-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 5Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 5
Clase Expositiva: 15
Clase Interactiva: 20
Total: 40Linguas de uso
Alemán, InglésTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Filoloxía Galega, Ciencias da Comunicación, Estatística, Análise Matemática e OptimizaciónÁreas:
Filoloxías Galega e Portuguesa, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Estatística e Investigación OperativaCentro
Facultade de FiloloxíaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Este curso proporciónalles ós/ás estudantes unha introdución ás técnicas de análise estatística e de visualización da información lingüística. O propósito é chamar a atención sobre as posibilidades que ofrecen estas técnicas e facilitarlles unha guía práctica de como poden ser empregadas na investigación de datos léxicos e na súa aplicación lexicográfica.
1. Estatística aplicada a datos lingüísticos
1.1. Estatística descritiva univariante
1.2. Ferramentas de inferencia básicas (estimación e contrastes)
1.3. Métodos bivariantes
1.4. Modelos de regresión
1.5 Introdución aos métodos multivariantes
2. Visualización de datos lingüísticos
2.1. Análise de datos lingüísticos e visualización de información
2.2. Técnicas de visualización
2.3. Ferramentas e estudo de casos
3. Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica
3.1. Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: aproximación epistemolóxica
3.1.1. Traballando a lexicografía na e para a cultura visual
3.1.2. Principios de deseño para a creación de produtos e formatos CGI (Computer-generated imagery)
3.1.3. Concepto, historia, técnicas e estilos do proceso de creación en CGI
3.2. Recursos e ferramentas con aplicación lexicográfica: uso e deseño
3.2.1. Aproximación ao software de creación de contidos audiovisuais
3.2.2. Proceso de creación de contidos audiovisuais
3.2.3. Técnicas de edición, montaxe e exportación de contidos audiovisuais.Durante o desenvolvemento dos contidos facilitaráselles bibliografía específica ós/ás estudantes.
Coñecemento ou contidos: Con05, Con06
Habilidades ou destrezas: H/D05, H/D06, H/D07
Competencias: Comp02, Comp03, Comp04A docencia do curso procurará a combinación dos seguintes métodos:
(a) Aulas teóricas e expositivas. Centraranse na presentación de cada un dos contidos propostos no programa.
(b) Aulas prácticas e interactivas. Consistirán nunha análise practica de casos mediante presentacións, exercicios, lecturas etc.
(c) Sesión de titorías. Dedicaranse á preparación e supervisión de tarefas encomendadas ós estudantes.
(d) Actividades complementarias. Inclúen tarefas que os estudantes deberán realizar fóra da aula baixo a supervisión dos profesores.
Os/As estudantes serán informados/as durante o curso sobre os materiais e a bibliografía que se empregarán nas aulas.1. Oportunidade: presentación en clase e ensaio breve (10-15 páxinas): 100% da nota final
2. Oportunidade: a avaliación da segunda oportunidade realizarase co mesmo procedemento da oportunidade 1ª.
Os estudantes que xustifiquen a dispensa de asistencia no decanato da Facultade deberán realizar un traballo final que suporá o 100% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da Universidade de Santiago de Compostela (https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/normativa/descarga…).Asistencia: máximo de 35 horas.
Nas aulas correspondentes a Estatística aplicada a datos lingüísticos aplicaranse metodoloxías estudadas na materia "Recursos e erramentas con aplicación lexicográfica: uso e deseño II".
-
Xulio Sousa Fernández
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Enrique Castello Mayo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Roi Mendez Fernandez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- roi.mendez@usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Rosa María Crujeiras Casais
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813212
- Correo electrónico
- rosa.crujeiras@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
-
1º semestre - Do 15 ao 21 de setembro Luns 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Inglés B06 Xoves 16:00-18:00 Grupo /CLIS_01 Inglés B06 Exames 19.12.2025 09:30-12:00 Grupo /CLIS_01 B06 19.12.2025 09:30-12:00 Grupo /CLE_01 B06 16.01.2026 09:30-12:00 Grupo /CLE_01 B06 16.01.2026 09:30-12:00 Grupo /CLIS_01 B06