduta humana.
Coñecer e comprender as bases biolóxicas da conduta humana e dos procesos psicolóxicos.
- Competencias transversais:
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade de xestión da información.
Capacidade de resolución de problemas.
Razoamento crítico.
Capacidade para traballar de forma autónoma, así como en equipo colaborando eficazmente con outras persoas.
Capacidade para asumir responsabilidades.
Saber obter información de forma efectiva a partir de libros e revistas, así como a partir doutra documentación.
Clases teóricas (expositivas): exposición maxistral dos temas con apoio dos medios técnicos dos que se dispón na aula (ordenador e cañón), e entrega previa aos alumnos do material gráfico exposto na clase para facilitarlles o seguimento da mesma. Dito material estará a disposición dos alumnos na páxina da materia no campus virtual da USC.
Nas clases prácticas (interactivas) empregaranse as seguintes metodoloxías docentes:
- Traballo en grupos reducidos, empregando material adecuado aos distintos contidos da materia (microscopios, programas de ordenador, maquetas da neurona, do encéfalo e da médula, seccións de tecido nervioso humano).
- Traballo individual de elaboración de informes a partir de lecturas ou videos, seguindo o esquema aportado polo profesor, que recolla o grado de comprensión, integración de coñecementos e análise crítica do alumno; con debate e discusión posterior en grupo.
- Realización de exercicios e cuestións, tanto de forma individual como en grupo, e corrección dos mesmos na clase.
Titorías a grupos reducidos de alumnos/as: dirixidas polas profesoras co obxectivo de que os alumnos e alumnas adquiran unha maior comprensión dos coñecementos, resolvendo as súas dúbidas e dificultades. As datas destas titorías están recollidas no calendario de clases prácticas, que os alumnos teñen á súa disposición, dende o principio do curso, na páxina da materia no campus virtual da USC.
Titorías individuais: para resolver dúbidas e problemas individuais relacionados coa materia. O horario das titorías de cada profesor/a figura na porta do seu despacho, no apartado “Recomendacións para ó estudio da asignatura” deste programa, na guía docente (que estará a disposición do alumnado, dende o principio do curso, na páxina da materia no campus virtual da USC) e na páxina web da facultade.
Os contidos desta materia pódense consultar no campus virtual de USC. Recoméndase aos alumnos a utilización deste servizo proporcionado pola USC e polos profesores da materia.
Avaliación continua:
- Realizarase un seguimento do aproveitamento que o/a alumno/a realiza sobre a docencia recibida. Con ese obxectivo, realizaranse duas avaliacións formativas ao longo do cuadrimestre que suporán un 20% da nota. Estas avaliacións formativas non liberan materia para o exame final. Ademáis, terase en conta a asistencia ás clases presenciais, farase un control de asistencia a todas as clases interactivas e, aleatoriamente, a algunhas expositivas. Dito control de asistencia valorarase cun 5% da nota. Para xustificar as faltas de asistencia aplicarase a normativa da USC (“Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior”, acordo de Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010)
Avaliación final:
Realizarase un exame final en data oficial, que suporá un 75% da nota.
Nas actas da materia, considérase a un alumno como "Non presentado" só cando na avaliación final e nas días avaliacións formativas figure como non presentado.
Esta materia non pode ser cursada coa dispensa de asistencia a clase.
Clases expositivas: 35 h.
Clases prácticas: 15 h.
Avaliación formativa: 1h.
Titorías dirixidas a grupos reducidos: 1h.
Exame final: 2h.
Horas de estudio do alumno: 80 h. (estimadas).
Elaboración de informes e exercicios por parte do alumno: 20 h. (estimadas)
Que o alumno estudie de forma continuada a materia conforme se desenvolvan os temas.
Que faga uso das titorías para resolver as súas dúbidas.
Que empregue a bibliografía recomendada.
Horario de titorías do profesorado:
Galdo Álvarez, Santiago: consultar horario de titorías actualizado en: https://www.usc.gal/gl/departamento/psicoloxia-clinica-psicobioloxia/di…
Lindín Novo, Mónica: mércores e venres, de 11 a 14 h (despacho 58, módulo A).
Zurrón Ocio, Montserrat (coordinadora da materia): luns, martes e xoves, de 10:30 a 12:30 h (despacho 77, módulo A).
É obrigatoria a asistencia ás clases de teoría, ás clases prácticas e á titoría de grupos reducidos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na: “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Montserrat Zurrón Ocio
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813707
- Correo electrónico
- montserrat.zurron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Lindin Novo
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813910
- Correo electrónico
- monica.lindin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Galdo Alvarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813701
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rocio Martinez Regueiro
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813732
- Correo electrónico
- rocio.martinez.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC
Sara Basanta Torres
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813915
- Correo electrónico
- sara.basanta.torres [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Benxamin Varela Lopez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813915
- Correo electrónico
- benxamin.varela.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Antonio Gil Ugidos
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- antonio.gil.ugidos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:15 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 2 |
10:15-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
24.01.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
25.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
25.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
25.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
25.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
25.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |