-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 16
Clase Interactiva: 16
Total: 34Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Produción Vexetal e Proxectos de EnxeñaríaÁreas:
Produción VexetalCentro
Escola Politécnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Ofrecer un panorama xeral dos principios e técnicas aplicados para producir biomasa con posible destino enerxético no marco da bioeconomía. Os resultados do aprendizaxe deberán ser os seguintes:
Adquirir formación sobre sistemas de produción de biomasa ligno-celulósica, así como coñecementos sobre implantación e xestión de cultivos enerxéticos leñosos e herbáceos. Adquirir coñecementos sobre os principais biocombustibles sólidos utilizados en procesos de produción de enerxía térmica ou eléctricaA Memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos: Produción de biomasa en sistemas forestais: leñas, restos de corta e tocóns, uso enerxético de plantaciones forestais tradicionais. Xestión selvícola para aproveitamento enerxético. Densidades de implantación. Claras enerxéticas. Cultivos enerxéticos leñosos a curta rotación. Cultivos enerxéticos herbáceos. Proteción de sistemas forestais e de cultivos enerxéticos: sistemas de control, axentes causantes de danos, inventario de danos e control.
Estes contidos desenvolveranse de acordo ó seguinte temario:
Bloque I. Fundamentos de biomasa e agroenerxía. Sostibilidade
Tema 1. Tipoloxía de biomasa. Conceptos e clasificación. 1 h
Tema 1b. Interactivo. Rendementos enerxéticos. 1 h
Tema 2. Limitacións ambientais ao aproveitamento. 1 h
Tema 2b. Interactivo. Eficiencia enerxética e análise de ciclo de vida (ACV). 1 h
Bloque II. Produción de biomasa en sistemas forestais
Tema 3. Sistemas de produción de leñas. 1 h
Tema 3b. Interactivo. Emprego de normas de calidade de leñas, astelas e pélets. 1 h
Tema 4. Xestión selvícola de produción mixta madeira-biomasa. Restos de corta e tocos 1 h Tema 4b. Interactivo. Rareos enerxéticos 1 h
Bloque III. Cultivos enerxéticos leñosos
Tema 5. Técnicas de implantación e densidade inicial 1 h
Tema 5b. Interactivo. Colleita e calidade de biomasa 1 h
Tema 6. Manexo, produtividade e quenda 1 h
Tema 6b. Interactivo. Recursos e avaliación produtividades 1 h
Titorías sobre Traballo individual sobre procesos e análise de resultados de experiencias de produción de biomasa 2 h
Bloque IV. Cultivos enerxéticos herbáceos
Tema 7. Cultivos para produción de biomasa lignocelulósica 1 h
Tema 7b. Interactivo. Micropropagación e propagación en herbáceos 4 h
Tema 8. Cultivos para biomasa amilácea 1 h
Tema 9. Cultivos para biomasa azucarada e oleaxinosa 1 h
Titorías sobre cultivos herbáceos 1 h
Bloque V. Proteción
Tema 10. Problemas sanitarios na produción de biomasa. Axentes causantes de dano e sistemas de detección 1 h
Tema 11. Estratexias de control específico 1 h
Tema 12. Protección en sistemas forestales e cultivos enerxéticos 1 h
Tema 12b. Interactivo: Identificación de axentes dañinos en aproveitamentos forestais 1h
Tema 12c. Interactivo: Identificación de axentes dañinos en cultivos de biomasas 3 h
Titorías sobre protección 1 h
PRÁCTICAS DE CAMPO:
Prácticos (docencia interactiva):
-Práctica de campo 1: Visita a cultivos energéticos leñosos de chopo y planta logística de biomasa para uso térmico. 2 hBásica
-Lacal, J.A., 2023. Aplicación de la bioenergía en el ámbito industrial. Díaz de Santos. 206 pp
-Holm-Nielsen, J., & Ehimen, E. A. (Eds.). (2016). Biomass supply chains for bioenergy and biorefining. Woodhead Publishing.
Complementaria
-Camps, M., Marcos, F., 2008. Los biocombustibles. 2ª Edición. Mundi Prensa. 383 pp.
-LEY DE SANIDAD VEGETAL. BOE 279 22649 LEY 43/2002.
-Serrada, R., Montero, G., Reque, J., 2009. Compendio de selvicultura aplicada en España
-Vega, D., Dopazo, R., Ortíz, L., 2010. Manual de cultivos energéticos. UVIGO, 211 pp.
-AENOR, 2011. UNE-EN 14961-1. Biocombustibles sólidos: especificaciones y clases de combustibles. Parte 1: requisitos generales
-Energiespaverband, 2010. Biomass heating in upper Austria: green energy, green jobs. 40 pp.
