-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 12Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 14
Clase Interactiva: 5.5
Total: 19.5Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Electrónica e ComputaciónÁreas:
Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Linguaxes e Sistemas InformáticosCentro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
O Traballo fin de grao consiste na elaboración dun traballo persoal onde se apliquen e integren os coñecementos e destrezas desenvolvidos durante os estudos realizados na Titulación, así como a súa capacidade de creatividade e orixinalidade.
O traballo realizado debe ser orixinal e independente, con identidade propia, aínda que pode formar parte dun desenvolvemento máis amplo ou xeneral.Os contidos dos TFG deberán axustarse a algunha das seguintes categorías:
a) Análise, deseño, implementación, validación e proba dun modelo que constitúa unha contribución a calquera paradigma da IA.
b) Análise, deseño, implementación, validación e proba dun módulo ou aplicación, servizo ou sistema intelixente completo.A bibliografía específica de cada traballo estará recollida nas diferentes propostas de proxectos aprobadas pola Comisión de Traballo Fin de Grao.
As competencias específicas que se desenvolvan durante a realización do traballo fin de grao dependen da temática concreta de cada proxecto. As competencias xerais que se desenvolverán durante a realización do traballo fin de grao son: capacidade para concebir e planificar o desenvolvemento de modelos CG1, resolución de problemas e toma de decisións con creatividade e autonomía CG2, deseño e creación de solucións de Intelixencia Artificial de calidade CG3, capacidade para a selección de solucións adecuadas a problemas concretos CG4 e a comunicación tanto de forma oral como escrita CB4.
O TFG supón a realización por parte de cada estudante e de forma individual dun proxecto, memoria ou estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis titores académicos, no que se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Grao. Todo TFG require un titor ou titora que asista ao estudante. O ou a estudante deberá contactar coa persoa que propón o traballo, co fin de elaborar conxuntamente o documento de acordo. Este acordo deberá ser presentado no curso académico no que se asigna a proposta, e entregado á Secretaría da ETSE empregando os mecanismos que esta estableza. O documento será entregado en formato pdf, con sinatura dixital ou sinatura escaneada, con data límite do último día laborable de febreiro para a súa defensa en xullo ou setembro, ou do último día laborable de outubro para a súa defensa en febreiro. O documento de acordo do TFG incluirá:
a) Datos de identidade (incluíndo sinatura de aceptación).
b) Datos de identidade da Titora ou do Titor do TFG (incluíndo a sinatura de aceptación).
c) Datos de identidade da Cotitora ou do Cotitor do TFG, se procede (incluíndo a sinatura de aceptación).
d) Título do TFG.
e) Obxectivo global e subobxectivos do TFG.
A lista de acordos recibidos publicarase por parte da Secretaría tralas datas límite de entrega dos acordos. A Xunta de Centro aprobará e publicará os períodos de presentación das memorias de TFG xunto coa convocatoria oficial de exámes de cada curso académico.
A memoria presentada mostrará o traballo desenvolvido pola/o estudante. A memoria terá unha extensión máxima de 50 páxinas (sen contar o índice, a bibliografía e os manuais), e incorporará a documentación que se indica no regulamento de TFG.A avaliación dos TFG admite dúas modalidades: avaliación ante titor ou titora e avaliación por un tribunal. Na solicitude de defensa do TFG poderase elexir entre a defensa pública diante da titora ou titor e a defensa pública diante dun tribunal. A exposición do TFG terá unha duración recomendada de 20 minutos por estudante, e terá carácter de acto público.
1) Modalidade titor.
- A defensa pública será realizada na correspondente convocatoria publicada polo Centro indicando data, hora e lugar.
- A cualificación máxima que poderá obterse nesta modalidade é de 8,0 puntos sobre 10.
2) Modalidade tribunal:
- Os Tribunais encargados de avaliar los TFG estarán formados por tres membros titulares (presidente ou presidenta, secretaria ou secretario e vocal) e un membro suplente que serán PDI con docencia na Titulación.
- As persoas que deenvolvan a función de titoría dun TFG non poderán ser membros do Tribunal que o xulgue.
A avaliación será de 0 a 10 puntos e conterá os seguintes aspectos:
a) Calidade do Traballo (CT): 65%.
b) Documentación (D): 20%.
c) Presentación (P): 15%.
A cualificación final outorgada será a dada pola seguinte ponderación: 0,65*CT+0,20D+0,15*P (indicada cunha cifra decimal). No caso de avaliación polo titor ou a titora, a cualificación final non poderá superar o 8,0.
Unha vez feita a entrega do traballo e verificadas as condicións para a súa defensa, non presentarse á defensa do TFG na data asignada, terá a cualificación de suspenso nesa oportunidade.O tempo a dedicar a esta materia serán 300 horas, incluíndo as horas de traballo persoal, titorías presenciais e avaliación.
a Comisión de Traballo Fin de Grao dla titulación é aresponsable de velar polo correcto desenvolvemento de todos os aspectos relacionados con esta materia. Recoméndase ao estudante consultar o regulamento do TFG e o seguimento da información que a Comisión de Traballo Fin de Grao faga pública
-