Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 143.5 Horas de Titorías: 5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Ciencias da Comunicación, Dereito Común, Dereito Público Especial e da Empresa, Economía Aplicada
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Constitucional, Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Comunicación Audiovisual e Publicidade, Dereito Civil, Dereito Eclesiástico do Estado, Dereito Internacional Privado, Dereito Romano, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Financeiro e Tributario, Dereito Mercantil, Dereito Penal, Dereito Procesual, Filosofía do Dereito, Historia do Dereito e das Institucións, Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A Memoria verificada da titulación de graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela sinala no seu apartado 5.1, relativo á planificación das ensinanzas, que “ao traballo de fin de Grao asígnaselle unha carga de 6 ECTS. Os alumnos deberán realizar un traballo no que demostren as competencias adquiridas ao longo da titulación. A Facultade fará cada curso unha oferta de traballos, tendo en conta os contidos formativos incluídos no plan de estudos, e de titores. Os alumnos seleccionarán o tema do traballo dentro desa oferta e o titor ou titores serán designados a cada alumno en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesorado. A avaliación levarase a cabo sobre a base dun informe de valoración emitido polo titor”.
Para formalizar a matrícula destes traballos o alumno poderá ter pendentes como máximo 75 ECTS para completar os estudos, excluídos os correspondentes ao Traballo, debendo formalizar matrícula en todos eles.
O traballo de fin de Grao supón a elaboración por parte de cada estudante e de forma individual dun traballo académico orixinal no que debe demostrar as competencias adquiridas ao longo da titulación e que inclúe, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación e defensa.
O traballo de fin de Grao será un traballo escrito dun mínimo de 75.000 e un máximo de 100.000 caracteres, incluidos espazos en blanco, e excluídos, de ser o caso, os anexos documentais que non se integren na estrutura do traballo definida no punto 4 deste artigo, e en tamaño DIN A4. Na páxina web do centro publicarase o modelo de portada do traballo de fin de Grao normalizado.
A estrutura do traballo debe conter:
a) Título.
b) Palabras chave.
c) Resumo de 300 palabras como máximo.
d) Índice completo.
e) Introdución.
f) Desenvolvemento debidamente epigrafiado.
g) Conclusións.
h) Relación da bibliografía e dos demais materiais e fontes documentais empregados na súa elaboración.
i) No traballo seguirase calquera dos sistemas de citacións de entre os aceptados no eido das ciencias sociais e xurídicas.
A bibliografía básica será indicada polo/a titor/a de cada traballo.
A) Competencias xerais (CG):
CG1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CG2.- Capacidade de organización e planificación
CG3.- Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiales e nunha ou varias linguas estranxeiras
CG4.- Coñecementos de informática aplicados ao ámbito do estudo
CG5.- Capacidade de obtención e xestión da información
CG6.- Capacidade de resolución de problemas
CG7.- Capacidade de decisión
CG8.- Razonamiento crítico
CG9.- Compromiso ético e deontolóxico
CG10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CG11.- Traballo nun contexto internacional
CG12.- Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional
CG13.- Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad
CG14.- Aprendizaxe autónoma
CG15.- Adaptación a novas situacións
CG16.- Creatividade
CG17.- Liderado
CG18.- Coñecementos doutras culturas
CG19.- Iniciativa e espírito emprendedor
CG20.- Motivación pola calidade e a excelencia profesional
CG21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CG22.- Espírito de superación
B) Competencias específicas (CE):
CE1.- Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razonamiento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamiento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
CE10.- Adquirir o coñecemento de todos os mecanismos de resolución de conflitos admitidos en Dereito
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
Metodoloxía da ensinanza
O traballo de fin de Grao é elaborado de xeito individual por cada un dos alumnos e alumnas matriculados en forma e prazo.
A titularidade dos dereitos de propiedade intelectual corresponde ao autor ou autora do traballo de fin de Grao.
A Comisión de Docencia e Calidade poderá propoñer, a petición do titor/a ou do Tribunal cualificador, a publicación dos traballos de fin de Grao que destaquen pola súa calidade no repositorio institucional da USC (Minerva), e en especial propoñeranse os dos/as alumnos/as que acaden a mención de matrícula de honra nesta materia. Neste sentido, é necesario que o alumno/a asine a autorización á que se refire o punto 3 do artigo 11.
Obrigas do estudantado
Son obrigas específicas do estudantado en relación cos traballo de fin de Grao:
a) Informar ao titor ou titora da evolución do traballo de fin de Grao.
b) Asistir ás titorías programadas polo titor ou titora.
c) Elaborar e presentar un traballo de fin de Grao orixinal e inédito nos termos establecidos neste Regulamento, polo que o alumno ou alumna responde da autoría e orixinalidade da obra.
O traballo de fin de Grao debe ter un titor ou titora que asista ao alumno ou alumna na elaboración do traballo. Por razóns xustificadas, e previa a petición do alumno/a a Comisión dos traballos de fin de Grao poderá designar outro titor ou titora, un cotitor/a ou, excepcionalmente, dous cotitores/as.
O titor ou titora será ordinariamente persoal docente e investigador das áreas de coñecemento que teñan adscrito o traballo de fin de Grao na titulación de graduado en Dereito.
As tarefas de titorización, avaliación e cualificación dos traballos de fin de Grao forman parte das obrigas docentes do profesorado.
Obrigas do titor ou titora
Son obrigas específicas do titor ou titora do traballo de fin de Grao:
a) Fixar o tema concreto do traballo dentro da correspondente liña temática de acordo co alumno/a.
b) Expoñerlle ao alumno ou alumna as características do traballo de fin de Grao e orientalo na súa elaboración.
c) Realizar un seguimento da elaboración do traballo de fin de Grao e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados.
d) Emitir informe preceptivo previo á defensa do traballo de fin Grao.
Requisitos para a presentación:
A presentación do TFG, ben sexa perante titor/a, ben perante tribunal, farase a través da Secretaría Virtual do alumnado, segundo o procedemento que alí se estableza.
Os/as autores/as dos traballos de fin de Grao, deberán asinar o correspondente documento para autorizar, no seu caso, a súa difusión no repositorio institucional da USC (Minerva), no que declaren que se trata dun traballo orixinal, que non está suxeito a restricións, tales como co-titularidade, dereitos de propiedade industrial ou cláusulas de confidencialidade con empresas.
Requisitos para a avaliación:
Os traballos de fin de Grao só poden ser presentados e avaliados unha vez que se teña constancia de que o alumno ou alumna superou todos os ECTS necesarios para a obtención do título de graduado en Dereito, agás os correspondentes ao propio traballo.
O Coordinador ou Coordinadora dos traballos de fin de Grao verificará que se cumpren estes requisitos para autorizar a súa presentación. Para estes efectos, no caso de que na data de presentación aínda non se recepcionasen todas as actas de exame das materias, o Secretario ou Secretaria da Facultade solicitará do profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do alumnado que vaia presentar os traballos na mesma convocatoria. Estes informes teranse en conta no momento da avaliación dos traballos de fin de Grao.
O informe do titor ou titora:
Tanto no caso de que o traballo de fin de Grao sexa avaliado por un Tribunal como no caso de que sexa avaliado polo titor/a, este/a emitirá informe no que indicará se se cumpren os requisitos formais do artigo 2 deste Regulamento, se existen defectos substantivos insubsanables e calquera outra incidencia producida ao longo da titorización que considere oportuno reflectir para os efectos da avaliación do traballo de fin de Grao.
O informe entregarase na Secretaría do Decanato con polo menos tres días lectivos de antelación con respecto á data de defensa do traballo.
O tribunal de avaliación:
Todo o persoal docente e investigador das áreas de coñecemento que teñan adscrito o traballo de fin de Grao da titulación de graduado en Dereito está obrigado a formar parte dos tribunais de avaliación destes traballos.
A determinación do número de tribunais en cada convocatoria e a designación dos seus membros é competencia da Xunta de Facultade, por proposta dos Departamentos aos que pertenzan as áreas de coñecemento que teñan adscrito o traballo de fin de Grao.
Cada tribunal está formado por tres membros titulares e tres suplentes. Os titores e titoras dos traballos de fin de Grao non poden formar parte dos tribunais de avaliación dos traballos que tutoricen. A participación nos tribunais é obrigatoria para as persoas nomeadas, agás causa debidamente acreditada e notificada con antelación suficiente.
Nas actuacións do tribunal actuará como Presidente o membro de maior categoría e máis antigo e como Secretario o de menor categoría e máis novo. Este criterio non se verá alterado no caso de actuar algún/s membro/s suplente/s.
Conformarase polo menos un tribunal de avaliación por cada Departamento con sede na Facultade de Dereito. Os Departamentos, antes do final do mes de novembro de cada ano, propoñerán os membros do correspondente tribunal de avaliación, procurando a rotación dos docentes dun curso a outro e dando preferencia a aqueles que non teñan asignada tutela académica de traballos de fin de Grao ou cuxa carga docente sexa menor.
Presentación dos traballos de fin de Grao:
O acto de presentación é realizado polo alumno ou alumna en sesión pública na data e hora asignada.
A presentación do traballo consiste nunha exposición oral na que se indicará o tema desenvolto, o método seguido e as principais conclusións, cunha duración máxima de quince minutos. De seguido,
a. No caso de que avalíe un tribunal, o Presidente abrirá un debate entre os membros deste e o alumno/a sobre o traballo presentado e a exposición realizada, por un tempo máximo de quince minutos, ou ben
b. No caso de que avalíe o titor/a, este formulará ao alumno/a as preguntas que, no seu caso, considere pertinentes sobre o traballo presentado e a exposición realizada, por un tempo máximo de quince minutos.
No caso de que o alumno/a non compareza ao acto de presentación, a cualificación será “non presentado”.
Criterios de avaliación:
Celebrado o acto de presentación pública do Traballo de Fin de Grao (TFG), o tribunal de avaliación valorará de 0 a 10, e o titor/a de 0 a 8, en consideración aos seguintes aspectos do TFG:
a) Contido do traballo, o que inclúe o cumprimento dos obxectivos propostos, a orixinalidade, a adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, as dificultades e as conclusións, entre outros aspectos.
b) Presentación escrita do TFG, o que inclúe a estruturación, a redacción e a corrección ortográfica, entre outros aspectos.
c) Exposición oral e debate co tribunal de avaliación, o que inclúe a concisión, a claridade, o cumprimento do tempo establecido e a defensa do traballo, entre outros aspectos; ou ben resposta das preguntas formuladas, no seu caso, polo titor/a.
A cualificación final outorgada ao TFG obtense de acordo coa seguinte puntuación:
A) No caso de que avalíe o tribunal:
a) Contido do traballo: de 0 a 4.
b) Presentación escrita: de 0 a 3,5
c) Exposición oral e debate co tribunal de avaliación: de 0 a 2,5
B) No caso de que avalíe o titor/a:
a) Contido do traballo: de 0 a 3,2.
b) Presentación escrita: de 0 a 2,8
c) Exposición oral e resposta ás preguntas que, no seu caso, lle formule o titor/a: de 0 a 2
Para outorgar a cualificación final a cada traballo de fin de grao os tribunais de avaliación terán en conta o informe do correspondente titor ou titora, que non terá carácter vinculante.
A cualificación final é a resultante ben da media aritmética, expresada cun só decimal, das cualificacións atribuídas por cada un dos membros do tribunal de avaliación (tribunal de avaliación), ou ben da puntuación outorgada polo titor/a (avaliación polo titor/a).
O traballo de fin de grao forma parte do plan de estudos da titulación de graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela cunha carga lectiva de 6 ECTS, o que equivale a 150 horas de traballo persoal do alumnado, incluidas as horas de titorías e a presentación do traballo perante o titor/a ou perante o tribunal de avaliación.
Recoméndase ao alumnado realizar o "Curso avanzado de competencias en información" impartido pola Biblioteca Concepción Arenal