-Girma H, Rao MR, Day R, Ogol CKPO. 2006. Abundance of insect pests and their effects on biomass yields of single vs. multi-species planted fallows. Agroforestry Systems. DOI 10.1007/s10457-006-9000-2
-IDAE, 2009. Guía técnica: instalaciones de biomasa térmica en edificios. Ministerio de Industria, turismo y comercio. 88pp
-Ortíz, L., 2008. Producción de biocombustibles sólidos de alta densidad en España. Boletín del CIDEU, 5, 107-123.
-Raitila, J. & Hillebrand, K. Improvement of firewood quality, Quality Wood Project Report WP3.2/2008, Project EIE/06/178/SI2.444403. Jyväskylä, Finland, December 2008, 38 pages.
- Skevas T, Swinton SM, Meehan TD, Kimc TN, Gratton C, Egbendewe-Mondzozo A. 2014. Integrating agricultural pest biocontrol into forecasts of energy biomass production. Ecological Economics 106 (2014) 195–203
- Revistas: Biocombustibles, Biomass and Bioenergy, Bioenergy international (edición España)
- I y II Congresos Ibéricos de biocombustibles.
- Tolosana, E.; Ambrosio, Y.; Laína, R. Y Martínez Ferrari, R.; 2009. Guía de la maquinaria para el aprovechamiento y la elaboración de biomasa forestal. Cesefor, Junta de Castilla y León, 92 ppQuen supere esta asignatura, coñecerá:
COM1-12. Os principios e técnicas aplicados para producir biomasa forestal con posible destino enerxético ou
no marco da bioeconomía.
Asemade, será capaz de:
HAM1-10. Deseñar e xestionar plantacións de cultivos enerxéticos leñosos e herbáceos.
HAM1-11. Deseñar sistemas de protección sanitaria para cultivos enerxéticos leñosos e herbáceos.
Esta asignatura contribuirá a que se adquiran as competencias:
A) Específica:
CEM1-04. Coñecemento e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía no ámbito das enerxías
renovables no medio forestal e natural.
B) Xeral:
CG05. Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables.A docencia incluirá tanto sesións expositivas (16 h) como interactivas (16 h), que incluirán prácticas de laboratorio ou prácticas de campo.
Na docencia expositiva incluiranse resumos e análises xerais do estado da arte en temas clave, orientando ao alumno para o acceso a información complementaria no seu traballo persoal. As metodoloxías concretas a aplicar serán:
-Leccións maxistrais participativas. Traballaranse especialmente a competencia COM1-12.
-Seminarios e conferencias con manexo de bibliografía en inglés. Traballaranse as competencias CEM1-04
-Prácticas de laboratorio. Traballaranse as HAM1-10 y HAM1-11
-Prácticas de campo e visitas técnicas. Traballaranse as competencias HAM1-10, HAM1-11 e CG05
-Resolución de problemas. Traballarase HAM1-10, HAM1-11 y CEM1-04Avaliación: a materia avaliarase en 3 partes: Sistemas de produción e cultivos leñosos (bloques I, II y III), Cultivos herbáceos (bloque IV) e Protección (bloque V), mediante unha combinación dos seguientes aspectos:
Participación nas clases expositivas e interactivas (indispensable). Peso do 10%.
Probas escritas: 60%. Indispensable aprobar cada unha das 3 partes por separado. Competencias cubertas: COM1-12, CEM1-04 e CG05
Entrega de exercicios e traballos propostos: 20%. Competencias: HAM1-10, HAM1-11 y CG05
A práctica de campo será de asistencia obligatoria, debendo entregarse un informe
As probas escritas suporán un tempo de 4 h
En canto á superación da materia en segunda oportunidade (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións da USC), as condicións serían idénticas, requerindose a presentación de exercicios e traballos propostos e a superación da proba escrita. As mesmas condicións aplicaranse ao alumnado repetidor.
No caso de alumnado con dispensa de asistencia, deberán realizar as prácticas obligatorias, incluíndo a viaxe, polo que a dispensa só será aplicable ás clases expositivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).O correspondente á asignación de 4 créditos ECTS á materia. Corresponde a 16 h por crédito, o que supón neste caso 64 h. Unha distribución probable sería: 4 horas de traballo en grupo, 24 h de lectura e preparación de temas, 8 h de realización de exercicios, 8 h de preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre elas, 6 h de elaboración de traballos de curso e 14 h de preparación de probas de avaliación.
Asistencia a clase, uso do horario de titorías e consulta de dúbidas co profesorado
-
Roque Rodríguez Soalleiro
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- roque.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Josefa Lombardero Diaz
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823150
- Correo electrónico
- mariajosefa.lombardero@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
1º semestre - Do 15 ao 21 de setembro Luns 09:00-10:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán Aula 20 (Pav.II-PPS) Martes 09:00-10:00 Grupo /CLE_01 Castelán, Galego Aula 20 (Pav.II-PPS) Mércores 10:00-12:00 Grupo /CLE_01 Galego, Castelán Aula 20 (Pav.II-PPS) Xoves 12:00-14:00 Grupo /CLIL_01 Galego, Castelán Aula 20 (Pav.II-PPS)