Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Procesual
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
Transmitirlle ao alumnado o coñecemento das institucións básicas do proceso penal, con referencia, sobre todo, ao caso español e a actual Lei de Axuizamento Criminal, así como familiarizalo, na medida do posible, co seu funcionamento práctico nas súas diversas modalidades procesuais.
Máis concretamente, o obxectivo ou fin perseguido é que se adquiran os coñecementos básicos sobre os suxeitos que interveñen no proceso penal regulado pola referida Lei, os posibles feitos xuridicamente relevantes que poden constituír o seu obxecto, e sobre a forma na que o/a xuíz/a, o/a fiscal e as partes levan a cabo o seu axuizamento coas debidas garantías constitucionais. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método de solución de conflitos dialéctico e formalizado e, polo tanto, hai que posuír un bo coñecemento da orde e forma que seguen as actuacións procesuais, pero tamén atender ao cumprimento de todos os fins do proceso penal.
GRUPOS C: PROFR. DR. BERNARDINO JOSE VARELA GOMEZ, TITULAR DE DEREITO PROCESUAL
Transmitirlle ao alumno o coñecemento das institucións básicas do proceso penal, con referencia, sobre todo, ao caso español e a actual Lei de Axuizamento Criminal e familiarizalo, na medida do posible, co seu funcionamento práctico nas súas diversas modalidades procesuais.
Máis concretamente, o obxectivo ou fin perseguido é que se adquiran os coñecementos básicos sobre os suxeitos que interveñen no proceso penal regulado por aquela, dos posibles feitos xuridicamente relevantes, que poden constituír o seu obxecto, e sobre a forma na que o xuíz, o fiscal e as partes levan a cabo o seu axuizamento coas debidas garantías constitucionais. Todo isto tendo en conta que o proceso é un método de solución de conflitos dialéctico e formalizado e, polo tanto, hai que posuír un bo coñecemento da orde e forma que seguen as actuacións procesuais, pero tamén atender ao cumprimento de todos os fins do proceso penal.
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
LECCIÓN 1ª: O PROCESO PENAL: 1.-Concepto e fins. 2.-Eficacia. 3.-Estrutura e principios do proceso penal: fases de instrución, intermedia, xuízo oral, impugnación e execución. 4.-A mediación no proceso penal.
LECCIÓN 2ª: COMPETENCIA E PROCESO PENAL: 1.-Os tribunais da orde xurisdicional penal. 2.-Clases de competencia. 3.-Competencia obxectiva: distribución. 4.-Competencia funcional: manifestacións. 5.-Competencia territorial: foros preferente, específico e subsidiarios. 6.-A conexión: concepto e supostos. 7.-Tratamento procesual da competencia no proceso penal.
LECCIÓN 3ª: PARTES NO PROCESO PENAL: ACTIVAS: 1.-Partes no proceso penal: concepto e clases. 2.-O Ministerio Fiscal: concepto e lexitimación. Principios de actuación. Intervención do/a Fiscal no proceso penal. 3.-Os acusadores popular, particular e privado. 4.-O actor civil.
LECCIÓN 4ª: PARTES NO PROCESO PENAL: PASIVAS: 1.-A persoa imputada: concepto e capacidade. A persoa xurídica como imputada. 2.-Exencións xurisdicionais. 3.-A ausencia da/o imputada/o. 4.-Xuízo abreviado e por delitos leves en ausencia da/o imputada/o. 5.-A defensa da persoa imputada. O dereito de asistencia de avogada/o: contido, nacemento e finalización, obrigatoriedade. 6.-As/Os responsables civís: concepto e clases.
LECCIÓN 5ª: O OBXECTO DO PROCESO PENAL: 1.-O obxecto do proceso penal: a pretensión punitiva do Estado e das partes acusadoras. 2.-A identificación do obxecto do proceso: o feito a efectos procesuais. 3.-Outros elementos configuradores do obxecto do proceso. 4.-Obxecto civil do proceso penal. 5.-As cuestións prexudiciais.
LECCIÓN 6ª: OS PROCEDEMENTOS PENAIS: 1.-O proceso común por delitos graves: fases. 2.-O proceso penal abreviado: caracteres xerais, ámbito, fases. 3.-O xuízo por delitos leves: caracteres distintivos. 4.-Os xuízos rápidos por delito e por delito leve. 5.-O proceso penal ante o Xurado. 6.-O procedemento por aceptación de decreto. 7.-O proceso penal de menores. 8.-O procedemento de comiso.
LECCIÓN 7ª: A FASE DE INSTRUCIÓN: INICIACIÓN: 1.-Iniciación de oficio. 2.-A denuncia: natureza e requisitos. O atestado policial. 3.-A querela: concepto, contido e requisitos. 4.-A fase de instrución: función e características. 5.-Órganos encargados. 6.-Instrución xudicial e investigación preliminar da/o Fiscal e da Policía Xudicial. 7.-Procedemento. Especial referencia á duración da instrución.
LECCIÓN 8ª: CONTIDO DA INSTRUCIÓN: 1-Identificación do/a imputado/a. 2.-Roda de recoñecemento e outros métodos de identificación. 3.-Declaracións da persoa imputada na instrución: natureza, garantías e práctica. 4.-Dilixencias en relación co corpo do delito. 5.-Autopsia. 6.-Métodos relativos á alcolimetría. 7.-Inspeccións e intervencións corporais. 8.-Testemuñas na instrución. 9.-Dilixencia de acareo. 10.-Peritos na instrución. 11.-Videovixilancia.
LECCIÓN 9ª: ACTOS DE INVESTIGACIÓN RESERVADOS Á INSTRUCIÓN XUDICIAL: 1.-En xeral: a resolución do/a xuíz/a de instrución. 2.-Detención e apertura de correspondencia. 3.-Dilixencias de investigación tecnolóxica: disposicións comúns; a interceptación das comunicacións telefónicas e telemáticas; a captación e gravación de comunicacións orais mediante a utilización de dispositivos electrónicos; a utilización de dispositivos técnicos de seguimento, localización e captación da imaxe; o rexistro de dispositivos de almacenamento masivo de información e os rexistros remotos sobre equipos informáticos. 4.-Entrada e rexistro de lugar pechado. 5.-Outras medidas restritivas: axentes encubertos; circulación e entrega vixiada de drogas.
LECCIÓN 10ª: AS MEDIDAS CAUTELARES: 1.-Concepto. 2.-Caracteres e presupostos. 3.-Medidas cautelares persoais. Detención: concepto e clases, prazo, dereitos do/a detido/a. Orde europea de detención. 4.-Prisión provisional: concepto, presupostos, clases, procedemento, duración e indemnización. 5.-Liberdade provisional: concepto, presupostos, clases e procedemento. 6.-Medidas limitativas doutros dereitos. 7.-Medidas de protección á vítima: Prohibicións de residencia. Orde de protección. 8.-Medidas cautelares reais: fianza, embargo e pensión provisional.
LECCIÓN 11ª: A FASE INTERMEDIA: 1.-Concepto. 2.-O sobresemento: concepto e clases, motivos, efectos. 3.-O auto de apertura do xuízo oral. 4.-Cualificacións provisionais: concepto e contido. 5.-A conformidade da/o acusada/o: concepto, ámbito, momento procesual e efectos.
LECCIÓN 12ª: O XUÍZO ORAL: 1.-Funcións. 2.-Celebración e publicidade. 3.-Cuestións previas.
4.-Teoría xeral da proba no proceso penal: concepto; fontes e medios, obxecto e carga, principios esenciais da actividade probatoria; a proba preconstituda. 5.-Procedemento probatorio. 6.-Valoración da proba: proba prohibida e proba ilícita. 7.-Presunción de inocencia e principio in dubio pro reo.
LECCIÓN 13ª: MEDIOS DE PROBA: 1.-A declaración do/a acusado/a e do/a coimputado/a. 2.-Proba testifical: a testemuña, a vítima como testemuña, os deberes testificais, a protección de testemuñas, procedemento. 3.-Proba pericial: concepto, deberes do/a perito, recusación, procedemento. 4.-Proba documental.
LECCIÓN 14ª: FASE FINAL DO XUIZO ORAL: 1.-Conclusións definitivas. 2.-Formulación da tese do art. 733 LACrim. 3.-Informes e última palabra. 4.-Suspensión do xuízo oral: concepto e supostos. 5.-Terminación anormal do xuízo oral: supostos.
LECCIÓN 15ª: SENTENZA E COUSA XULGADA: 1.-A sentenza: concepto, xénese lóxica, estrutura externa e forma da sentenza. 2.-A cousa xulgada penal: resolucións que a producen, efectos negativos, límites obxectivos e subxectivos.
LECCIÓN 16ª: RECURSOS NO PROCESO PENAL E PROCESOS DE RESCISIÓN DE SENTENZAS FIRMES.
LECCIÓN 17ª: A EXECUCIÓN PENAL: 1.-Concepto, natureza e contido. 2.-Principios da execución penal. 3.-Órganos e partes. 4.-A suspensión da execución e a substitución da pena. 5.-Conclusión da execución: en especial o indulto. 6.-Execución de penas privativas de liberdade: Xulgados de Vixilancia Penitenciaria. 7.-Execución doutras penas. 8.-Execución da responsabilidade patrimonial.
GRUPOS C . PROFR DR VARELA GOMEZ, TITULAR DE DEREITO PROCESUAL
LECCIÓN 1ª: O PROCESO PENAL: 1.-Concepto e fins. 2.-Eficacia. 3.-Estructura e principios do proceso penal: fases de instrución, intermedia, xuízo oral, impugnación e execución. 4.-A mediación no proceso penal.
LECCIÓN 2ª: COMPETENCIA E PROCESO PENAL: 1.-Os tribunais da orde xurisdicional penal. 2.-Clases de competencia. 3.-Competencia obxectiva: distribución. 4.-Competencia funcional: manifestacións. 5.-Competencia territorial: Foros preferente e subsidiarios. 6.-A conexión: concepto e supostos. 7.-Tratamento procesual da competencia no proceso penal.
LECCIÓN 3ª: PARTES NO PROCESO PENAL: ACTIVAS: 1.-Partes no proceso penal: concepto e clases. 2.-O Ministerio Fiscal: Concepto e lexitimación. Principios de actuación. Intervención do Fiscal no proceso penal. 3.-Os acusadores popular, particular e privado. 4.-O actor civil.
LECCIÓN 4ª: PARTES NO PROCESO PENAL: PASIVAS: 1.-O imputado: concepto e capacidade. A persoa xurídica como imputada. 2.-Exencións xurisdicionais. 3.-A ausencia do imputado. 4.-Xuízo abreviado e por delitos leves en ausencia do imputado. 5.-A defensa do imputado. O dereito de asistencia de avogado: contido, nacemento e finalización, obligatoriedade. 6.-Os responsables civís: concepto e clases.
LECCIÓN 5ª: O OBXECTO DO PROCESO PENAL: 1.-O obxecto do proceso penal: a pretensión punitiva do Estado e das partes acusadoras. 2.-A identificación do obxecto do proceso: o feito a efectos procesais. 3.-Outros elementos configuradores do obxecto do proceso. 4.-Obxecto civil do proceso penal. 5.-As cuestións prexudiciais.
LECCIÓN 6ª: OS PROCEDIMENTOS PENAIS: 1.-O proceso común por delitos graves: fases. 2 .-O proceso penal abreviado: caracteres xerais; ámbito, fases. 3.-O xuízo por delitos leves: caracteres distintivos. 4.-Os xuízos rápidos por delito e por delito leve. 5.-O proceso penal ante el Xurado. 6.-O procedemento por aceptación de decreto. 7.-O proceso penal de menores. 8.-O procedemento de decomiso autónomo.
LECCIÓN 7ª: A FASE DE INSTRUCIÓN: INICIACION: 1.-Iniciación de oficio. 2.-A Denuncia: natureza e requisitos. O atestado policial. 3.-A Querela: concepto, contido e requisitos. 4.-A fase de instrución: función e características. 5.-Órganos encargados. 6.-Instrución xudicial e investigación preliminar de Fiscal e Policía Xudicial. 7.-Procedemento. Especial referencia á duración da instrución.
LECCIÓN 8ª: CONTIDO DA INSTRUCIÓN: 1-Identificación do imputado. 2.-Roda de recoñecemento e outros métodos de identificación. 3.-Declaracións do imputado na instrución: natureza, garantías e práctica. 4.-Dilixencias en relación co corpo do delito. 5.-Autopsia. 6.-Métodos Alcoholimétricos. 7.-Inspeccións e Intervencións corporais. 8.-Testigos na instrución. 9.-Dilixencia de careo. 10.-Peritos na instrución. 11.-Videovixilancia.
LECCIÓN 9ª: ACTOS DE INVESTIGACIÓN RESERVADOS Á INSTRUCIÓN XUDICIAL: 1.-En xeral: a resolución do xuíz de instrución. 2.-Detención e apertura de correspondencia. 3.-Dilixencias de investigación tecnolóxica: disposicións comúns; a intercetación das comunicacións telefónicas e telemáticas; a captación e grabación de comunicacións orais mediante a utilización de dispositivos electrónicos; a utilización de dispositivos técnicos de seguemento, localización e captación da imaxe; o rexistro de dispositivos de almacenamento masivo de información e os rexistros remotos sobre equipos informáticos. 4.-Entrada e rexistro de lugar pechado. 5.-Outras medidas restritivas: axentes encubertos; circulación e entrega vixiada de drogas.
LECCIÓN 10ª: AS MEDIDAS CAUTELARES: 1.-Concepto. 2.-Caracteres e presupostos. 3.-Medidas cautelares personais. Detención: concepto e clases, prazo, dereitos do detido. Orde europea de detención. 4.-Prisión provisional: concepto, presupostos, clases, procedemento, duración e indemnización. 5.-Liberdade provisional: concepto, presupostos, clases e procedemento. 6.-Medidas limitativas doutros dereitos. 7.-Medidas de protección á vítima: Prohibicións de residencia. Orde de protección. 8.-Medidas cautelares reais: fianza, embargo e pensión provisional.
LECCIÓN 11ª: A FASE INTERMEDIA: 1.-Concepto. 2.-O sobreseimento: concepto e clases, motivos, efectos. 3.-O auto de apertura do xuízo oral. 4.-Calificacións provisionais: concepto e contido. 5.-A conformidade do acusado: concepto, ámbito, momento procesal e efectos.
LECCIÓN 12ª: O XUÍZO ORAL: 1.-Funcións. 2.-Celebración e publicidade. 3.-Cuestións previas. 4.-Teoría xeral da proba no proceso penal: concepto; fontes e medios, obxecto e carga, principios esenciais da actividade probatoria; a proba preconstituida. 5.-Procedimento probatorio. 6.-Valoración da proba: proba prohibida e proba ilícita. 7.-Presunción de inocencia e principio in dubio pro reo.
LECCIÓN 13ª: MEDIOS DE PROBA: 1.-A declaración do acusado e do coimputado. 2.-Proba testifical: o testigo, a vítima como testigo, os deberes testificais, a protección de testigos, procedemento. 3.-Proba pericial: concepto, deberes do perito, recusación, procedemento. 4.-Proba documental.
LECCIÓN 14ª: FASE FINAL DO XUIZO ORAL: 1.-Conclusións definitivas. 2.-Planteamento da tese do art. 733 LECrim. 3.-Informes e última palabra. 4.-Suspensión do xuízo oral: concepto e supostos. 5.-Terminación anormal do xuízo oral: supostos.
LECCIÓN 15ª: SENTENZA E COUSA XULGADA: 1.-A sentenza: concepto, xénese lóxica, estructura externa e forma da sentenza. 2.-A cousa xulgada penal: resolucións que a producen, efectos negativos, límites obxectivos e subxectivos.
LECCIÓN 16ª: RECURSOS NO PROCESO PENAL: 1.-O sistema procesual penal de recursos: a garantía do doble grao xurisdicional. 2.-Clases de recursos. 3.-Efectos devolutivo, suspensivo e extensivo. 4.-Recursos interlocutorios: reforma e súplica, queixa, apelación interlocutoria.
LECCIÓN 17ª: RECURSOS CONTRA RESOLUCIÓNS DEFINITIVAS: 1.-Apelación contra sentenzas ditadas polo xuíz do Penal e contra as sentenzas ditadas nos xuízos de delitos leves. 2.-Apelación contra sentenzas ditadas en primeira instancia polas Audiencias Provinciais e a Sala do Penal da Audiencia Nacional. 3.-Apelación contra os autos de sobreseimento libre. 4.-Casación: concepto e natureza, resolucións, motivos, tramitación.
LECCIÓN 18ª: PROCESOS DE RESCISIÓN DE SENTENZAS FIRMES: 1.-O proceso de revisión: concepto e fundamento, motivos de revisión. 2.-O proceso de anulación: natureza, tramitación.
LECCIÓN 19ª: A EXECUCIÓN PENAL: 1.-Concepto, natureza e contido. 2.-Principios da execución penal. 3.-Órganos e partes. 4.-A suspensión da execución e a sustitución da pena. 5.-Conclusión da execución: en especial o indulto. 6.-Execución de penas privativas de liberdade: Xulgados de Vixiancia Penitenciaria. 7.-Execución doutras penas. 8.-Execución da responsabilidade patrimonial.
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
Bibliografía básica
A bibliografía está comprendida por un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei Orgánica do Poder Xudicial e da Lei de Axuizamento Criminal, coas súas normas complementarias. Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
Para acceder aos textos legais máis relevantes, debidamente actualizados, pode empregar: https://www.boe.es/buscar/ayudas/legislacion_actualizada.php.
Entra dentro do ámbito de responsabilidade do alumnado proveerse dende o comezo do curso de, alomenos, un dos manuais da materia. Nótese que todos os recomendados, están dispoñibles na biblioteca da Universidade.
Entre os manuais que se recomendan, saliéntanse:
*MORENO CATENA e CORTÉS DOMÍNGUEZ, “Derecho Procesal Penal”, Tirant lo Blanch”, Valencia (última edición). Manual preferente.
*GÓMEZ COLOMER e BARONA VILAR (Dirs.), “Proceso Penal Derecho Procesal III”, “Tirant lo Blanch”, Valencia (última edición).
*GIMENO SENDRA, “Manual de Derecho Procesal Penal”, “Ediciones jurídicas Castillo de Luna” (última edición).
Bibliografía complementaria
Ademais da bibliografía que se vaia salientando a medida que agromen os debates na clase:
* ALONSO SALGADO, Cristina, "Dereito procesual penal: o Ministerio Fiscal", Esenciais, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2023, https://www.usc.gal/omp/index.php/spic/catalog/book/1661.
* ALONSO SALGADO, Cristina, "Proceso por aceptación de decreto", Unidades Didácticas, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2023, https://www.usc.gal/libros/es/categorias/1165-proceso-por-aceptacion-de….
* Anteproxecto de Lei de Axuizamento Criminal, dispoñible en aberto no seguinte enlace:
https://www.mjusticia.gob.es/es/AreaTematica/ActividadLegislativa/Docum…
GRUPO C, PROFR DR VARELA GOMEZ, TITULAR DE DEREITO PROCESUAL
Comprenden un manual actualizado da materia, un exemplar igualmente actualizado da Constitución española de 1978, da Lei Orgánica do Poder Xudicial e da Lei de Axuizamento Criminal, coas súas normas complementarias. Para todos os textos legais de necesario manexo, recoméndase a adquisición daquelas edicións máis recentes que veñan acompañadas dun amplo catálogo de disposicións complementarias.
Entre os manuais que se recomendan, atópanse:
* MORENO CATENA, CORTÉS DOMÍNGUEZ, Derecho Procesal Penal, Tirant lo Blanch, Valencia (última edición).
* MONTERO AROCA, GÓMEZ COLOMER, e outros, Derecho Jurisdiccional III, Proceso Penal, Tirant lo Blanch, Valencia (última edición).
* GIMENO SENDRA, Derecho Procesal Penal, ediciones jurídicas Castillo de Luna (última edición).
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
Ao longo do curso académico tratarase de abarcar o método do que se vale o Estado para solucionar os conflitos entre individuo e sociedade: o proceso penal. Este é o instrumento único da xurisdición para a resolución dos conflitos, por isto se atopa indisolublemente unido á existencia do Estado. Sen unha mínima organización estatal non pode existir nin a xurisdición nin o proceso penal, rexurdindo entón, solucións xa periclitadas.
Preténdese que o alumno ou a alumna relacione distintos contidos da materia, o que con toda seguridade lle facilitará a súa actividade perante os tribunais de Xustiza. Ademais, co manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina, preténdese que sexan quen de se facer coa terminoloxía procesual, o que contribuirá a unha mellor claridade expositiva e a unha tamén mellor corrección lingüística. Coa súa participación nas clases interactivas, obterán unha visión global do proceso penal, dos problemas forenses e das institucións estudadas, comprobando a súa aplicación en situacións reais e as distintas formas de interpretación das normas xurídicas.
GRUPOS C, PROFR DR VARELA GOMEZ, TITULAR DE DEREITO PROCESUAL
Preténdese que o alumno ou a alumna relacione distintos contidos da materia, o que con toda seguridade lle facilitará a súa actividade perante os tribunais de Xustiza. Ademais, co manexo dos textos legais, da xurisprudencia e da doutrina, faranse coa terminoloxía procesual, o que sen dúbida contribuirá a unha mellor claridade expositiva e lingüisticamente correcta. Coa súa participación nas clases interactivas, obterá unha visión global do proceso penal e dos problemas forenses, das institucións estudadas, comprobando a súa aplicación en situacións reais e as distintas formas de interpretación das normas xurídicas.
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
A planificación docente da materia persegue un axeitado equilibrio entre o coñecemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumno ou a alumna poida adquirir unha perspectiva completa da materia.
Clases EXPOSITIVAS: o seu obxecto non é o de referir integramente o contido do programa, o que soamente sería posible de forma moi esquemática e, conseguintemente de utilidade dubidosa. Por iso, con independencia de que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a materia. Porén, nelas procurarase salientar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma, ou de actualidade e/ou polémica, que son precisamente aqueles que máis frecuentemente se preguntan nos exames. A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual, e para a axeitada comprensión da materia.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade formular os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases expositivas, ademais de contribuír a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global de todo o proceso penal.
TITORÍAS: as consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da materia e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderanse por parte da/o docente encargado da materia no horario que se indique.
GRUPO C PROFR DR VARELA GOMEZ, TITULAR DE DEREITO PROCESUAL
A planificación docente da asignatura persegue un adecuado equilibrio entre o coñemento dos seus fundamentos teóricos e a iniciación na súa aplicación práctica, de modo que o alumno ou a alumna poida adquirir unha perspectiva completa da materia.
Clases EXPOSITIVAS: O seu obxecto non é o de referir íntegramente o contido do programa, o que soamente sería posible de forma moi esquemática e, conseguintemente de utilidade dubidosa. Por iso, con independencia do que se expliquen ou non todos os seus epígrafes, esíxese o coñecemento de todas as leccións para aprobar a asignatura. Porén, nelas procurarase destacar os temas ou cuestións máis relevantes, obxecto de reforma, ou de actualidade polémica, que son precisamente aquelas que máis frecuentemente se preguntan nos exames. A adecuada preparación da asignatura aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do profesor poidan servir de guía para o estudo do programa por un manual, e para a comprensión adecuada da materia. A asistencia con regularidade ás actividades lectivas programadas, salvo casos excepcionais debidamente autorizados, é un dereito, pero tamén un deber do alumnado (art. 33 dos Estatutos de USC). Teráse en conta a asistencia a clase e a activa participación á hora da calificación final.
Clases INTERACTIVAS: teñen como finalidade plantexar os problemas forenses que suscitan as institucións estudiadas nas clases expositivas, ademáis de contribuir a completar o programa, para que o alumnado obteña unha visión global de todo o proceso penal. Conseguintemente o réxime das prácticas basarase na realización de exercicios de aplicación do Dereito positivo a supostos de feito e outros traballos de contido práctico. Serán propostas polo profesor con antelación suficiente, e deberán ser realizadas polo alumnado, no seu caso, fora do horario lectivo. Serán resoltas na clase e entregadas polos asistentes a cada sesión. Igualmente, a realización das practicas terá relevancia á hora da calificación final.
TITORÍAS: As consultas ou titorías teñen como finalidade orientar ao alumnado na aprendizaxe da asignatura e resolver as dúbidas que se lles susciten en relación co seu estudo. Atenderánse por parte do profesor encargado da asignatura no horario que se indique.
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
A proba final de avaliación consistirá nun exame escrito. Para superar o exame e ter a condición de aprobado/a, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes. O exame consistirá en dar resposta a unha serie de preguntas de extensión variable.
En canto á valoración das diversas actividades docentes:
-Exame final: 7 puntos.
-Realización das actividades prácticas: 3 puntos (a sumar tan só no caso de ter superado o exame final).
O/A docente encargado/a da materia publicará as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias.
A concesión á alumna ou ao alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no decurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que a/o docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doutrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, estabelecerase polas canles telemáticas que a/o docente e a/o alumna/o estabelezan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obrigatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas outorgaráselles unha cualificación máxima de tres puntos, sendo o valor do exame (ao igual que acontece co alumnado non exento) de sete puntos.
A efectos da normativa de permanencia, só se considera actividade avaliable o exame final.
GRUPO+C, PROFR DR VARELA GOMEZ, TITULAR DE DEREITO PROCESUAL
EXAMEN FINAL ESCRITO: Para superar o exame e ter a condición de aprobado, esíxese un coñecemento xeral de todo o contido do programa, que abarque cada unha das súas partes. O exame escrito consistirá en dar resposta a unha serie de preguntas de extensión variable.
VALORACION DAS DIVERSAS ACTIVIDADES DOCENTES
Examen final escrito: 8 puntos.
Asistencia clases e actividades prácticas: 2 puntos (a sumar tan só no caso de ter superado o exame final).
A efectos da normativa de permanencia, so se considera actividade avaliable o examen final.
REVISIÓN DE EXAME
O profesor encargado da materia publicará, no taboleiro de anuncios da Área de Dereito Procesual, as listas coas cualificacións, con indicación da data e horario na que o alumnado poderá exercitar o seu dereito de revisión, para percibir o seu nivel de coñecementos e de carencias. Fóra de estes prazos regramentarios é tamén posible, previa petición, revisar o exame de cara a una futura convocatoria.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
A concesión á alumna ou alumno da exención de docencia suporá a substitución das actividades académicas que esixen a presenza física na aula (particularmente, as desenvoltas no transcurso das sesións interactivas) por outras tarefas análogas que O docente estime oportunas (comentario de sentenzas, resolución de casos prácticos, lectura de traballos doutrinais, etc.).
A información sobre tales actividades, así como a súa entrega, establecerase polos cauces telemáticos que o docente e o alumno exento establezcan previamente, de maneira que en ningún caso sexa obligatoria a súa entrega presencial.
A estas tarefas otorgaráselles unha calificación máxima de dous puntos, sendo o valor do examen escrito (ao igual que acontece co alumnado non exento) de oito puntos.
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
Considérase que o tempo de estudo que debe dedicar a/o estudante para superala, como mínimo esixible, é de dúas horas por cada unha de docencia, polo que, tendo en conta que se trata dunha materia de 6 créditos, estímase nunhas 120 horas de estudo.
GRUPO C PROFR DR VARELA GOMEPROFR DR VARELA GOMEZ, TITULAR DE DEREITO PROCESUAL
Estímase que o tempo de estudo que debe adicar o estudante para superala, como mínimo esixible, é de dúas horas por cada unha de docencia, polo que, tendo en conta que se trata dunha materia de 6 créditos, estímase nunhas 120 horas de estudo.
GRUPOS A e B (Profa. Alonso Salgado)
Presupóñense e enténdense imprescindibles para a axeitada comprensión dos contidos da materia, os coñecementos básicos de ORGANIZACIÓN XUDICIAL E PROCESO. Igualmente, considéranse convenientes os coñecementos das materias DEREITO CONSTITUCIONAL e DEREITO PENAL.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia ás clases, de modo que as explicacións do/a docente poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión axeitada da materia. Así mesmo, é recomendable para o estudo da materia, cumprir debidamente coas encomendas formuladas, xa que teñen como finalidade, entre outras, a de contribuír a completar o programa para que o alumnado obteña unha visión global de toda a materia.
Por último a este mesmo respecto, o alumnado debe seguir as indicacións docentes salientadas a través do Campus virtual e do Correo electrónico, de conformidade cos tempos marcados polo profesorado. Máis en concreto: forma parte do ámbito de responsabilidade do alumnado facer un seguimento das diversas comunicacións que a docente poida efectuar polas diversas vías que ofrece a institución (campus virtual, correo electrónico, etc.).
GRUPO C:
Presupóñense e enténdense imprescindibles para a adecuada comprensión dos contidos da materia, os coñecementos básicos de ORGANIZACIÓN XUDICIAL E PROCESO. Igualmente, considéranse convintes os coñecementos das materias DEREITO CONSTITUCIONAL e DEREITO PENAL.
A adecuada preparación da materia aconsella a asistencia de alumnos ás clases, de modo que as explicacións do profesor poidan servir de guía para o estudo do programa e comprensión adecuada da materia. Así pois, o alumnado debe prestar atención ás explicacións do profesor nas aulas, xa que é unha actividade que facilita o estudo do manual e da lexislación ao uso.
É recomendable para o estudo da materia, a asistencia ás clases interactivas, en canto teñen como finalidade primordial enunciar os problemas forenses que suscitan as institucións estudadas nas clases teóricas, ademais de contribuír a completar o programa da materia para que os alumnos obteñan unha visión global do que o proceso significa.
Bernardino Varela Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Teléfono
- 881814641
- Correo electrónico
- bernardino.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Alonso Salgado
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- cristina.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria De Los Angeles Catalina Benavente
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Procesual
- Correo electrónico
- angeles.catalina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
17:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
17:00-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 3 |
30.05.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
30.05.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
30.06.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |