Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Enxeñaría Química, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Enxeñaría Química, Química Analítica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia “Aula Profesional” está encadrada no segundo semestre do 4º curso da titulación de Grado en Enxeñaría Química. Con esta actividade preténdese que o alumnado complemente a súa formación científica e técnica, que se abordou previamente noutras materias do título, cunha serie de actividades ou seminarios cos que se perseguirá que o alumnado mellore a súa formación en certo número de competencias de tipo transversal, que lle faciliten a súa integración con éxito no mundo laboral, non só dende o punto de vista profesional senón tamén persoal
A materia Aula Profesional non terá unha estrutura ríxida en canto a contidos ou ensinanzas, senón que o alumnado poderá elixir libremente dentro dunha serie de actividades nas que desexe mellorar a súa formación. Para isto, a Aula Profesional brindará dúas posibilidades: a) a realización de prácticas en empresas; b) a asistencia a cursos, seminarios e talleres da Aula Profesional. Algúns exemplos de cursos, seminarios e talleres cítanse a continuación: preparación de C.V., taller de presentacións eficaces, redacción de informes técnicos, seminario de patentes, presentacións por profesionais de empresas, etc.
Fomentarase que profesores tanto do Centro como outros da Universidade de Santiago de Compostela podan propoñer as actividades a realizar no marco da Aula Profesional, polo que enviarán unha proposta áo Coordinador da Aula Profesional que a examinará e valorará con obxecto de incluílas ou non como actividades recoñecidas dentro da materia
Non existe unha bibliografía específica e única senón que esta dependerá dos cursos, seminarios e talleres que se organicen cada ano.
Xerais
• CG1. Capacidade para a redacción, firma e desenrrolo de proxectos no ámbito da enxeñaría química industrial que teñan por obxeto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe o explotación de estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais e procesos de fabricación e automatización
• CG4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas en el campo da enxeñaría.
• CG11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial
Transversais
• CT7. Toma de decisións
• CT9. Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar
• CT10. Habilidades nas relacións interpersonais
• CT11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas
• CT12. Razoamento críticos e compromiso ético
• CT13. Capacidade de aplicar os coñecementos nas prácticas
• CT14. Adaptación a novas situacións
• CT17. Creatividade
• CT18. Liderazo
• CT19. Aprendizaxe autónomo
• CT20. Iniciativa e espíritu emprendedor
Á asistencia a cursos e seminarios, garantirase que o alumnado poida realizar diversas actividades, que cubran as 150 h de dedicación persoal, nas que se combinarán seminarios de formación persoal e humanística con outros máis de tipo profesional. A tal efecto ofertarase unha programación para cada curso académico. Un profesor/a será o responsable académico de cada unha das actividades ofertadas, que velará polo seu cumprimento e que fará a correspondente avaliación.
O Coordinador da Aula Profesional terá a misión de valorar e confirmar que cada unha das actividades propostas cumpran o requisitos para estar incluídas na Aula Profesional. Asemade fomentará que profesores tanto do Centro, como outros da Universidade de Santiago de Compostela e profesionais poidan propor as actividades a realizar no marco da Aula Profesional.
O alumnado matriculado na actividade terá información non só das actividades ofertadas, senón tamén da súa planificación temporal, a través do panel de anuncios dedicado á Aula Profesional, as páxinas web da materia e do centro. Cada actividade realizada levará aparellada unha serie de horas de seminarios ou talleres presenciais (CG4, CG11, CT7, CT11, CT14, CT20) , ás que o alumno/a debe asistir, así como as horas de traballos e actividades a realizar fora da aula (CG1, CT9, CT10, CT12, CT13, CT17, CT18, CT19).
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe mediante a realización de actividades e traballos por parte do alumno/a de forma individual e/ou por grupo nas que se avaliarán os contidos do curso e o nivel de competencias xerais e transversais acadados en cada curso realizado. Os relatores dos cursos notificarán unha proposta de cualificación áo Coordinador da Aula Profesional quen será o que determine a cualificación final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones.
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Nas seguintes táboas indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Actividade Horas presenciais/Horas traballo alumno/ECTS
Clases maxistrais 0,0/0,0/0,0
Seminarios 50,0/85,0/5,4
Titorías individualizadas 2,0/13,0/0,6
Exame e revisión 0,0/0,0/0,0
TOTAL 52,0/98,0/6,0
Ó inicio do curso académico, a ETSE realizará un seminario de presentación da actividade aberta para todos os alumnos da titulación, onde se explicará que é a Aula Profesional e as actividades que se programan dentro de cada curso, sendo obrigatoria a asistencia a esta actividade para os alumnos de 4º curso de grado en Enxeñaría Química.
Antonia María Carro Díaz
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814388
- Correo electrónico
- tuchi.carro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana López Durán
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813774
- Correo electrónico
- ana.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade